COMUNICADO DE PRENSA
8 DE MARZO, SEN IGUALDADE NON HAI DEMOCRACIA
A EXECUTIVA NACIONAL DE ESQUERDA
UNIDA CONSIDERA QUE A SEGREGACIÓN OCUPACIONAL E SECTORIAL POR RAZÓN DE XÉNERO
REPRESENTA UNHA DAS PRINCIPAIS DESIGUALDADES
YOLANDA DÍAZ, COORDINADORA NACIONAL E DEPUTADA DE
ESQUERDA UNIDA, LEMBRA QUE “ O CAPITALISMO RENEGA DA PERSPECTIVA DE XÉNERO E DA
PERSPECTIVA SOCIAL POIS O SISTEMA SE SOSTÉN SOBRE A DESIGUALDADE, O PATRIARCADO
E A NEGACIÓN DA DIVERSIDADE”.
Desde os inicios do movemento feminista, as mulleres
estamos a loitar por unha sociedade mellor que iguale en dereitos e
oportunidades a todas as persoas.
O 8 de marzo
é un día para reivindicar que sen igualdade non hai democracia. As mulleres
fomos e seguimos a ser as impulsoras e promotoras de grandes cambios que
contribuíron decididamente ao enriquecemento da democracia, de tal xeito que
demostramos que sen nós esta non existe.
A executiva nacional de Esquerda Unida considera que a
segregación ocupacional e sectorial por razón de xénero representa unha das
principais desigualdades. Democracia
significa pleno emprego, de calidade, ben retribuido e sen discriminación de
ningún tipo. O sistema capitalista feminiza a precariedade laboral e coloca á
muller nun plano asistencial, a Lei Galega de Familia nos define como nais e
coidadoras, a contrarreforma laboral nos sitúa como non rentables
economicamente, a Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo, na súa aplicación
condiciona ás decisións das mulleres e presiona para levar adiante os embarazos
(labor asumida pola RED MADRE), por non falar da non regulado exercicio do
dereito á obxección de conciencia na sanidade pública, que non respeta e
entorpece o dereito ao aborto. Este é o sistema que relega á muller a un espazo
propio doutros temos que pensabamos superados.
Yolanda Díaz, coordinadora nacional e deputada de
Esquerda Unida, lembra que “o capitalismo renega da perspectiva de xénero e da
perspectiva social pois o sistema se sostén sobre a desigualdade, o patriarcado
e a negación da diversidade”. É preciso
visibilizar na sociedade, ademais do conflicto capital/traballo o conflicto
capital/vida, debemos camiñar cara un sistema no que as estructuras económicas,
políticas e sociais estean ao servicio das persoas e dunha vida que permita que
pague a pena ser vivida.
Por isto
dende Esquerda Unida, neste día de reivindicación internacional, esiximos a derrogación
da Lei Galega de Familia, a aplicación real de políticas públicas de igualdade,
a vixiancia da aplicación da Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo, a
erradicación da violencia machista, a recuperación dos centros desmantelados
pola Xunta de Galicia adicados á promoción e á prevención e atención ás vítimas
da violencia de xénero, o desenvolvemento de políticas encamiñadas á abolición
da prostitución...
Gabinete de prensa.
Executiva Nacional de Esquerda Unida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario