ASAMBLEA ABERTA E PARTICIPATIVA
O CONSELLO POLÍTICO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA NA CORUÑA CONVOCA A CIDADANÍA A PARTICIPARES NO ACTO QUE SE DESENVOLVERÁ O VENRES 15 NO CIRCO DE ARTESÁNS PARA DARLLE VOZ A NOSA BISBARRA NO CONGRESO DOS DEPUTADOS ESQUERDA UNIDA DESENVOLVE UNHA INICIATIVA PIONEIRA NO ESTADO EN CANTO A PARTICIPACIÓN CIDADÁ QUE RECOLLERÁ A VOZ DA RÚA PARA LEVALA AO PARLAMENTO NO ESTADO DA NACIÓN O COORDINADOR COMARCAL DE EU, CÉSAR SANTISO, INDICO QUE “A INICIATIVA `A RAJOY LLEDIRÍA’ XURDE COMO RESPOSTA A UN GOBERNO COVARDE E SOBERBIO QUE NINGUNEA, MINTE, ENGANA E SE AGACHA DIANTE DA CIDADANÍA”
A nosa democracia esmorece, basta con observar como o presidente do goberno sae pola porta de atrás para non atoparse coa cidadanía, agachase detrás dunha televisión para non evitar o contacto cos xornalistas, ou desenvolve roldas de prensas sen preguntas.
Esquerda Unida desenvolve unha iniciativa pioneira no Estado en canto a participación cidadá que recollerá a voz da rúa para levala ao parlamento no estado da nación, así a nosa organización desenvolverá actos asemblearios ao longo de todo o país para recoller as propostas, denuncias e suxestións da cidadanía. O acto
pretende demostrar que diante do secuestro da democracia, da corrupción e do escurantismo dos nosos gobernantes, existe unha alternativa real plasmada nos homes e mulleres de Esquerda Unida darán voz ao pobo no congreso dos deputados e obrigarán ao presidente Mariano Rajoy a escoitar o que non quere oír porque o 20 e 21 de febreiro terá que escoitarnos.
O Consello Político Comarcal de Esquerda Unida na Coruña convoca a cidadanía a participares no acto que se desenvolverá o venres 15 no Circo de Artesáns (R/. San Andrés 36) para darlle voz a nosa bisbarra no Congreso dos Deputados. O acto comezará as 17:00 h. cun encontro dixital por streaming co coordinador federal de Izquierda Unida, Cayo Lara. Posteriormente haberá diversos actos e intervencións até chegar as 19:30 h. onde se desenvolverá unha asemblea aberta coa participación da coordinadora nacional de EU e covoceira do grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Yolanda Díaz, na que se recolleran as propostas dos asistentes para que o noso grupo parlamentar “A Esquerda Plural” comunique a Mariano Rajoy no Congreso dos Deputados.
Así o CPC de EU Coruña xa cursou convite ao tecido asociativo coruñés, polo que participarán movementos sociais, centrais sindicais, plataformas de afectados polos desafiuzamentos, pola estafa das preferentes, pola defensa da sanidade pública, do ensino, ONG’s, AA.VV, particulares, concelleiros da comarca e deputadas e deputados do Parlamento de Galicia.
O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indico que “a iniciativa `a Rajoy lle diría’ xurde como resposta a un goberno covarde e soberbio que ningunea, minte, engana e se agacha diante da cidadanía”.
Consello Comarcal da Coruña
Esquerda Unida
No hay comentarios:
Publicar un comentario