domingo, 20 de enero de 2013


COMUNICADO DE PRENSA

ESQUERDA UNIDA MANIFESTA QUE A SOCIEDADE ESTÁ FARTA DE POLÍTICAS DEFRAUDADORAS E PRIVATIZADORAS EN PROL DE PERSOEIROS DA POLÍTICA
 A EXECUTIVA NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA CONSIDERA NECESARIO UN PACTO PARA A REXENERACIÓN DA VIDA DEMOCRÁTICA E CONTRA A CORRUPCIÓN
 “CONTRA A CORRUPCIÓN, DEMOCRACIA PARTICIPATIVA”, PROPÓN YOLANDA DÍAZ COORDINADORA NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA

As políticas neoliberais que percorren Europa  son a razón estrutural, as responsables últimas, da maior parte dos casos de corrupción que están a afectar á sociedade, son estas políticas de chiringuito e privatización as que promoven o enriquecemento dalgúns individuos.
Esquerda Unida manifesta que a sociedade está farta de políticas defraudadoras e privatizadoras en prol dos temporeiros da política. Que opinen senón os votantes do Partido Popular que decidiron a fallida alcaldía de Santiago de Compostela, ou  a aqueles que decidiron perpetuar ao señor Baltar na Deputación de Ourense quen di ter a conciencia tranquila, pero a quen lle importa a súa conciencia?, a operación Pokemon, a Campeón...
A executiva nacional de Esquerda Unida considera que outro xeito de facer política é posible. É necesario dotar á cidadanía dunha maior participación e control sobre os cargos públicos. Para iso entre outras medidas, Esquerda Unida propón un pacto para a rexeneración da vida democrática e contra a corrupción. Un pacto subscrito por partidos políticos e organizacións sociais para garantir a transparencia, a participación e a pluralidade nas decisións que se adopten na actividade pública.
Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida, manifesta que “é necesaria a elaboración dun Código Ético específico que inclúa a loita efectiva contra a corrupción, que regule estritamente as incompatibilidades e penalice coa expropiación os bens adquiridos mediante prácticas corruptas”.
A Coordinadora Nacional de EU  expresa de xeito categórico  a menciña para loitar contra a vaga de corrupción que asolaga as institucións e aos poderes económicos: “ contra a corrupción, democracia participativa”. A participación da cidadanía nun réxime político de democracia avanzada é a mellor vacina contra esa lacra que hoxendía bandeira o PP pero que se estende aos partidos do réxime restauracionista.

Gabinete de prensa.
Executiva Nacional de Esquerda Unida.

No hay comentarios: