viernes, 30 de noviembre de 2012
INICIATIVAS PRESENTAS AS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO MUNICIPAL DO MES DE NOVEMBRO.
ROGOS (Pleno)
1.-Ante os problemas derivados pola falta de espacios para aparcamento na capital municipal. PREGAMOS nos informen si existe algunha negociación ou acordo para habilitar zonas de estacionamento público en terreos de propiedade privada no centro de Cambre.
2.- O verquido os desagües de grasas e aceites constituie un serio problema, dificultando enormemente a depuración das augas risiduais, alterando o equilibrio natural e destruindo a vida acuática.
Para o Grupo Municipal de EU, existen fundadas razóns para reciclar o aceite de uso doméstico:
- Facilitar a xestión deste tipo de residuos, que de outro modo non se reciclan.
- Asegurase o reciclaxe das botellas de plástico que acompañan o aceite usado.
- A disminución deste tipo de verquidos contribuie a un mantemento mellor da rede de saneamento do Concello.
- Facilitanse e abaratanse os procesos de depuración das augas residuais o disminuir a carga contaminante de aceites e grasas.
- Contribuiese a protección e mellora de espacios naturais como son o litoral mariño, as playas, as ribeiras e os rios que transcurren polo Concello.
- Por cada litro de aceite tratado obtense case un litro de Biodiesel.
O Grupo Municipal de EU xa ten presentado unha iniciativa sobre a importancia da recollida e reciclaxe de aceites domésticos co fin que os veciños teñan o dereito a dispoñer dun servizo para ser selectivos; tendo en conta que existe unha disposición da Comunidade Autónoma respecto de que os concellos de máis de 5.000 habitantes teñen que facer este tipo de separacións.
Por todo esto presentamos o seguinte ROGO.
-Que o Sr. Alcalde nos informe das xestións realizadas sobre o tema prantexado, no Consorcio das Mariñas.
3.- Teñen realizado os responsables do Goberno algunha xestión ante os propietarios da finca Molina, situada frente o xulgado, co fin de proceder a súa limpeza, acondicionamento ou outro uso.
PREGUNTAS (Pleno)
1.- O Grupo Municipal de Esquerda Unida, e veciñ@s das inmediacións da praza Manuel Lugrís teñen denunciado as deficiencias e perigro que supón o sistema de seguridade de protección da contorna de dita praza, onde existe un desnivel de aproximadamente tres metros, que xa ten producido distintos accidentes poñendo en risco a integridade fisica dos nen@s que frecuentan o lugar.
O pasado dia 22 produciuse un accidente resultando lesionado un neno de corta idade. Este feito producese con demasiado frecuencia sen que ata o de agora se teñan tomado medidas preventivas por parte do Goberno para dar solución o problema
O noso Grupo considera que resulta intolerable que, por parte da administración local e dos seus responsables, non se teñan adoptado medidas eficaces para eliminar o grave risco que supón este punto conflictivo.
Resulta especialmente denunciable o desinterés que ven amosando o Grupo de Goberno, sendo a seguridade da praza unha competencia municipal, e non teñan levado a cabo en ningún intre nin siquera un estudo serio das causas dos accidentes que se producen e das solucións que deberían ser adoptada, nin tampouco executado medidas efectivas para solucionalo.
Por este motivo, o Grupo Municipal de EU presenta a seguinte PREGUNTA:
-Cales son as razóns da demora no cumplimento do compromiso adquirido polo Goberno para instalar as medidas preventivas na mencionada praza, e que determinación pensan tomar en relación o problema?
2.- Despois oito meses transcurridos dende a celebración do foro de Participación Cidadán e tras o compromiso do Alcalde en poñerse a traballar nos Consellos Sectoriais e no Consello de Participación Cidadá, tal e como manifestaron no mes de maio ante este pleno da Corporación, o Grupo Municipal de Esquerda Unida PREGUNTA:
-¿Cando ten previsto o Alcalde a posta en marcha dos Consellos Sectoriais e do de Participación Cidadá.
3.- A elaboración do PXOU pola súa transcendencia e importancia, é un documento que esta sometido a un calendario axustado a Lexislación Urbanística, tanto de Galicia como do Estado, este documento ten levantado bastante polémica e preocupación nos veciñ@s de Cambre nos últimos anos.
-Cando pensa o Goberno local, convocar os grupos da oposición para expoñer e informar sobre a situación na que se encontra a elaboración do PXOM e as pautas a seguir ?
COMISIÓN INFORMATIVA DE DE OBRAS, SERVIZOS E URBANÍSMO.
ROGOS:
1.- Veciñ@s do Temple denunciaron ante o noso Grupo, a carencia de elementos de xogo infantíes no parque situado na praza José Luis Caso Cortines, este parque situado nunha zona densamente urbanizada ten unha demanda importante de uso, debido a alta densidade de poboación.
-Por esto PREGAMOS se elabore un proxecto de remodelación, co fin de proceder a súa ampliación, tanto do espacio como de equipamentos de xogos.
2.- Concellos da área metropolitana conscientes do perigo que entraña a especie invasora coñecida como plumeiro da Pampa, xa adoptaron medidas para erradicar a mesma tanto en espacios públicos como en propiedades privados.
-Por esto PREGAMOS o Goberno local, realice unha campaña informativa de sensibilización a cidadanía do perigo que supón esta especie, así mesmo acometa a dita campaña de erradicación os espazos públicos do concello, solicitando previamente asesoramento á SGHN, ou organismo especializado no tema.
3.- Contenedores de lixo situados na rúa Estanque a altura da confluencia coa rúa Tapia, dificultan a visibilidade especialmente en horas nocturnas, supoñendo un perigro para os transeuntes e vehiculos.
-PREGAMOS que vistas as demandas veciñais se proceda a tomar as medidas axeitadas para correxir a situación.
COMISIÓN INFORMATIVA DE DE OBRAS, SERVIZOS E URBANÍSMO.
PREGUNTAS:
1.- O vial que transcurre entre Cela e O Canal, esta sendo afectado por desprendementos de pedras procedentes do talud da vía ferrea, a situación de ausencia de mantemento preventivo pon en risco a circulación, obstruindo tamén o propio camiño dificultando o acceso en condicións optimas de seguridade.
-Que xestións ou actuacións ten realizado o Goberno para dar solución o problema, para garantir a seguridade no vial en cuestión?
2.- No pasado mes de outono, produciuse un desbordamento na rede de sumidoiros da Gándara, afectando a varias propiedades privadas, este feito producese con demasiada frecuencia sin que se teñan tomado as medidas preventivas para solucionar o problema.
-Que actuacións ten previsto o Goberno para evitar os desbordamentos é o perxuizo os veciñ@s?
COMISIÓN INFORMATIVA DE EDUCACIÓN, BENESTAR SOCIAL, NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E PARTICIPACIÓN CIDADÁ
PREGUNTA:
1.- A Ley 39/2006, de Promoción da Autonomía Persoal e de Atención as Persoas en Situación de Dependencia, está sufrindo un acusado proceso de deterioro que amenaza con dar o traste con todas las expectativas e o potencial que durante estes anos ten xenerado en atención as persoas en situación de dependencia.
Na actualidade estanse producindo reclamacións nas diferentes modalidades, polo retraso acumulado na excesiva duración na tramitación dos expedientes, desde que se solicita a prestación ata o comenzo do disfrute.
-Poden informarnos do número de expedientes existentes no Concello, e o seu estado de tramitación?
COMISIÓN INFORMATIVA DE PRESIDENCIA, RÉXIME INTERIOR, FACENDA E PROMOCIÓN ECONÓMICA
1.- As Bases Reguladoras da Xunta de Galicia, que establecen as axudas e subencións para finanzamento de accións de fomento de emprego en colaboración cos cocellos, polo que Cambre contratou a seis operarios para prestar servizos de Emerxencias e Protección Civil, establecen que por cada posto de traballo que se solicite, en ningún caso pode ser inferior a dúas nin superior a dez.
Tendo en conta que Cambre ten 2.177 personas rexistradas en situación de desemprego.
-Que opinión lle merece o Goberno que remitiran o concello 15 persoas para facer a selección?
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA SOBRE O CUIDADO É PROTECCIÓN DO ARBORADO DO CAMPO DA FEIRA DE CAMBRE.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Recentemente con motivo do proxecto de remodelación do campo da feira de Cambre, eliminaronse varios árbores da súa alameda. A tala en cuestión está baseada nun informe realizado por unha empresa privada que, xustifica o elevado risco de fractura que implicaba perigro para os veciñ@s e bens materiais.
Non é politica de EU opoñerse a actuacións que contemplen melloras de acondicionamento do noso patrimonio público, pero en este caso é en outros recentes temos que manifestar a nosa rotunda disconformidade polo procedemento empregado, o non ter tomado as medidas preventivas baseadas en asesoramento de expertos de organismos públicos, para poder contrastalos cos informes en cuestión. Entende a nosa organización que realizar as obras do campo da feira non é incompatible co respecto que se debe dar o arborado e a este lugar emblemático.
O árbore contribuie o enraizamento da cultura no lugar e a mellora das condicións de habitabilidad no medio urbán, factores ambos, determinantes para a calidade de vida no noso Concello.
É un feito evidente que coa desaparición destes árbores, perdese unha parte importante da historia natural do noso pobo e do noso patrimonio mais preciado, estes seres vivos formaban parte do entramado urbán do noso concello, dos que baixo a súa sombra se desenrolaron numerosas tradicións, actividades e feitos que marcaron o que hoxe forma o noso municipio.
O carácter de área de especial protección e a súa condición de espacio catalogado onde se realiza a actuación, ten un significado importante para Cambre, e debe seguir conservando ese carácter de grandeza a través dos anos; correspondelle os gobernantes a tarea de preservalo para o futuro, e non deben iñorar nin ser insensibles a longa tradición histórica de amor a natureza dos cambres@s, e sí prestarlle especial protección.
En múltiples ocasións o Grupo Municipal de Esquerda Unida vén demandando dos distintos gobernos do Concello, actuacións concretas que emenden o deterioro e enfermidades que padecen estas árbores sen que ata o momento se realizaran actuacións significativas respecto do problema.
A alameda de Cambre, é un emblema do noso pobo e da nosa memoria, constituíndo e formando parte do noso Patrimonio Histórico Natural e Cultural, non podemos permitir que desaparezan.
Co fin de evitar que esta situación se repita no futuro.
O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO DA CORPORACIÓN A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
PRIMEIRO.- Que por parte do Goberno se realize de forma periódica e mediante asesoramento de expertos, as labores de poda, cura de feridas superficiais dos troncos, saneamento e drenaxe das cavidades, así como o sellado mediante mallas que permitan a ventilación co fin de acumular residuos.
SEGUNDO.-Que o Goberno regule mediante unha Ordenanza Municipal a protección especifica do arborado no conxunto do término municipal, mediante as condicións técnicas e biolóxicas que permitan poñer en práctica os tratamentos axeitados para a súa conservación.
TERCEIRO.- Que se extremen as medidas para protexer específicamente os árboles dos parques públicos de Cambre polo seu gran valor histórico, ecolóxico e sinal de identidade do noso pobo.
En CAMBRE, a 24 de novembro de 2012
Asdo: Luis M. Taibo Casás. Voceiro do Grupo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario