ESQUERDA UNIDA
APOIA AS MOBILIZACIÓNS QUE OS PROFESIONAIS DA XUSTIZA DESENVOLVEN ESTE VENRES
CONTRA A LEI DE TAXAS
YOLANDA DÍAZ
DENUNCIA A VULNERACIÓN DOS PRINCIPIOS CONSTITUCIONAIS QUE PROCLAMAN O ESTADO DE
DEREITO E A TUTELA XUDICIAL EFECTIVA
QUEREN UNHA
XUSTIZA PARA OS RICOS E OUTRO PARA OS DEMÁIS, SUBLIÑA A ÁREA DE XUSTIZA DE EU
Esquerda Unida quere manifestar públicamente o seu pleno
apoio ás medidas de protesta e mobilización que o conxunto de profesionais e
traballadores e traballadoras da xustiza van desenvolver este venres en protesta pola pretensión do Goberno de
aprobar unha lei de taxas, que vai supor un golpe de Estado en materia
xudicial.
Yolanda Díaz, deputada de
Alternativa Galega de Esquerda ( AGE ), Voceira na Comisión de Xustiza do
Parlamento Galego, denuncia a vulneración dos principios constitucionais que
proclaman ao Estado como Social e de Dereito, no artigo1.1 do texto constitucional,
asemade de conculcar a previsión recollida no artigo 24 sobre o dereito á
tutela xudicial efectiva. Circunstancias que os gravames que o PP vén de
impoñer comprometen de xeito insuperable para unha boa parte da nosa cidadanía,
que vive rabuñando o mileurismo ou directamente no desemprego.
As taxas previstas
imposibilitan de facto que a meirande parte da nosa cidadanía poida recorrer
aos tribunais de xustiza, xa non para difíciles recursos incluso para exercer
os dereitos de defensa dos dereitos na orde civil, nos xuízos ordinarios cos
máis abundantes delses, os procedementos monitorios, os procedementos
abreviados e ordinarios así como as apelacións.
Esquerda Unida ten que chamar á cidadanía a rexeitar esta
iniciativa do goberno Rajoy, iniciativa cun marcado carácter clasista, por
canto produce unha xustiza para os ricos, que si van poder manter a súa
presenza nos procedementos xudiciais e outra in-xustiza para o maioría social
traballadora deste país, que non o vai poder facer. Cómpre lembrar o actualísimo
informe de GESTHA sobre a fin das clases medias, que sinala que o 47,7% dos
fogares galegos atópanse nunha situación de precariedade, que os fai moi
dependentes destes gastos sobrevidos que marca o proxecto de lei de taxas do
PP.
Se a este proxecto sumámoslle a
pretensión de Gallardón de non contratar maís xuíces e que sexan os titulares
os que fagan peonadas, cando xa están saturados podemos coñecer que quere o PP:
bloquear o funcionamento da administración da xustiza, reservada agora xa para
os ricos e denegala de facto pola vía do
seu encarecemento ao resto da cidadanía.
Os golpes ao poder adquisitivo
dos traballadores e traballadoras de xustiza, a perda de dereitos e condicións
de traballo, a non renovación das plantillas atenazadas pola non reposición de
vacantes... son elementos que amosan o desinterese por contar cunha
administración de xustiza prestixiada e eficaz, e expresan a determinación do
PP de maniatar un poder do Estado chamado a fiscalizar e depurar as
sistemáticas corrupción dun réxime político agonizante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario