NOTA INFORMATIVA DE
“ESQUERDA UNIDA” DE CAMBRE
O Grupo Municipal de Esquerda Unida de Cambre, quere denunciar unha vez mais, a
situación de perigro existente na praza Manuel Lugrís, motivado o deficiente
sistema de protección e seguridade na contorna de dita praza, onde existe un
desnivel de aproximadamente tres metros, que ten producido distintos accidentes, poñendo en
risco a integridade fisica dos nen@s que frecuentan o lugar.
No dia de onte producirse un accidente resultando
lesionado un neno de corta idade. Este feito producese con demasiado frecuencia
sen que ata o de agora se teñan tomado medidas preventivas por parte do Goberno
para dar solución o problema, a pesar de ter presentadas varias denuncias os
veciñ@s e o noso Grupo Municipal.
EU presentará unha iniciativa no
pleno municipal do próximo xoves, en relación co devandito asunto,
esixindo unha intervención radical e inmediata do Concello, mostrando unha
actitude mais enérxica na defensa dos mais vulnerables (nen@s), para que se
proceda a realizar os traballos necesarios, co fin de evitar mais accidentes e
posibles desgracias que teñamos que lamentar.
En todo caso o noso Grupo considera que resulta
intolerableque, por parte da administración local e dos seus responsables, non
se teñan adoptado medidas eficaces para eliminar o grave risco que supón este
punto conflictivo, levando a cabo as obras e instalando ós medios técnicos
necesarios para dar solución o grave problema. Para EU resulta especialmente
denunciable o desinterés que ven amosando o grupo de goberno, sendo a
seguridade da praza unha competencia municipal, e non teñan levado a cabo en
ningún intre nin siquera un estudo serio
das causasdos accidentes que se producen e das solucións que deberían ser
adoptada, nin tampoucoexecutado medidas efectivas para solucionalo.
Asdo: O Gupo Municipal
No hay comentarios:
Publicar un comentario