sábado, 31 de agosto de 2013






NOTA INFORMATIVA (Valoración Vía Artabra)


O Grupo municipal de EU, fai unha valoración negativa  das recentes noticias sobre a paralización da segunda fase  da Via Artabra, concretamente o seu enlace coa autoestrada AP-9, e asúa continuidade ata a AP-6.

A paralización desta  infraestructura,  resulta contraria as alegacións presentadas polo conxunto dos Grupos municipais da Corporación en xuño do 2008 (Alegación ao “proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da obra: Vía Ártabra. Treito: AC-221 (polígono de Cambre) - autoestrada AP9 - autovía A6.”),   rectificados  na presente lexislatura nunha Moción presentada polos Grupos da oposición. Tamén coas reclamacións plantexadas polo Consorcio das Mariñas, sobre a planificación viaria metropolitana.

A decisión da Xunta de Galicia, obedece según criterio da nosa organización, a intereses que pouco ou nada teñen que ver cos intereses dos cidadáns da área metropolitana en xeral e cos veciñ@s de Cambre en particular. O Goberno municipal  debe implicarse cos problemas  derivados da construcción da nova infraestructura, sen que iso supoña de ningún xeito opoñerse ou ostaculizar a obra que se vai realizar. O papel do concello entende o noso Grupo, debe ser o de contribuir a que se dea un verdadeiro equilibrio entre os intereses, por un lado, da construcción dunha obra pública que trata de beneficiar os cidadadáns e á económia da zona en xeral, e, por outra, a que os intereses concretos dos veciñ@s de Cambre afectados por isa obra sexan defendidos e respetados ó máximo.

A mencionada infraestructura, debe ser unha  das alternativas a ter en conta para contribuir no Plan de Mobilidade na área Metropolitana, para evitar os continuos atascos na circulación a que está sometidas as estradas convencionais.

EU mostrase preocupada pola transcendencia e importancia que supón está decisión e seguirán na súa loita en defensa do trazado aprobado, co fin de mellorar os servizos e comunicacións no concello e no conxunto da área metropolitana.


                            

                                Asdo: Grupo Municipal de EU de Cambre

No hay comentarios: