viernes, 26 de abril de 2013

INICIATIVAS PLENO ORDINARIO MES DE ABRIL

ROGOS:


1.- O Consello de Ministros aprobou a finais de decembro un plan contra os servizos de transporte público ferroviario de media distancia. Con esta decisión o Goberno reduce os servizos nas liñas de A Coruña-Monforte e A Coruña-Ferrol. Estas medidas levarán implicito que estacións como Cambre con 14 servizos, Cecebre con 12, vexan reducidos os trens a dous servizos diarios,

-O Grupo Municipal de Esquerda Unida PREGA ao goberno municipal, solicite da Administración central, que non supriman servizos ferroviarios, e aposte decididamente polo ferrocarril como medio de transporte, como un elemento decisivo no desenvolvemento económico das distintas Comarcas e concellos afectados.

PREGUNTAS:


1.- O Grupo municipal de EU, ante as numerosas demandas veciñais, presentou unha Moción no pleno do mes de xaneiro, (aprobada por unanimidade) co obxectivo de trasladar a actividade da feira o seu lugar de orixe. Transcurridos case catro meses do remate das obras de remodelación e acondicionamento do Campo da Feira, seguimos sin ter coñecemento das xestións e traballos realizadas para dar cumprimento a dita demanda e dos acordos acadados na MOCIÓN.

-Poden informarnos dos motivos que impiden o traslado da actividade e da data previsible do cambio de lugar?

2.- Según informacións da Federación Galega de Municipios e Provincias, 94 concellos de Galicia denuncian os abusos das compañias eléctricas, queixándose de que as empresas cobran “de mais”, motivo polo que solicitaron unha mediación, sin descartar recurrir a vía xudicial para denunciar as irregularidades.

O Concello de Cambre non é alleo a estas ou outras prácticas similares, que xa foron motivo de problemas en diversos pagos. Según declaracións dos responsables da FEGAMP, a incidencia que mais se repite son as facturas estimadas e o consumo habitual, acumulación de varios meses na mesma factura e fora de prazo.

-Tendo en conta as denuncias do órgano representativo dos concellos e entes provincias de Galicia, o noso Grupo PREGUNTA si Cambre se ten sumado a esta iniciativa, ou do contrario estiman que non existen motivos para sumarse a esta mediación?


Abril 2013


No hay comentarios: