INICIATIVAS PRESENTADAS AS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO ORDINARIO DO DIA 5 DE SETEMBRO, CORRESPONDENTE AS SESIÓNS ORDINARIAS DO MES DE AGOSTO
MOCIÓN DE SOLIDARIDADE COAS
TRABALLADORAS E TRABALLADORES DA PLANTA DE NOSTIÁN
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS
O pasado 28 de xullo os traballadores e
traballadoras da empresa privada Albada víronse abocados a comezar unha folga
para defender os seus dereitos laborais, debido as condicións numantinas que a
concesionaria do servizo de tratamento de refugallos pretendía aplicarlles aproveitando a lesiva reforma laboral
aprobada polo PP.
Albada, unha UTE na que participa Urbaser,
empresa que obtivo millóns de beneficios
e pertence á multinacional ACS de Florentino Pérez, pretende extorsionar
aos seus traballadores e traballadoras reducindo un 25% o seu salario e incrementado
a xornada de traballo en tres hora e media.
A concesionaria, cando precisamente máis está
a cobrar máis que anos anteriores, polo canon argumenta a súa extravagante
proposta en que se reduce a súa carga de traballo debido a unha insignificante
redución do lixo producido pola cidadanía por mor da crise.
Peregrino argumento da avariciosa empresa,
porque o nivel de reciclaxe do lixo nunca estivo a altura do canon que o
concello está a pagar.
Este ataque frontal aos traballadores por
parte da concesionaria, coincide coa drástica e decidida política de redución
de persoal o que ven a demostrar a súa intención de desmantelar o servizo de
reciclaxe de refugallos, para converter Nostián nunha planta de transferencia
de lixo. Así no último ano o cadro de persoal descendeu dende prácticamente 130
traballadores e traballadoras a 106, entre os 11 despedimentos, finalización de
contratos, non renovacións ou falta de cobertura nas baixas. Agora coa
intención de incrementar o horario dos traballadores pretende o despedimentos
de outros 18 empregados, si xa non se reciclaba adecuadamente coa eliminación
de postos de traballo a reciclaxe será mínima.
O Concello, como subministrador final do
servizo á cidadanía xa que está obrigado legalmente a desenvolvelo, ten suficientes
argumentos xurídicos para intervir no conflito e evitar que se manteña esta
situación que prexudica fondamente á cidadanía. Os poderes públicos deben pular
por asegurar a calidade medioambiental do servizo de tratamento de refugallos,
así como preservar o emprego por riba dos intereses empresariais.
Non debemos esquecer que este é un servizo
público pagado con cartos de todos e todas do que a empresa concesionaria está
a obter beneficio.
Diante dunha folga que está a provocar graves
molestias á veciñanza, provocada pola avaricia da concesionaria que pretende
recortar dun plumazo unha cuarta parte do salario dos seus traballadores e
traballadoras, incrementarlles a xornada laboral e despedir a máis
traballadores dos 11 que xa despediu neste ano, Esquerda Unida propón os
seguintes ACORDOS:
Primeiro.- O Pleno do Concello de Cambre insta ao
goberno municipal a non pagar o canon por tratamento de refugallos durante os
días da folga pola incapacidade da concesionaria Albada para desenvolver un
nivel mínimo aceptable de reciclaxe de refugallos.
Segundo.-
O Pleno do Concello de Cambre
insta ao goberno municipal a descontar do recibo do lixo a parte correspondente
ao tratamento de refugallos durante os días que dure a folga.
Terceiro.- O Pleno do Concello de Cambre solidarízase
cos traballadores e traballadoras da planta de Nostian que levan máis dun mes
en folga loitando polos seus dereitos con dignidade e determinación.
Cuarto.- Darase conta da parte resolutiva desta moción
ao Comité de Empresa de Albada, así como as centrais sindicais participantes na
Folga Xeral do sector do lixo do 27 de agosto de 2013, CCOO, CIG, STL e UGT.
En
CAMBRE, a 30 de agosto de 2013
ROGOS:
1.- En días previos á celebración do Rock in Cambre,
dende o Gabinete de Alcaldía fíxosenos chegar a comunicación de que os
concelleiros, xunto con un acompañante, tiñamos dereito a acceder ó backstage a
aparcar no Campo da Feira e a un cátering. O Grupo Municipal de EU decidimos
non disfrutar dese dereito a cátering por coidar que comer a conta dos veciños
é unha mostra de tan mal gusto que non merece nin sequera ser comentada.
Aínda así, e co ánimo de esclarecer a
intención do goberno PREGAMOS:
-Se
nos informe das persoas que foron invitadas a este catering, cantas asistiron,
e cal foi o seu custe.
2.- Según recentes informacións en prensa, a
Feira de Cambre, voltará a celebrarse no seu emplazamento orixinal, na primeira
feira de Outubro, debido á falta de documentación dos solicitantes e a que o
volumen de solicitudes superan as prazas dispoñibles.
PREGAMOS:
-Que se nos informe sobre o emplazamento
que se lles vai a dar ós mais de 20 solicitantes que quedaron fora do reparto
das 98 prazas así como si se lle solicitou informe á Policía Local sobre o
lugar mais apropiado para dito emplazamento.
3.- A recuperación, vixilancia e mantemento do
público é unha das bases do noso Grupo Municipal, a obrigación de manter
recuperar e vixiar o noso patrimonio unha obrigación desta Corporación
A ploriferación
cada vez maior de maleza é obstáculos, fragmentan
sen dereito camiños públicos do
noso término municipal,
O caso que nos ocupa
e que traemos hoxe a este pleno, trata de un camiño que discorre entre a rúa Freande
e Pumar Méndez, considerado como vial
público nas vixentes Normas Subsidiarias de Planeamento; o camiño en cuestión
encontrase invadido pola abundante maleza
dificultando o seu uso.
-Por isto PREGAMOS o Goberno local proceda a
tomar as medidas correspondentes para proceder a súa limpeza e
acondicionamento.
PREGUNTAS
1.- O Grupo Municipal de EU ten denunciado en varias
ocasións as necesidades de baños públicos portátiles ó longo do Concello e
dotar ditos lugares con servizos ecolóxicos. Xa no mes de Xullo, concretamente,
para o parque Ramón Barba, o noso Grupo Municipal solicitara que se instalara
un servizo público portátil, debida a afluencia de persoas de avanzada idade
que frecuentan dito parque. O Concelleiro responsable indicara que nuns días
estaría instalado, e como ven sendo habitual, xa pasaron case dous meses e
segue sen instalarse.
Ante
esta situación o Grupo Municipal de EU,
PREGUNTA:
-¿Ten o Goberno intención de dotar de ditos
servizos nos lugares necesarios e van a facer un estudo para delimitar onde
serían necesarios? ¿Van a instalar no Ramón Barba un servizo público tal e como
se comprometeron e en qué data?
2.- Xa hai algún tempo o Grupo
Municipal de EU interesámosnos pola situación na que se atopaba o parque
interior da urbanización que se atopa a altura do número 12 da Costa da Tapia.
Dito parque correspóndese cun espazo público que, sorprendentemente, se atopa
pechado por un portal que impide o paso a calquera veciño/a alleo á
urbanización. Neste intre este espazo atópase en obras e reformas, supoñemos
que para mellorar ou eliminar algunhas deficiencias detectadas.
Ante
esta situación o noso GM, PREGUNTA:
-¿Ten coñecemento o Goberno da realización
desta obra? De ser así, ¿Podería informarnos en que consiste, quen a executa e
quen se fai cargo dos custes da mesma, e por suposto, cando poderán os veciños
da Tapia desfrutar deste espazo público?
É
un obxectivo político de Esquerda Unida a posta en funcionameto do RPC que impulse o asociacionismo a participación social e a profundización e fortalecimiento das estruturas democráticas,
sendo a intención do noso Grupo Municipal potenciar a creación e funcionamento dos
Consellos Sectoriales, tal e como están establecidos nos artigos 130 e 131 do
Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades
locais e no RPC aprobado polo pleno do concello.
En
base o exposto Unha vez mais PREGUNTAMOS:
-¿Qué
medidas ten tomado o Goberno para facer efectiva a democracia
participativa, según o contemplado no RPC, aprobado no ano 2011?
COMISIÓN
INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS URBANISMO
ROGOS:
1.- A recuperación, vixilancia e mantemento do público
é unha das bases do noso Grupo Municipal, a obrigación de manter recuperar e
vixiar o noso patrimonio unha obrigación desta Corporación
A ploriferación cada vez
maior de maleza é obstáculos, fragmentan
sen dereito camiños públicos do
noso término municipal,
O caso que nos ocupa e que traemos hoxe a
este pleno, trata de un camiño que discorre entre a rúa Freande e Pumar
Méndez, considerado como vial público
nas vixentes Normas Subsidiarias de Planeamento; o camiño en cuestión
encontrase invadido pola abundante maleza
dificultando o seu uso.
-Por isto PREGAMOS o Goberno local proceda a tomar as
medidas correspondentes para proceder a súa limpeza e acondicionamento.
COMISIÓN
INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS URBANISMO
PREGUNTAS:
1.- Ante as distintas denuncias presentadas polos veciños da rúa Travesía
da Coutelana nº 1, en relación as graves molestias provocadas pola actividade
da panadería situada no baixo do edificio, e sendo unha competencia do concello
defender o dereito dos cidadáns a unha convivencia tranquila e por conseguinte
aplicar as Ordenanzas municipais e
Lexislación vixente:
-O Grupo municipal de Esquerda Unida PREGUNTA
que medida ou medidas se teñen tomado para dar solución o problema.
2.- Según informacións dos medios de comunicación, a
Xunta de Galicia pretende deixar sin efecto a continuidade da Vía Artabra dende
a autoestrada AP-9 ata a autovía A-6, a paralización desta infraestructura, resulta contraria os intereses colectivos da
nosa Comarca e choca frontalmente
coas alegacións presentadas polo conxunto dos
Grupos municipais da Corporación en xuño do 2008 (Alegación ao “proxecto
de trazado e estudo de impacto ambiental da obra: Vía Ártabra. Treito: AC-221
(polígono de Cambre) - autoestrada AP9 - autovía A6.”), rectificados na presente
lexislatura nunha Moción presentada polos Grupos da oposición. Tamén coas reclamacións plantexadas polo
Consorcio das Mariñas, sobre a planificación viaria metropolitana.
A decisión da Xunta de Galicia, obedece según criterio da nosa
organización, a intereses que pouco ou nada teñen que ver cos intereses dos
cidadáns da área metropolitana en xeral e cos veciñ@s de Cambre en particular.
O Goberno municipal debe implicarse cos
problemas derivados da construcción da
nova infraestructura, o papel do
concello entende o noso Grupo, debe ser o de contribuir a que se dea un verdadeiro
equilibrio entre os intereses, por un lado, da construcción dunha obra pública
que trata de beneficiar os cidadadáns e á económia da zona en xeral, e, por
outra, a que os intereses concretos dos veciñ@s de Cambre afectados por isa
obra sexan defendidos e respetados ó máximo.
EU mostrase preocupada pola transcendencia e importancia que supón está
decisión, polo que presentamos a seguinte PREGUNTA:
-¿Pode informarnos o Sr. Alcalde
sobre da situación actual do proxecto de construcción da Vía artabra?
COMISIÓN
INFORMATIVA DE EDUCACIÓN, DEPORTES, XUVENTUDE E BENESTAR SOCIAL.
PREGUNTAS:
1.- En varias ocasións, O noso
Grupo municipal ten plantexado a carencia na sinalización nas instalacións
deportivas de titularidade pública do concello. A pesar do tempo transcurrido e das promesas dos
responsables do goberno, na actualidade
ainda non se procedeu a dar cumprimento o solicitado.
Unha vez mais EU pon de manifesto o abandono dos responsables do Goberno
no cumplimento do seu deber, o ser este un problema de competencia municipal, e
unha necesidade importante, demandada
pola cidadanía.
-¿Pode informarnos o
responsable cando teñen previsto a instalación de carteis informativos
indicando as instalacións deportivas que
carecen das mesmas?
En CAMBRE, a 31 de agosto de 2013
Asdo: O Voceiro
do Grupo
No hay comentarios:
Publicar un comentario