domingo, 20 de enero de 2013



FEIRA DE CAMBRE




¿POR QUÉ QUEREMOS QUE SE MANTEÑA NO CAMPO DA FEIRA E NON NO ENTORNO DO CENTRO DE SAÚDE?

  1.-Porque a Feira de Cambre vense realizando dende o ano 1752 neste mesmo lugar, no Campo da Feira. A tradicción de celebrar a feira os días 2 e o terceiro domingo de cada mes data do ano 1853.
  
   2.-Porque a actual ubicación, nas proximidades do centro de saúde, inicialmente provisional en tanto non se remodelara o Campo da Feira, perxudica enormemente á hostelería e ó comercio local.
  
  3.-Porque tanto no verán como no inverno as condicións climatolóxicas afectan ós usuarios: No verán non hai nin unha sombra onde resguardarse e no inverno, no caso de que chova fórmase unha corrente de auga pola pendente no vial de acceso.

    4.-Porque non podemos subordinar a celebración da feira ó feito de que nesa      ubicación existe un centro de saúde, que debe estar por enriba de calquera outro tipo de actividade. Dito centro debe ter un acceso libre de aglomeracións no caso de que teña que entrar ou saír del unha ambulancia ou unha urxencia. Este potencial problema non está nin contemplado nin solucionado polo Goberno do PP de Cambre, que simplemente, coloca a feira nas inmediacións dun espazo de especial protección sin sopesar as posibles consecuencias.

  5.-Porque ademáis dun centro de saúde, nas inmediacións tamén se atopa emplazado o cemiterio municipal. A propia afluencia de vehículos a calquera dos dous eventos pode desembocar nunha situación incómoda tanto para os visitantes da feiras como para os usuarios do cemiterio.
    
     6.-Porque para todos aqueles usuarios que accedan camiñando á feira, a incomodidade do regreso increméntase pola empinada pendente que hai que subir. Ademais dita pendente e a distancia do centro da vila vai a disuadir ós compradores de subir cargados coas bolsas da compra.

    7.- Porque a propia remodelación do campo da Feira, incluída dentro do Plan Arume, implica que hai mais espazo dispoñible para a ubicación de postos que antes das obras realizadas. De feito, a actual ubicación nas inmediacións do centro de saúde, foi calificada como “provisional” polo propio Goberno Municipal en tanto non se remataran as obras.

  8.-Porque, como non hai mellor proba que a propia experiencia, podemos decir que durante o tempo que se ven celebrando a feira na nova ubicación, as queixas recibidas tanto por veciños como por hosteleiros e comerciantes son numerosísimas. Pola contra, as ventaxes do cambio de ubicación brilan pola súa ausencia.

   9.-Porque, en definitiva, a FEIRA DE CAMBRE é un acto de referencia tanto para @s veciñ@s de Cambre como para @s de outros Concellos da Comarca. Por esto, debemos defender a nosa memoria histórica e o sentir da cidadanía de Cambre, que debe superar os caprichos políticos que destrozan as nosas tradiccións e a nosa herdanza cultural.
  
 "RESPECTAR UN POBO, É RESPECTAR A SÚA HISTORIA E AS SÚAS TRADICIÓNS"






 



No hay comentarios: