viernes, 28 de junio de 2013


INICIATIVAS PRESENTAS NAS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO DO MES DE XUÑO


MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE “ESQUERDA UNIDA” PARA CREACIÓN DE EMPREGO CO EXCEDENTE DO ORZAMENTO MUNICIPAL DE 2012.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Tendo coñecemento, a través do departamento de Intervención  do pasado día 17 de xuño que existe Remanente de Tesorería positivo na liquidación do orzamento municipal de 2012, por un valor estimado de 446.141, 17 euros.

Como temos plantexado en outras ocasións, en períodos de recesión económica, todas as Administracións Públicas temos que asumir a nosa  responsabilidade e achegar solucións ós problemas económicos e socias que se derivan. Dende o Estado, dende a CC.AA e dende o Municipio, e en función das nosas competencias, os gobernos temos a obriga de arbitrar medidas para paliar os efectos da crise e contribuir a impulsar a economía.

O principal problema que ten Cambre é o elevado nivel de paro, e o Concello debe realizar todos os esforzos para paliar dita lacra na medida das súas posibilidades. A esto temos que engadirlle a precaria situación na que se atopa a brigada de obras do concello, en relación a falta de persoal e recursos  para realizar os múltiples traballos derivados  desa concellería, unha situación que se está facendo insostible.

Segundo distintas fontes, o Ministerio de Facenda e as entidades locais acordaron, na reunión celebrada o día 16 de abril de 2013, no seo da Comisión Nacional da Administración Local, permitir aos Concellos, que rexistraran  superávit o pasado exercicio, destinar este remanente a gasto corrente e investimento. O acordo contempla a modificación do artigo 32 da Lei de Estabilidade Presupuestaria, onde se contempla que "o superávit destinarase a reducir endeudamiento" para permitir destinar o superavit a gasto corrente e investimentos.

Este é o obxectivo principal que suscita o Grupo Municipal de Esquerda Unida, crear emprego, por encima de calquera outra cousa, e por tanto, do déficit e a débeda. Para salvar ás persoas e non aos bancos, débense destinar todos os recursos posibles a plans que palien a situación de desemprego que están sufrindo 2.341 veciñ@s do municipio, onde 998, e decir o 40%, levan mais de un ano no paro. Xa non deben existir escusas, nin de leis nin de vontade política, para non poñer a disposición dos plans sociais de emprego parte desta cantidade económica para este ano 2013. Non é de recibo que se destine este diñeiro a amortizar débeda cando é moito máis urxente a situación de precariedad e pobreza que sofren miles de traballador@s.

Concellos como o de Huesca e administracións como a Diputación de Zamora, Huelva e Sevilla, entre outras, declararon que van destinar o superávit para gasto corrente e investimentos co fin de crear emprego.

É o momento de afrontar medidas de calado e valentes, que cheguen de verdade ao cidadán e que reviertan nestes, a través de plans sociolaborais que flúan en dúas direccións, a de crear emprego e a de mellorar o municipio en aspectos que beneficien a todos e todas.


POLO EXPOSTO, O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:


PRIMEIRO.- Que por parte do Goberno municipal, se estudie a posibilidade dentro dos cauces legalmente establecidos para destinar  unha cantidade   do remanente da Liquidación do Orzamento Municipal de 2012, que segundo estimación do servizo de Intervención Municipal ascende a 446.141 euros  para plans sociolaborais de emprego, co fin  de contratar con estes plans ao maior número posible de veciños e veciñas do municipio en situación de desemprego, prioritariamente aos de longa duración.


 ROGOS:


1.-  O PXOM e un  documento imprescindible para o futuro desenrolo do noso concello que vai camiño a eternizarse, dende a última xuntanza cos técnicos do concello e responsables do Goberno,  quedou manifestamente claro o incumprimento por parte da empresa redactora respecto os prazos e irregularidades existentes na súa elaboración. O noso Grupo municipal solicitou  nos facilitaran por escrito os problemas existentes. Transcurridos case tres meses da dita xuntanza, seguimos sin información sobre o retraso na elaboración, e das posibles consecuencias que poden producirse no noso concello, derivadas de non ter  aprobado o documento da planificación urbanística na presente lexislatura.

-Polo exposto, PREGAMOS nos informen da situación actual, e nos facilite por escrito a documentación requerida polo noso Grupo na xuntanza do pasado 22 de abril, respecto o PXOM.

2.- No pasado Pleno do mes de Abril, o noso Grupo Municipal, preguntou sobre a adhesión do Concello de Cambre á iniciativa levada a cabo por un tercio dos Concellos galegos que decidiron denunciar as irregularidades na facturación das compañías eléctricas.

O Concelleiro responsable contestou que o Concello de Cambre non detectou anomalías que o levaran a participar nesta iniciativa. Coidamos que aínda que na facturación non existan anomalías, podemos considerar como unha irregularidade, por exemplo a existencia de varios puntos de suministro que non teñen contador, polo que a compañía factura unha estimación, que non pode ser realizada en base a datos reales.

O noso Grupo Municipal coida que esta é unha moi boa oportunidade para regularizar a situación dos suministros eléctricos do concello.
En base ó anteriormente exposto o noso Grupo Municipal PREGA:

-Que se nos informe sobre os motivos polos que o Concello de Cambre fixo caso omiso á comunicación que enviou a FEGAMP a tódolos Concellos para que denunciaramos irregularidades como a exposta das estimacións na facturación. Asimesmo, pregamos que reconsideren a conveniencia de adscribirse a esta iniciativa.

 3.- O pasado mes de febreiro, deron comenzo as obras de urbanización da parcela destinada a ubicar a garderia infantil no Temple. Dende o noso Grupo, temos  comprobado  unha actividade irregular  nos traballos.

-PREGAMOS nos   informen da situación actual das obras e do prazo previsto para rematar a  urbanización da parcela.


 PREGUNTAS:

3.- Segundo o acordado no convenio de colaboración entre o Concello de Cambre e LP-45 producciones e Iceberg Audiovisual SL, para a celebración do festival Brincadeira, e concretamente no punto cuarto da cláusula segunda, recóllese o reparto dos ingresos xerados polo festival.

-¿Poden informarnos cantos pagos e de canto importe e en qué datas, temos recibido no Concello, por parte das entidades organizadoras do Festival?

2.- Sendo conscientes que o PARO é un dos problemas mais importantes do concello, dende o GDR Mariñas-Betanzos realizaronse unhas xornadas de “Oportunidades de Emprendemento con Productos Locais”. A mencionada asociación, ten entre outras a finalidade de promover o desenvolvemento rural en dito territorio do que forma parte o noso concello.

-¿Pode informarnos  da incidencia que pode producir esta iniciativa para a xeración de emprego e crecemento socioeconómico do noso concello ?

3.- Tras a aprobación dos orzamentos, e tendo xa o informe técnico sobre o sentido da circulación da Rúa Estanque de Abaixo e colindantes, o noso Grupo Municipal PREGUNTA:

-¿Pode o Concelleiro responsable informarnos sobre como vai a quedar o sentido do tráfico e para cando están previstas as actuacións conducentes a reordenación viaria desas rúas?

  

 COMISIÓN INFORMATIVA DE SEGURIDADE CIDADÁ, MOBILIDADE, CULTURA E TURISMO

ROGOS:

1.- Unha documentación que consideramos importante e que deberiamos ter como Grupo da oposición, son as memorias  e informes anuais da Policia Local, que teñen como destino as respectivas concellerías ou departamentos do concello. Co fin   valorar a situación, tendo en conta  que os grupos da oposición non forman parte da Xunta Local de Seguridade  e descoñecemos datos importantes que como representantes veciñais nos corresponden.

-PREGAMOS nos faciliten a documentación relativa das ditas Memorias elaboradas pola Policía local.

2.- A escasos dous meses para a celebración das festas de Santa Maria en Cambre, non temos coñecemento da programación das mesmas.

-PREGAMOS  nos informe da programación de ditas festas así como o cartel do festival  Rock in Cambre.



 COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO

ROGOS:

1.-  Na rúa dos Templarios (Paseo Marítimo), nas inmediacións dunha tapa de sumidoiros, existe un fundimento do seu firme que pode provocar accidentes.

-PREGAMOS procedan a súa reparación.

2.- Na estrada do Drozo a Estorrentada, a altura do número 34, o concello ten instalado un espello de seguridade, co fin de facilitar  maior visualización para  o acceso dos vehiculos o dito vial, e reforzar as medidas preventivas  os conductores.  Tendo en conta a rotura do propio espello PREGAMOS se repoña novamente.


 COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO

PREGUNTAS:

1.- A case totalidade dos camiños do concello atópanse en lamentables condicións para a circulación rodada e peonil, motivado a abundante maleza que os invade influindo na visibilidade, incrementando o perigo de accidentes, e tamén o risco de incendios.

-¿Que actuacións  ten previstas o goberno local respecto da roza e acondicionamento nestas infraestruturas de titularidade municipal?

2.- Dende o noso Grupo municipal e os propios veciños do lugar, temos plantexado en varias ocasións, os problemas existentes  na rúa Freixo, por encontrarse parcialmente cuberto polas ramas das árbores colindantes, creando unha especie de tunel natural sin alumeado público, provocando dificultades os veciñ@s tanto na circulación rodada como peonil no acceso as súas vivendas, Transcurrido mais de un ano, non se fixo ningunha actuación para solucionar o problema,  a pesar das promesas do concelleiro responsable.

-Polo exposto plantexamos a seguinte PREGUNTA:

¿Ten previsto o Goberno algún proxecto de actuación, co fin de correxir o problema polas carencias mencionadas no acceso a  rúa Freixo na parroquia de Cela?


                                                  Xuño 2013

                                       Asdo: Grupo Municipal

No hay comentarios: