INICIATIVAS PLENO ORDINARIO E COMISIÓNS DO MS MES DE SETEMBRO
ROGOS:
1.- Sendo o paro paro un dos principais problemas da sociedade, é unha das consecuencias máis negativas para os cidadáns, resultando que en Cambre existen 2.131 persoas en situación de desemprego, según a última enquisa de poboación activa, onde existen fogares con todos os seus membros en paro.
Tendo en conta a situación de desamparo e dos dramas sociais existentes dos que non está exenta unha boa parte dos veciñ@s de Cambre; e co obxetivo de paliar na medida do posible o problema do paro, plantexamos o seguinte ROGO:
-Que o Sr. Alcalde ou responsable da área correspondente, SOLICITE da Secretaría Xeral do concello ou do servizo administrativo competente, un informe sobre a legalidade de incluir no proceso de adxudicación das obras financiadas con recursos públicos, unha condicción (como mellora) que favorezca a contratación dos desempregad@s empadronados na nosa localidade, co propósito de favorecer, na medida do posible, a contratación establecendo nos Pregos de Prescripcións Técnicas dita condición, ben como requisito ou como mérito avaliable preferentemente.
2.- Según as declaracións da Concelleira delegada da área de Igualdade, Benestar Social, Sanidade e Educación, Dña. María Jesús Gonzalez Roel, na Xunta de Goberno do pasado día 3 de Setembro, e con relación a actuación na área de prevención e violencia de xénero, observouse que entre a mocidade dase a idea de que a muller debe ser débil para ser atractiva. Seguidamente informa a Concelleira que a este tema se lle vai a dar un enfoque positivo a través das mulleres que participaron nas olimpiadas 2012 como Sofia Toro.
O noso grupo Municipal coida que nun tema tan delicado como o que estamos a tratar debe de terse a sensibilidade necesaria para poder transmitir ás mulleres e homes novos determinados valores necesarios para o correcto desenrrolo das relacións sociais, personais e laborais entre xéneros.
Coidamos dende o Grupo Municipal de EU que no momento que se detecta un problema tan grave como pode ser a falta de autoestima en rapazas novas, dentro dos nosos centros educativos, non é suficiente con poñer exemplos de mulleres con grandes carreiras deportistas ou laborales, senòn que hai que poñer en marcha un programa que estea a altura da gravidade da situación.
En base ó anteriormente exposto o noso Grupo Municipal PREGA:
Que cumplindo coas suas obrigas, o Concello de Cambre, a través da Concellería de Igualdade teña en consideración poñer en marcha un programa de Igualdade de Oportunidades e Violencia de Xénero que se leve a todos os CEIP e IES do Concello baseado nos conceptos de eliminación de linguaxe sexista, fomento da autoestima das mulleres, eliminación de roles e estereotipos dañinos, a loita polos dereitos das mulleres, a identificación das actitudes violentas, e todas aquelas cuestións que fomenten e potencien a igualdade de xéneros.
3.- Despois de se producir un cuarto incendio nas casas de Bailly recentemente, e despois de declarar ós medios de comunicación o Goberno Municipal que tomará medidas urxentes, tales como tapiar o edificio, e valar o perímetro,
-PREGAMOS Se nos informe das medidas que se van adoptar e cales das recomendacións da Arquitecta Municipal do mes de Agosto de 2011, foron levadas a cabo durante o transcurso deste ano.
PREGUNTAS:
1.- Non é a primeira vez que o noso Grupo Municipal se interesa pola situación da débeda que o Concello da Coruña ten contraída co Concello de Cambre, como resultado das liquidacións de IBI da Presa de Cecebre. Segundo o informe elaborado pola Secretaria de esta Corporación a solicitude da Interventora, dita débeda correspondente ós exercicios de 2002 a 2009, non foi abonada polo Concello da Coruña senón recurrida ante a Deputación, en diferentes recursos, todos eles ou inadmitidos ou desestimados, incluso algún dos exercicios nin abonado nin recurrido. Nesta situación a débeda contraída incorpora intereses de demora e recargos de apremio, tampouco abonados estes, nin o principal das liquidacións polo Concello da Coruña. No informe de Secretaría se contempla como unha das posibilidades de liquidación a “compensación” con débedas recoñecidas das que o acreedor fose o Concello da Coruña, algo que habería que averiguar si existe. A outra posibilidade que se prantexa, para o caso de que a compensación non sexa factible, sería o procedemento de “embargo” . Por último o informe sinala a conveniencia de recabar o expediente para concluir as actuacións conducentes ó cobro da débeda.
En base ó anteriormente exposto, o Grupo Municipal de Esquerda Unida PREGUNTA:
¿Pódennos informar sobre as actuacións que está levando a cabo o Goberno Municipal, visto o informe técnico, así como a parte do proceso no que nos atopamos cara o requerimento ó Concello da Coruña do pagamento da débeda contraída co Concello de Cambre pola liquidación do IBI da Presa de Cecebre?
2.- Xa ten plantexado o noso Grupo unha iniciativa sobre a escasa visibilidade e o conseguinte perigro no cruce da estrada entre Frais e Espiritu Santo, como primeira medida preventiva, solicitamos a instalación dun espello de seguridade.
-¿Pensa o Goberno instalar dito espello, ou non considera urxente a petición plantexada?
3.- ¿Pode informarnos o concelleiro responsable en que consiste a actuación prevista na praza Doctor Enrique Piñeiro, e do orzamento destinado a tal fin?
COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO
PREGUNTAS:
1.- O noso Concello conta cunha importante rede de camiños que precisan un mantemento preventivo para a súa conservación . Por esto PREGUNTAMOS si o marxen do POS da Deputación do ano 2011, está previsto algún Plan de arreglo e mantemento de camiños para o presente ano 2012.
2.- ¿Ten previsto o Goberno algunha medida para a limpeza e desbroce da senda peonil entre Fabas e a Castellana?
3.- ¿Pode informarnos o Goberno si existe algún protocolo de actuación en caso de emerxencia, que regule a utilización do espacio público da Rocha para o servizo do helicóptero contraincendios?
4.-¿Ten o Goberno realizado algún estudo para dotar de alumeado público a unha boa parte da rúa Freixo, demandada polos veciños mediante escritos, e solicitado polo noso grupo municipal?
COMISIÓN INFORMATIVA DE SEGURIDADE CIDADÁ, MOBILIDADE E TURISMO
PREGUNTAS:
1.- O Consorcio das Mariñas ben a difundir polos concellos da Comarca, exposicións culturais consistentes en mostras de fotografias nos balcóns e rúas de varios municipios, denominado “Berros no roncar das ondas”.
-Según informacións das que dispón o noso Grupo, Cambre non está previsto neste roteiro cultural.
-¿Pode informarnos O Sr. Alcalde do motivo de quedar exentos deste programa?
CAMBRE, a 21 de setembro de 2012
Asdo: Grupo Municipal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario