A MESA DO PARLAMENTO GALEGO
Yolanda
Díaz Pérez, deputada do Grupo
Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), ao abeiro do
disposto no artigo 155 do regulamento da cámara presenta a seguinte pregunta
para a súa resposta oral no Pleno, sobre as medidas de urxencia para recuperar
a ría do Burgo.
O
Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda acredita na preocupación e
valoración moi crítica feita onte pola comisión parlamentar europea que xirou
visita nesta semana algúns dos buratos negros da xestión da Xunta de Galicia,
caso da falla de saneamento das rías galegas e das agresións que seguen a
sufrir de cote.
A
esixencia vertida pola delegación europea relativa a que se precisa un dragado
urxente e inmediato da ría do Burgo merece unha resposta dilixente e
colaboradora da administración pública competente, o goberno galego. Basta xa
de mentiras e de deixacións. Urxe unha fonda rectificación da política da Xunta
de xeito que sexa unha prioridade o cumprimento da lei que prescribe o
saneamento das rías, o saneamento da ría do Burgo.
As
opinións interesadas do director de Augas de Galicia negando a situación de
degradación case absoluta da ría e negando a veracidade das fotografías son
elocuentes da cegueira e desinterese dese mal traballador do interese público
que é Francisco Menéndez.
Alternativa
Galega de Esquerda chama a atención unha vez máis sobre os riscos para a saúde
pública derivados da situación da ría do Burgo: a saúde pública, o medio
ambiente, a calidade de vida da poboación residente na contorna e a calidade da
auga, que sofre pola contaminación que emana dos lodos, son motivos abondo para
forzar a reacción inmediata da Xunta e xa que logo proceder ao dragado urxente
da ría do Burgo.
En
atención a estes motivos, o Grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda
formula a seguinte PREGUNTA para a súa resposta oral no Pleno:
Vai
a Xunta de Galicia a proceder a dragar de maneira urxente a ría do Burgo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario