miércoles, 25 de septiembre de 2013

Continua privatización da sanidade

Correo-eImprimirPDF
Novo paso cara a privatización da sanidade pública coa contratación da Plataforma para a teleasistencia sanitaria. 
Alternativa Galega de Esquerda denuncia o novo paso que a Xunta de Galicia acaba de dar cara a privatización da sanidade púbica coa contratación para a elaboración dunha plataforma tectnolóxica de asistencia a domicilio de doentes por vía telemática. Esta contratación por unha banda que consultas de atención promaria e especializada se vaian suplir por unha consulta ao traverso de medios informáticos, incompatibles cunha correcta anamnese e, por outra, implica unha nova contratación con empresas privadas para a proporción de servizos sanitarios.
Os deputados de AGE consideran que os medios sanitarios telemáticos poden ser importantes é útiles como complemento dos servizos sanitarios, pero nunca deben ser empregados como sustituto. As e os doentes precisan ser escoitados e explorados en persoa para unha correcta anamnese e unha adecuada relación co profesional sanitario, semella unha tolemia domiciliaria de primaria e especializada. De realizarse esta sustitución ao único ao que favorecería sería aos recortes en materia de sanidade pública, precisando menos persoal para os servizos.
Paralelamente suporía que as grandes empresas continuasen a absorber parte da atención sanitaria no noso país, continuando coa sangría privatizadora que xa de inicio e somentes neste proxecto vai supor un gasto de preto de 2,5 millóns de euros que deberán investirse en cubrir as vacante do persoal e facer máis contratacións para manter e mellorar a calidade asistencial , moi perxudicada dende o inicio dos recortes.
Por outra banda, semella algo fantasioso pretender o acceso a estes medios telemáticos nas condicións económicas, sociais e de acceso ás novas tecnoloxás, en todo o país, pero sobor de todo, no rural galego.

No hay comentarios: