jueves, 17 de enero de 2013


COMUNICADO DE PRENSA

ESQUERDA UNIDA SÚMASE ÁS MOBILIZACIÓNS EN DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS

A EXECUTIVA NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA MANIFESTA A NECESIDADE DE RECUPERAR A DIGNIDADE QUE ESTE GOBERNO PRETENDE ARREBATARNOS

YOLANDA DÍAZ COORDINADORA NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE “CANTO MÁIS NOS USURPEN MÁIS LOITAREMOS, DENDE A RÚA E DENDE AS INSTITUCIÓNS”

 Ante uns orzamentos lamentables, incluso ofensivos para a cidadanía e ante o continuo roubo que o Partido Popular está a practicar contra os traballadores e traballadoras deste país, Esquerda Unida chama á mobilización e á rebeldía de todas as persoas dispostas a pelexar e recuperar os nosos dereitos.

Esquerda Unida súmase ás mobilizacións convocadas pola plataforma en defensa dos servizos públicos previstas para mañá xoves 17 ás 19h e que terán lugar nas diferentes cidades do país.

A executiva nacional de Esquerda Unida manifesta a necesidade de recuperar a dignidade que este goberno do Partido Popular, dos mercados, da troika, do capital pretende arrebatarnos. Ante unha agresión tan grave contra as traballadoras e traballadores deste país, é necesario tomar a rúa para amosar o noso malestar, é necesario que o goberno do Partido Popular saiba que non imos a parar ata recuperar o que os nosos devanceiros conseguiron coa súa loita.

Yolanda Díaz coordinadora nacional de Esquerda Unida, considera que “canto máis nos usurpen, máis loitaremos, dende a rúa e dende as institucións”. Non temos medo, nin queremos ser partícipes dun sistema que desprotexe e conduce á miseria á cidadanía.

  
Gabinete de prensa.
Executiva Nacional de Esquerda Unida.

No hay comentarios: