COMUNICADO DE PRENSA
O 14N
IMOS PARALO TODO, ESQUERDA UNIDA FAI UN CHAMAMENTO Á PARTICIPACIÓN ACTIVA NA
FOLGA
A CRISE MATA E NÓS SOMOS AS VÍTIMAS DESTE SISTEMA
QUE SÓ VELA POLOS INTERESES DUNS POUCOS, XA SE FALA DE 3 SUICIDIOS DIARIOS
CONSECUENCIA DIRECTA DUN SISTEMA CAPITALISTA QUE PRIMA O BENEFICIO POR RIBA DAS
PERSOAS
YOLANDA
DÍAZ AFIRMA QUE “ESTA FOLGA É CONTRA A MISERIA QUE ESTÁ A PROVOCAR ESTE GOBERNO
ILEXÍTIMO QUE DETERIORA A VIDA DA XENTE E QUE ESTÁ SUSTENTADO NAS MENTIRAS DOS
SEUS DIRIXENTES”
Esquerda
Unida fai un chamamento á participación activa na folga. O 14N imos paralo
todo. É tempo de mudar este xeito
inhumano de facer política, dende a rúa podemos forzar o cambio, a folla de
ruta da dereita nos conduce a que xa máis de 3.000 familias foron desafiuzadas
en Galicia no primeiro semestre do ano, consecuencia dunha especulación
consentida tanto polo PSOE coma polo PP, e xa son máis de 400.000 familias
desafiuzadas en todo o estado. Resulta hipócrita que agora o PP e o PSOE
decidan consideralas vítimas e non antes, cando o drama xa existía e
organizacións como Stop desafiuzamentos, e a Esquerda Plural no Congreso dos
Deputados, presentaron medidas concretas para impedir o que hoxe acontece.
A aplicación do Real Decreto 16/2012 que non é
maís que un deterioro continuo da sanidade, o desmantelamento de hospitais a
través do peche de quirófanos, da redución de persoal que nos leva xa a máis de
40.000 pacientes en lista de espera “oficial”, do repago dos medicamentos, do
servizo de ambulancia, das próteses, cadeiras de rodas, que responden a unha
estratexia privatizadora da dereita.
Na educación, o despido de docentes, a redución
de programas educativos, o encarecemento das taxas universitarias que
condicionan o acceso en función do económico, o constante aumento dos concertos
con diñeiro público coa patronal privada, e a perspectiva dunha nova lei
educativa que se converte en escusa para retrotraernos a unha nova e longa
noite de pedra en materia educativa.
A xustiza co pago de taxas desproporcionadas que
supón un recorte insconstitucional do dereito de igualdade ante a lei. Nos
atopamos ante un panorama cada vez máis excluínte, deprimente e inxusto para os
mesmos de sempre.
A crise mata
e nós somos as vítimas deste sistema que só vela polos intereses duns poucos.
Estase a falar de tres suicidios diarios consecuencia directa
dun sistema capitalista que prima o beneficio por riba das persoas. Máis de
300.000 familias viven dunha pensión de xubilación, o 7,8% dos fogares teñen
todos os membros sen emprego, a situación de excepción leva a unha resposta de
excepción. É necesario saír á rúa e demostrar que outra maneira de gobernar é
posible. O 14N a folga social, na que todas e todos temos que defender os
dereitos arrebatados ten que ser un ataque aos poderosos, unha demostración da
forza do pobo, de que a política se muda dende as institucións e dende a rúa.
Yolanda Díaz
afirma que “esta folga é contra a miseria que está a provocar este goberno
ilexítimo que deteriora a vida da xente e que está sustentado nas mentiras dos
seus dirixentes”. É
inadmisible que se estea a aplicar unha política en contra da cidadanía, dos
dereitos e da dignidade. Cada vez son máis as persoas que están a padecer as
políticas dos poderosos onde os enganos se converteron en débedas, esas mesmas
políticas insensibles que se materializan en suicidios silenciados, mentras se
rescatan entidades bancarias que reciben cartos públicos para seguir enganando
e condicionando o futuro da sociedade.
Por todo isto Esquerda Unida, como integrante de
Alternativa Galega de Esquerda, fai un chamamento urxente á cidadanía a
organizar e participar nunha rebelión cívica que garanta a dignidade das
persoas.
Gabinete de prensa.
Executiva Nacional de Esquerda Unida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario