sábado, 31 de agosto de 2013






NOTA INFORMATIVA (Valoración Vía Artabra)


O Grupo municipal de EU, fai unha valoración negativa  das recentes noticias sobre a paralización da segunda fase  da Via Artabra, concretamente o seu enlace coa autoestrada AP-9, e asúa continuidade ata a AP-6.

A paralización desta  infraestructura,  resulta contraria as alegacións presentadas polo conxunto dos Grupos municipais da Corporación en xuño do 2008 (Alegación ao “proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da obra: Vía Ártabra. Treito: AC-221 (polígono de Cambre) - autoestrada AP9 - autovía A6.”),   rectificados  na presente lexislatura nunha Moción presentada polos Grupos da oposición. Tamén coas reclamacións plantexadas polo Consorcio das Mariñas, sobre a planificación viaria metropolitana.

A decisión da Xunta de Galicia, obedece según criterio da nosa organización, a intereses que pouco ou nada teñen que ver cos intereses dos cidadáns da área metropolitana en xeral e cos veciñ@s de Cambre en particular. O Goberno municipal  debe implicarse cos problemas  derivados da construcción da nova infraestructura, sen que iso supoña de ningún xeito opoñerse ou ostaculizar a obra que se vai realizar. O papel do concello entende o noso Grupo, debe ser o de contribuir a que se dea un verdadeiro equilibrio entre os intereses, por un lado, da construcción dunha obra pública que trata de beneficiar os cidadadáns e á económia da zona en xeral, e, por outra, a que os intereses concretos dos veciñ@s de Cambre afectados por isa obra sexan defendidos e respetados ó máximo.

A mencionada infraestructura, debe ser unha  das alternativas a ter en conta para contribuir no Plan de Mobilidade na área Metropolitana, para evitar os continuos atascos na circulación a que está sometidas as estradas convencionais.

EU mostrase preocupada pola transcendencia e importancia que supón está decisión e seguirán na súa loita en defensa do trazado aprobado, co fin de mellorar os servizos e comunicacións no concello e no conxunto da área metropolitana.


                            

                                Asdo: Grupo Municipal de EU de Cambre

domingo, 11 de agosto de 2013

Cambre

EU exige que se incrementen los sanitarios en lugares público del Concello de Cambre

Proponen la elaboración de un estudio que analice las necesidades del municipio


El grupo municipal de EU solicita al gobierno local que se incremente el número de baños públicos portátiles en el municipio sobre todo cuando se celebre algún acontecimiento importante con previsión de afluencia masiva de personas, como dicen, fue el Rock in Cambre. «A falta de previsión do goberno provocou que parques e rúas evidenciaran a carencia destes elementos, mostrando unha imaxen que non é propia nin a mais adecuada para o concello de Cambre», señalan desde el grupo municipal. En este sentido, EU propone que se elabore un estudios que analice las necesidades del municipio, en cuanto al número de unidades, ubicación, características y posibles modelos de gestión de aseos públicos, e que a partir de ahí se ponga en marcha un plan para dotar al Concello de una red de aseos púbicos, donde una parte de los mismso estén adaptados a personas con discapacidad.

sábado, 10 de agosto de 2013





DOTACIÓN DE SERVIZOS SANITARIOS EN LUGARES
PÚBLICOS DO CONCELLO.


O Grupo Municipal de EU der Cambre, solicita o Goberno incrementen  o número  de baños públicos portátiles, onde poidan acudir os cidadáns   en caso de necesidade, sobre todo cando teña lugar algún acontecemento importante con previsión de afluencia masiva de persoas, como foi o caso do Rock in Cambre, onde a falta de previsión do Goberno provocou que parques e rúas evidenciaran a carencia destes elementos, mostrando unha imaxen que non é propia nin a mais adecuada para o concello de Cambre.


EU propon que se elabore un estudio que analice as necesidades do municipio, en canto ao número de unidades, ubicación, características e posibles modelos de xestión de aseos públicos, e que do dito estudio se elabore e poña en marcha un Plan para dotar o concello de  de unha rede de aseos públicos, onde unha parte dos mesmos deben estar  adaptados as persoas con discapacidade.

EU   considera que a existencia de baños en espacios públicos, debe  constituir un dereito de todos os ciudadáns, polo que a nosa organización  solicita a instalación destas infraestructuras en diferentes puntos do concello onde sexan necesarios, así mesmo  procedan a dotar provisionalmente os lugares públicos onde se desenrolan as festas nas diversas parroquias.

Non é infrecuente contemplar nas áreas urbáns do concello como lugares utilizados polos cativos, coma zonas de xogo e recreo, son tamén simultaneamente puntos usados como evacuatorios das necesidades fisiolóxicas.  Non é esto un problema de educación (que evidentemente sí o é en moitos casos) senón que tamén hai que ter en conta as necesidades das persoas, e dotar   de servizos  ecolóxicos portátiles nos lugares de afluencia de persoas.

Esta proposta ven motivada polas numerosas queixas recibidas polos concelleiros de EU ante a carencia destes servizos, o que supón un verdadeiro problema, especialmente para  maiores, mulleres embrazadas,  colectivos que traballan na rúa, etc.

                             Asdo: Grupo Municipal de “EU” de Cambre