INICIATIVAS PRESENTADAS O PLENO MUNICIPAL E COMISIÓNS INFORMATIVAS DO MES DE XULLO
ROGOS:
1.- O noso Grupo ten denunciado as deficiencias existentes nas
instalacións deportivo-culturais de
Meixigo, e as consecuencias negativas
para realizar as actividades nas
mellores condicións de seguridade. Transcurridos varios meses non temos
coñecemento da adopción de medidas para
dar solución o problema.
-PREGAMOS nos informen da situación respecto o problema.
2.- Nas inmediacións dun espacio público na Barcala existen varios postes de
formigón que soportan cables e outros
elementos eléctricos , semellando non
cumprir ningunha función o encontrase
fora de servizo.
-Tendo en conta que o impacto visual e a
estética non é a mellor nunha zona de espallamento. PREGAMOS se realicen as
xestións necesarias e se proceda a eliminación das mencionadas estructuras.
3.- Foron varios os veciños, sobre todo persoas maiores,
que nos solicitaron dende hai tempo, a conveniencia de ubicar un Sanitario
Ecolóxico Portátil no Parque Ramòn Barba no Temple. Son moitos os usuarios que
gozan deste parque natural moi ben ubicado e, a instalación deste servizo,
suporía unha mellora considerable no uso do parque.
PREGAMOS: Se
instale un Sanitario Portátil Ecolóxico no Parque Ramón Barba.
PREGUNTAS:
1.- Na Xunta de Goberno Local do pasado 27 de maio, informouse dunha Orde
da Consellería de Economía e Industria, pola que se establecen as bases para a
concesión de axudas para o soterramento de infraestructuras eléctricas,
cofinanciadas con fondos FEDER.
-¿Ten
o Goberno de Cambre presentado algún proxecto para este fin?
2.- Ante as iniciativas plenarias presentadas polo noso
Grupo municipal en relación a seguridade
vial no concello, e o risco permanente a que están sometidos os veciñ@s por non existir lugares axeitados e sinalizados para poder
atravesar as estradas, poñendo de manifesto a situación de indefesión dos
cidadáns no desenrolo das súas actividades diarias . O noso Grupo PREGUNTA:
-¿Que xestións ten feito o concello para dotar de
pasos de peóns a estrada AC-213, no lugar do Souto en Sigrás?
3.- Aprobado o orzamento
municipal para o ano 2013, e ante as promesas e compromisos do responsable da área,
respecto as deficiencias en materia de seguridade e protección na contorna da
praza Manuel Lugrís, onde se produciron distintos accidentes de nen@s que
frecuentan o lugar.
-¿Poden informarnos das razóns da demora e cumprimento do compromiso
adquirido polo goberno para instalar as medidas preventivas de seguridade en
dita praza, e que determinación pensan tomar en relación co problema?
En CAMBRE, a 13 de xullo de 2013
Asdo: Grupo Municipal de "EU"
COMISIÓN
INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO
ROGOS:
1.- O Grupo
Municipal de EU xa ten plantexado en diversas ocasións o perigo que supón a
ausencia de alumeado en distintos
lugares do concello. En este caso queremos denunciar a falta total de
iluminación axeitada na glorieta do
Paraguas no (Temple), unha das zonas de
maior tráfico rodado do concello e gran confluencia de persoas e que nos
últimos tempos permanece totalmente a oscuras, incumplindo as normas de
seguridade
-PREGAMOS se tomen as medidas axeitadas para repoñer
o servizo de alumeado na devandita rotonda e do mesmo xeito na rúa dos Templarios, carente tamén de iluminación.
2.- Ante as múltiples queixas dos veciñ@s en
relación a limpeza de contenedores de RSU, e o valeirado dos recipientes do
vidrio, PREGAMOS nos informen da frecuencia de dita limpeza e recollida dos
contenedores de vidrio, efectuada pola empresa responsable.
En CAMBRE, a 13 de xullo de 2013
Asdo: Grupo Municipal
Asdo: Grupo Municipal
No hay comentarios:
Publicar un comentario