lunes, 18 de febrero de 2013


COMUNICADO DE PRENSA

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA O EXERCICIO BRUTAL DA VIOLENCIA  NUN NOVO DESAFIUZAMENTO NA CIDADE DA CORUÑA

A EXECUTIVA NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE A POLÍTICA DO PP TAMÉN ANTE OS DESAFIUZAMENTOS É DEPLORABLE, A VIOLENCIA E A INXUSTIZA SON AS SÚAS DIVISAS

YOLANDA DÍAZ PREGÚNTASE POLA MORATORIA  ANUNCIADA E ACUSA A FEIJÓO: “MENTÍA O PRESIDENTE E A SÚA POLÍTICA EN MATERIA DE VIVENDA SON OS PAUS E BOTAR Á RÚA AS PERSOAS SEN RECURSOS PARA SATISFACER AOS BANCOS


Esquerda Unida vén de denunciar o exercicio de brutalidade nun novo desafiuzamento na cidade da Coruña. Esta mañá houbo de novo malas maneiras, empurróns, fallas de respecto e violencia sobre a cidadanía e responsables públicos que se atopaban defendendo a una cidadá que ía ser botada da súa casa.

Esquerda Unida denuncia o ejercicio brutal da violencia nun novo desafiuzamento na  cidade da Coruña. A deputada Yolanda Díaz ou o concelleiro  César Santiso sostiveron coa súa participación o dereito das persoas a ter un teito onde vivir. Semellante demanda deparoulle empurróns e violencia sobre o concelleiro de EU-Os Verdes na cidade herculina.

A Executiva nacional de Esquerda Unida considera que a política do PP tamén ante os desafiuzamentos é deplorable, a violencia e a inxustiza son as súas divisas. Segundo anotou o verso rebelde de Brecht, hai moitas maneiras de matar, entre outras quitarnos o pan ou empurrarnos ao suicidio; demasidas maneiras de matar restan sen tipo delictivo no actual código penal, sempre tan comprensible cos banqueiros, defraudadores e especuladores e tan inflexible coa cidadanía traballadora. 

Yolanda Díaz pregúntase pola tan publicitada como falsa moratoria: “Mentía o presidente Feijóo, a súa política en materia de vivenda son os paus e botar a rúa ás persoas para satisfacer o seu pacto miserable cos banqueiros”. A deputada vai reclamar que se depuren as responsabilidades diante do exercicio de brutalidade que deu no solo e golpeados a diversos representantes públicos de EU e BNG trala multitudinaria acción policial, como case sempre escudada no anonimato, ao negárense a identificarse os axentes. Sen identificación e coa núa linguaxe parda da violencia se tenta  cometer outra inxustiza máis sobre una persoa portadora de dereitos, sobre un colcetivo cidadá que posúe dereitos que non se poden violentar.

Hoxendía é una minoría sen moralidade a que tenta axeonllar os nosos dereitos e liberdades. EU vai manter na rúa e nas institucións una loita implacable na defensa de case todos e todas nós, porque somos una inmensa maioría traballadora os que non nos prestamos a ser monicreces do poder económico, como os políticos que hoxe defenden ás empresas que os contratarán mañán.

        

Gabinete de prensa.
Consello Político Nacional de Esquerda Unida.

No hay comentarios: