jueves, 11 de abril de 2013


FESTA EN CONMEMORACIÓN DO LXXXII ANIVERSARIO DA II REPUBLICA


O próximo Domingo dia 14, o Consello local de EU de Cambre, como ven sendo habitual nos últimos anos, celebrará a “VI Festa Republicana” co obxectivo de celebrar  o 82 aniversario da proclamación da II República,  o acto terá lugar no local social da S.D.C.R do Sporting Cambre en Quintán   (Cambre) apartir das  13:00 horas.
                                 
A mencionada festa consistirá  dunha comida de confraternidade. No seu transcurso intervirá Ascensión Cambrón Infante, Doutora en Filosofía e profesora titular de Filosofía do Dereito na Universidade de A Coruña , ademais, darase lectura a un  manifesto de compromiso cos valores cívicos da II República, recordando o papel dos demócratas, do movemento obreiro e da esquerda na súa loita pola recuperación da memoria histórica.Tamén seran sorteados libros e bandeiras Republicanas entre os asistentes.  Pechará o acto o responsable local da organización Juan Fernández López.



                         Asdo: Consello Político Local de EU de Cambre

No hay comentarios: