PODA DA ARBOREDA
DA ESTRADA DA ESTACIÓN
O grupo Municipal de EU, ten solicitado do Goberno
realizara as xestións oportunas ante a Deputación Provincial, co fin de
realizar unha poda ármonica e selectiva do arborado da estrada da Estación, co
fin de conservar as especies árboreas nas mellores condicións, e evitar
problemas os veciñ@s, e seguridade vial na zona.
Os propios veciñ@s xa teñen manifestado en diversas
ocasións que se sinten amenazados polos posibles danos que poidan ocasionar o
desprendemento de parte da extructura
dos plataneiros.
Na actualidade están procedendo cos traballos de poda, que
semella non se executan de xeito que mellore a situación na medida demandada, que debería estar en consonancia e encontrar
un equilibrio e compatibilidade entre o respecto ecolóxico o árbore como ser
vivo, e a protección para
persoas e bens materiais.
EU poñerá en coñecemento do responsable municipal este feito, co fin de
que interveña ante o ente provincial responsable dos traballos, co fin de que
se realicen de xeito racional, evitando
que as pólas das árbores causen molestias a veciñanza e ao tráfico.
Asdo: Grupo Municipal de EU de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario