Benquerida compañeira/o:
Na cidade da
Coruña somos moitas as persoas e colectivos que por defendermos dereitos como o
da liberdade de expresión, de manifestación, ou o dereito á saúde e educación
pública e de calidade, á vivenda, etc., estamos a sufrir o aumento da
intensidade na vixilancia policial e a criminalización durante as accións de
protesta e actuacións comunitarias –chegando mesmo á prohibición-,
acosadas/os por unha violenta presenza policial en moitas das protestas convocadas,
así coma tendo que sufrir a práctica de identificacións “aleatorias” das
persoas que participamos nas mobilizacións e, nos últimos tempos, á constante
chegada de propostas de sanción por participar en mobilizacións cidadás.
A ninguén se lle
escapa que, aliás do desgaste económico, o obxectivo fundamental deste
hostigamento constante e propostas de sanción é disuadir á cidadanía para
que non se mobilice, non vaia a ser que nos saia ben, como pasou co caso de
Aurelia…
Agardamos poder contar contigo e agradecémoste de antemán a difusión desta
convocatoria.
Vémonos o vindeiro XOVES 11 DE XULLO ás 20.00hrs. no OBELISCO (A CORUÑA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario