INICIATIVAS PRESENTAS NAS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO DO MES DE XUÑO
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL
DE “ESQUERDA UNIDA” PARA CREACIÓN DE EMPREGO CO EXCEDENTE DO ORZAMENTO
MUNICIPAL DE 2012.
EXPOSICIÓN DE
MOTIVOS:
Tendo
coñecemento, a través do departamento de Intervención do pasado día 17 de xuño que existe Remanente
de Tesorería positivo na liquidación do orzamento municipal de 2012, por un
valor estimado de 446.141, 17 euros.
Como temos plantexado en outras ocasións,
en períodos de recesión económica, todas as Administracións Públicas temos que
asumir a nosa responsabilidade e achegar
solucións ós problemas económicos e socias que se derivan. Dende o Estado,
dende a CC.AA e dende o Municipio, e en función das nosas competencias, os
gobernos temos a obriga de arbitrar medidas para paliar os efectos da crise e
contribuir a impulsar a economía.
O principal
problema que ten Cambre é o elevado nivel de paro, e o Concello debe realizar
todos os esforzos para paliar dita lacra na medida das súas posibilidades. A
esto temos que engadirlle a precaria situación na que se atopa a brigada de
obras do concello, en relación a falta de persoal e recursos para realizar os múltiples traballos
derivados desa concellería, unha
situación que se está facendo insostible.
Segundo
distintas fontes, o Ministerio de Facenda e as entidades locais acordaron, na
reunión celebrada o día 16 de abril de 2013, no seo da Comisión Nacional da
Administración Local, permitir aos Concellos, que rexistraran superávit o pasado exercicio, destinar este
remanente a gasto corrente e investimento. O acordo contempla a modificación do
artigo 32 da Lei de Estabilidade Presupuestaria, onde se contempla que "o superávit destinarase a reducir
endeudamiento" para permitir destinar o superavit a gasto corrente e
investimentos.
Este é o
obxectivo principal que suscita o Grupo Municipal de Esquerda Unida, crear
emprego, por encima de calquera outra cousa, e por tanto, do déficit e a
débeda. Para salvar ás persoas e non aos bancos, débense destinar todos os
recursos posibles a plans que palien a situación de desemprego que están
sufrindo 2.341 veciñ@s do municipio, onde 998, e decir o 40%, levan mais de un
ano no paro. Xa non deben existir escusas, nin de leis nin de vontade política,
para non poñer a disposición dos plans sociais de emprego parte desta cantidade
económica para este ano 2013. Non é de recibo que se destine este diñeiro a
amortizar débeda cando é moito máis urxente a situación de precariedad e
pobreza que sofren miles de traballador@s.
Concellos como o
de Huesca e administracións como a Diputación de Zamora, Huelva e Sevilla,
entre outras, declararon que van destinar o superávit para gasto corrente e
investimentos co fin de crear emprego.
É o momento de afrontar medidas de calado e valentes, que cheguen de verdade ao cidadán e que reviertan nestes, a través de plans sociolaborais que flúan en dúas direccións, a de crear emprego e a de mellorar o municipio en aspectos que beneficien a todos e todas.
POLO EXPOSTO, O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
É o momento de afrontar medidas de calado e valentes, que cheguen de verdade ao cidadán e que reviertan nestes, a través de plans sociolaborais que flúan en dúas direccións, a de crear emprego e a de mellorar o municipio en aspectos que beneficien a todos e todas.
POLO EXPOSTO, O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
PRIMEIRO.- Que por parte do Goberno municipal, se estudie a posibilidade dentro dos
cauces legalmente establecidos para destinar unha cantidade do
remanente da Liquidación do Orzamento Municipal de 2012, que segundo estimación
do servizo de Intervención Municipal ascende a 446.141 euros para plans sociolaborais de emprego, co fin de contratar con estes plans ao maior número
posible de veciños e veciñas do municipio en situación de desemprego,
prioritariamente aos de longa duración.
ROGOS:
1.- O PXOM e un documento imprescindible para o futuro
desenrolo do noso concello que vai camiño a eternizarse, dende a última
xuntanza cos técnicos do concello e responsables do Goberno, quedou manifestamente claro o incumprimento
por parte da empresa redactora respecto os prazos e irregularidades existentes
na súa elaboración. O noso Grupo municipal solicitou nos facilitaran por escrito os problemas
existentes. Transcurridos case tres meses da dita xuntanza, seguimos sin
información sobre o retraso na elaboración, e das posibles consecuencias que
poden producirse no noso concello, derivadas de non ter aprobado o documento da planificación
urbanística na presente lexislatura.
-Polo exposto, PREGAMOS nos
informen da situación actual, e nos facilite por escrito a documentación requerida
polo noso Grupo na xuntanza do pasado 22 de abril, respecto o PXOM.
2.- No pasado Pleno do mes de Abril, o noso Grupo
Municipal, preguntou sobre a adhesión do Concello de Cambre á iniciativa levada
a cabo por un tercio dos Concellos galegos que decidiron denunciar as
irregularidades na facturación das compañías eléctricas.
O Concelleiro responsable contestou que o Concello de Cambre non
detectou anomalías que o levaran a participar nesta iniciativa. Coidamos que
aínda que na facturación non existan anomalías, podemos considerar como unha
irregularidade, por exemplo a existencia de varios puntos de suministro que non
teñen contador, polo que a compañía factura unha estimación, que non pode ser
realizada en base a datos reales.
O noso Grupo Municipal coida que esta é unha moi boa oportunidade para
regularizar a situación dos suministros eléctricos do concello.
En base ó anteriormente exposto o noso Grupo Municipal PREGA:
-Que se nos informe sobre os
motivos polos que o Concello de Cambre fixo caso omiso á comunicación que
enviou a FEGAMP a tódolos Concellos para que denunciaramos irregularidades como
a exposta das estimacións na facturación. Asimesmo, pregamos que reconsideren a
conveniencia de adscribirse a esta iniciativa.
3.- O pasado mes de febreiro, deron comenzo as obras de
urbanización da parcela destinada a ubicar a garderia infantil no Temple. Dende
o noso Grupo, temos comprobado unha actividade irregular nos traballos.
-PREGAMOS nos informen da situación actual das obras e do
prazo previsto para rematar a urbanización
da parcela.
PREGUNTAS:
3.- Segundo o
acordado no convenio de colaboración entre o Concello de Cambre e LP-45
producciones e Iceberg Audiovisual SL, para a celebración do festival
Brincadeira, e concretamente no punto cuarto da cláusula segunda, recóllese o
reparto dos ingresos xerados polo festival.
-¿Poden informarnos cantos pagos e de canto
importe e en qué datas, temos recibido no Concello, por parte das entidades
organizadoras do Festival?
2.- Sendo conscientes que o PARO é un dos problemas mais
importantes do concello, dende o GDR Mariñas-Betanzos realizaronse unhas
xornadas de “Oportunidades de Emprendemento con Productos Locais”. A
mencionada asociación, ten entre outras a finalidade de promover o desenvolvemento
rural en dito territorio do que forma parte o noso concello.
-¿Pode informarnos da incidencia que pode producir esta
iniciativa para a xeración de emprego e crecemento socioeconómico do noso
concello ?
3.- Tras a aprobación dos orzamentos, e tendo xa o
informe técnico sobre o sentido da circulación da Rúa Estanque de Abaixo e
colindantes, o noso Grupo Municipal PREGUNTA:
-¿Pode o Concelleiro responsable
informarnos sobre como vai a quedar o sentido do tráfico e para cando están
previstas as actuacións conducentes a reordenación viaria desas rúas?
COMISIÓN
INFORMATIVA DE SEGURIDADE CIDADÁ, MOBILIDADE, CULTURA E TURISMO
ROGOS:
1.- Unha documentación que consideramos importante e que
deberiamos ter como Grupo da oposición, son as memorias e informes anuais da Policia Local, que teñen
como destino as respectivas concellerías ou departamentos do concello. Co
fin valorar a situación, tendo en
conta que os grupos da oposición non
forman parte da Xunta Local de Seguridade
e descoñecemos datos importantes que como representantes veciñais nos
corresponden.
-PREGAMOS nos faciliten a
documentación relativa das ditas Memorias elaboradas pola Policía local.
2.-
A escasos dous meses para a celebración das festas de Santa Maria en Cambre,
non temos coñecemento da programación das mesmas.
-PREGAMOS
nos informe da programación de ditas festas así como o cartel do
festival Rock in Cambre.
COMISIÓN INFORMATIVA DE
OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO
ROGOS:
1.- Na rúa dos
Templarios (Paseo Marítimo), nas inmediacións dunha tapa de sumidoiros, existe
un fundimento do seu firme que pode provocar accidentes.
-PREGAMOS procedan a súa
reparación.
2.- Na estrada do Drozo a Estorrentada, a altura do
número 34, o concello ten instalado un espello de seguridade, co fin de
facilitar maior visualización para o acceso dos vehiculos o dito vial, e
reforzar as medidas preventivas os
conductores. Tendo en conta a rotura do
propio espello PREGAMOS se repoña
novamente.
COMISIÓN INFORMATIVA DE
OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO
PREGUNTAS:
1.- A case totalidade dos camiños do
concello atópanse en lamentables condicións para a circulación rodada e peonil,
motivado a abundante maleza que os invade influindo na visibilidade, incrementando
o perigo de accidentes, e tamén o risco de incendios.
-¿Que actuacións ten previstas o goberno local respecto da roza
e acondicionamento nestas infraestruturas de titularidade municipal?
2.- Dende o
noso Grupo municipal e os propios veciños do lugar, temos plantexado en varias
ocasións, os problemas existentes na rúa
Freixo, por encontrarse parcialmente cuberto polas ramas das árbores
colindantes, creando unha especie de tunel natural sin alumeado público,
provocando dificultades os veciñ@s tanto na circulación rodada como peonil no
acceso as súas vivendas, Transcurrido mais de un ano, non se fixo ningunha
actuación para solucionar o problema, a
pesar das promesas do concelleiro responsable.
-Polo
exposto plantexamos a seguinte PREGUNTA:
¿Ten previsto o Goberno algún proxecto de actuación,
co fin de correxir o problema polas carencias mencionadas no acceso a rúa Freixo na parroquia de Cela?
Xuño 2013
Asdo: Grupo Municipal