INICIATIVAS PRESENTAS AO PLENO E COMISIÓNS CELEBRADO O DIA 6 DE SETEMBRO (CORRESPONDENTE AS SESIÓNS ORDINARIAS DO MES DE AGOSTO)
MOCIÓN SOBRE AS DEFICIENCIAS NO FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE ALUMEADO PÚBLICO DO CONCELLO.
Xustificación:
O grado de crecemento urbán acadado no municipio nos últimos anos, non se corresponde coas dotacións de uns servizos públicos necesarios que o Concello ten a obriga de ofrecer aos seus veciños. A actuación do actual Goberno municipal nesta cuestión non pode calificarse mais que de improvisada, ó ir en moitas ocasións por detrás dos problemas.
Este é o caso dunha necesidade fondamente reclamada e sentida en varios lugares do noso termo municipal, onde están padecendo a falta de alumeado público e o deficiente funcionamento das súas instalacións. Estas carencias traducense en dificultades para transitar por rúas e estradas coa conseguinte inseguridade o circular por vías urbanas en completo estado de oscuridade polas noites.
Este problema está causando un malestar xenereralizado entre os habitantes do noso Concello, que a pesar de canalizar as súas protestas e o seu descontento, os responsables municipais siguen sin dar unha resposta satisfactoria o problema. EU comparte a preocupación da cidadanía, e así o ten manifestado ante os distintos órganos do Concello mediante a presentación de iniciativas e escritos; sirva como exemplo a solicitude de información sobre os diversos problemas xurdidos no suministro de enerxía eléctrica no Concello presentado o pasado 12 de xuño,
En este tema, existen a xuizo do noso Grupo, dous problemas ben diferenciados:
1) O deficiente funcionamento e as carencias do Goberno na xestión do servizo
2) E o roubo de cable das acometidas eléctricas
O primeiro é exclusivamente unha responsabilidade ineludible do Goberno, no cumplimento das súas funcións; e o segundo, un problema que debe ser afrontado con medidas de vixilancia e control, correspondendo o Concello definir a súa propia política de seguridade, sen perxuizo da imprescindible coordinación, que a normativa legal establece entre cada corpo de policía local e as restantes forzas de seguridade públicas. Tamén dende a participación colaboración e denuncias da cidadadanía.
Non pretende o noso Grupo Municipal aproveitar o rio revolto ocasionado pola forte contestación social que está producindo o problema, pero sí facer unha defensa no cumplimento e na obriga que teñen os representantes públicos na defensa dos intereses dos veciñ@s, que a dia de hoxe siguen sin ter unha resposta.
Esquerda Unida, comparte a necesidade das medidas de aforro en materia enerxética, pero non comprende que non se garanta minimamente as condicións de seguridade para viandantes e vehiculos.
O Grupo de EU, aposta por unha política integral de aforro enerxético que permita reducir o gasto, pero o mesmo tempo que se aborde o mal servizo e gasto intolerable do consumo da enerxía, do que non é alleo unha boa parte das instalacións municipais.
POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA, PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
PRIMEIRO: O Pleno do Concello de Cambre acorda repoñer, a maior brevedade posible, o alumeado público nos lugares do Concello onde existan deficiencias, motivadas polo roubo de cable ou por cuestións de tipo técnico-administrativo coa empresa suministradora de enerxía.
SEGUNDO: Que o Goberno municipal aplique un Plan que determine as actuacións a realizar, debido os roubos de cable eléctrico das instalacións públicas, desenrolando accións coordinadas coa Policia local e Garda civil.
TERCEIRO: Solicitar dos técnicos municipais do Concello un informe sobre a viabilidade e conveniencia da realización dunha Auditoría sobre a Eficiencia Enexética, nos edificios municipais e nas instalacións de alumeado público de titularidade municipal, e as recepcionadas de promocións privadas.
ROGOS:
1.- O singular embarcadeiro situado nas inmediacións da Ponte vella da ría do Burgo e o seu entorno pertenecente a parroquia do Temple, é un dos lugares mais singulares e emblemáticos do noso concello, pero desgraciadamente encontrase con frecuencia nunha situación de abandono, acumulando abundantes residuos, maleza e outros obxectos nas súas beiras, dando unha imaxen deplorable do entorno.
Este feito desmerece o propio lugar e o seu conxunto como zona de espallamento e recreo público. Considerando o noso Grupo que é necesario poñer en valor a nosa riqueza natural e paisaxística, para o uso e disfrute dos cidadáns.
-PREGAMOS que por parte do Concello, se proceda a tomar as medidas oportunas para levar a cabo a limpieza e acondicionamento de dita zona, co fin de sanear e manter nas mellores condicións o emblemático lugar.
2.- O noso Grupo Municipal xa ten amosado a súa preocupación en relación a Seguridade Viaria no concello, o longo do tempo seguimos observando, como se veñen producindose distintos accidentes, tanto nas estradas de titularidade municipal coma nas de propiedade doutras administracións.
-Por esto PREGAMOS o Goberno municipal, realice un estudio e revisión en todo o territorio municipal da sinalización horizontal e vertical relacionada coa Seguridade Vial, e se proceda a reposición dos elementos mal ubicados, deteriorados, así como onde a necesidade da súa colocación se considere necesaria para o incremento da seguridade das persoas e vehiculos. Do mesmo xeito se poña en coñecemento das Administracións con competencias no sistema viario que transcurre polo concello, das anomalías detectadas, para que sexan correxidas no menor prazo de tempo posible.
3.- A rede de camiños públicos do concello, constituie un elemento indispensable para a comunicación entre distintos lugares, existindo no Concello algúns viales que polas súas características e falta de atención provocan situacións que os fan difíciles de transitar, motivado en gran medida a abundante maleza que impiden a circulación das persoas.
Considera o noso Grupo que os responsables do Goberno deben actuar dun xeito decidido, para manter nas mellores condicións de uso estas infraestructuras viarias de competencia municipal.
O Grupo Municipal de EU PREGA o Goberno Local, proceda a tomar as medidas oportunas para a limpeza e acondicionamento do camiño que trancurre entre a rúa Púmar Méndez e Freande, co fin de garantir o seu mantemento nas mellores condicións para o uso público.
PREGUNTAS:
1.- Non é a primeira vez que o noso Grupo Municipal se interesa pola situación da débeda que o Concello da Coruña ten contraída co Concello de Cambre, como resultado das liquidacións de IBI da Presa de Cecebre.
Segundo o informe elaborado pola Técnico de Xestión Económico-financieira a solicitude da Interventora, dita débeda correspondente ós exercicios de 2002 a 2009, non foi abonada polo Concello da Coruña senón recurrida ante a Deputación en diferentes recursos, todos eles ou inadmitidos ou desestimados, incluso algún dos exercicios nin abonado nin recurrido. Nesta situación a débeda contraída incorpora intereses de demora e recargos de apremio, tampouco abonados estes nin o principal das liquidacións polo Concello da Coruña. No informe da Técnico se contempla como unha das posibilidades de liquidación a “compensación” con débedas recoñecidas das que o acreedor fose o Concello da Coruña, algo que habería que averiguar si existe. A outra posibilidade que se prantexa, para o caso de que a compensación non sexa factible, sería o procedemento de “embargo” . Por último o informe sinala a conveniencia de recabar o expediente para concluir as actuacións conducentes ó cobro da débeda.
En base ó anteriormente exposto, o Grupo Municipal de Esquerda Unida
PREGUNTA:
¿Pódennos informar sobre as actuacións que está levando a cabo o Goberno Municipal, visto o informe técnico, así como a parte do proceso no que nos atopamos cara o requerimento ó Concello da Coruña do pagamento da débeda contraída co Concello de Cambre pola liquidación do IBI da Presa de Cecebre?
2 .- O pleno da corporación é o órgano máis representativo do concello e por iso o de maior lexitimidade á hora de aprobar iniciativas, en consecuencia os seus acordos non poden reducirse a aparecer nas actas plenarias; é necesario e esixible que o goberno municipal asuma o compromiso de respectalos mediante o cumprimento do aprobado.
Neste caso estamos a referirnos a sinalización das instalacións deportivas do Concello:
-¿Para cando pensan proceder a sinalización das mencionadas infraestructuras?
3.- Mediante unha iniciativa presentada polo noso Grupo Municipal, no cimeterio municipal de Cambre instalaronse servizos hixienicos. Na actualidade son varias as persoas que nos manifestan a falta de limpeza e atención dos mesmos.
Por esto facemos a seguinte PREGUNTA:
¿Poden informarnos da periocidade da limpeza, atención e mantemento, e a quen corresponde velar polo seu estado nas mellores condicións de uso
COMISIÓN INFORMATIVA DE DE OBRAS, SERVIZOS E URBANÍSMO.
ROGOS:
1.- Co obxectivo de eliminar ou disminuir na medida do posible os accidentes nas vias de circulación en determinados lugares do concello, onde se deben adoptar as debidas precaucións o aparcar os vehiculos para evitar danos a propiedade e lesións as persoas, existen o noso xuizo posibles medidas preventivas que podemos aplicar, mediante estudios técnicos que aseguren a seguridade nos aparcamentos que sexan susceptibles de posibles peligros.
-Por isto PREGAMOS se realice un estudio-informe, por parte dos técnicos e policia local do Concello sobre a sinalización orizontal e organización do aparcamento o remate da rúa González Garcés na confluencia coa rúa Sixto.
2.- Veciños que viven na rúa Samosteiro, manifestaron o noso Grupo o seu malestar pola cantidade de lixo que se acumula nas súas propiedades, que según comprobamos procede das instalacións onde se celebrou o festival Brincadeira-Rock in Cambre.
-PREGAMOS que por parte do responsable se den as ordenes oportunas para proceder a súa limpeza.
3.- As escaleiras que comunican a praza da Ría co paseo Maritimo do Temple, amosan un deterioro que supón un perigro para as persoas que diariamente utilizan este acceso, onde se observa elementos metálicos (cabillas de ferro) e baldosas levantadas.
-PREGAMOS que con urxencia se proceda a súa reparación, e se tomen as medidas preventivas para evitar accidentes.
COMISIÓN INFORMATIVA DE DE OBRAS, SERVIZOS E URBANÍSMO.
PREGUNTAS:
1.- ¿Pode informar o Goberno en que situación se encontra a elaboración do proxecto de Seguridade viaria na estrada AC-214?
No hay comentarios:
Publicar un comentario