domingo, 3 de noviembre de 2013





INICIATIVAS PRESENTADASO PLENO MUNICIPAL E COMISIÓNS INFORMATIVAS CORRESPONDENTES O MES DE OUTUBRO

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA SOBRE O COPAGO DE MEDICAMENTOS PARA ENFERMIDADES GRAVES E CRÓNICAS.

Exposición de motivos:

Recentemente  o Ministerio de Sanidade decidiu establecer un sistema de copago dalgúns medicamentos para doentes crónicos con tratamentos complexos que ata agora se daban de forma gratuita polo sistema público de saúde. O Goberno de Cambre e o conxunto da Corporación, non podemos ser alleos a unha medida que afonda no sufrimento dos mais necesitados na cobertura sanitaria.
Unha medida que  nin foi previamente anunciada, nin se explicou na campaña electoral por parte do PP. Unha medida imposta desde o Goberno Central, que pon en dúbida as vidas de miles de persoas e pon prezo a súa cura.

Polo seu significado, e tamén polo seu custo, estamos ante un dos recortes máis crueis que pode facer un goberno que di ser representante dos cidadáns, e debe velar polo benestar dos mesmos e asegurar determinados dereitos, recollidos na Constitucion Española e na Carta dos Dereitos Humanos.

Protexer a saúde das persoas debe ser o principio máis básico inviolable e inquebrantable  dos gobernantes.

Facer pagar a un enfermo de artritis, ou de cancro parte do seu medicación, independientemente do custo que supoña, é traspasar a liña do respecto á persoa como ser humano. Facer pagar a un enfermo crónico para acceder a un medicamento para poder seguir vivindo é unha acción deleznable e demostra un ensañamiento cara aos débiles e nunca  vistas nos case 40 anos de democracia. Facer pagar a un doente parte das súas medicinas mentres meses antes este mesmo goberno realiza un amnistía fiscal, ou dá 30.000 millóns para sanear aos bancos, parecenos inmoral e merece unha resposta cidadá e institucional.


POR TODO O EXPOSTO, O GRUPO  MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- O Concello de Cambre rexeita estas medidas de copago sanitario, e emplaza ao Ministerio de Sanidade á súa retirada inmediata.

SEGUNDO.- O concello de Cambre comprométese a destinar unha cantidade de diñeiro, que se determinará próximamente para axudar ás persoas con este tipo de tratamentos, de modo que a  sua  cura non supoña ningún gasto económico de tipo  persoal.

TERCEIRO.- Instar á Diputación Provincial de A Coruña, a Xunta de Galicia  e o Consorcio das Mariñas a que realicen pronunciamientos de rexeitamento sobre esta proposta do Ministerio de Sanidade.

CUARTO.- Dar traslado deste acordo aos distintos grupos parlamentarios das Cortes Xerais, e da Xunta de Galicia, así como á Consellería de Sanidade , o Ministerio de Sanidade,  o Centro de Saúde de Cambre e Temple .

                             
                                        ROGOS:

1.- As instalacións  de correos en Cambre, foron trasladadas de lugar, dispoñendo o concello  do espazo para a sua utilización.

O concello de Cambre como titular do inmoble donde se viñan prestando os servizos, ten  o deber de articular os mecanismos necesarios que permitan a repercusión de estas instalacions para o municipio e os seus veciñ@s, por esto PREGAMOS nos informen, que uso ten na actualiade ou si existe algún proxecto  para reutilizar e aproveitar o antiguo local para fins sociais en beneficio da comunidade.

2.- A oficialización da toponímia dos lugares e rúas do concello  ten sido motivo de contraversia e discrepancias entre os veciñ@s e na propia Corporación. A toponímia trata de oficializar os nomes con que a xente se sinta cómoda e  se recoñeza nos mesmos  sobre todo evitar crispacións, procedendo co maior acordo e consenso posible.

O noso Grupo ten comprobado como se cambian nomes de lugares ou rúas que para nada semellan a sua orixen ou denominación existente a través de moitos anos, creando confusións e non poucos problemas a veciñanza.

Resulta preciso suliñar a importancia que ten a recuperación das denominacións, como garante dunha parte fundamental da nosa historia e do seu coñecemento no futuro.

-Por esto PREGAMOS que ante a ausencia dunha  ordenanza para tal efecto, calqueira cambio ou rotulación que se produzca dentro do noso termino municipal, se realice tendo en conta alo menos os seguintes criterios:

1) A toponímia tradicional, que é un patrimonio cultural local

2) O sentir común dos residentes tradicionais.

3) A funcionalidade e claridade das denominacións


3.- Os concellos teñen competencias sobre a ordenación e control do tráfico rodado nas vías urbanas, sendo os responsables de instalar señais e marcas viais axeitadas nas mellores condicións de seguridade para a circulación e o seu control.

Tendo en conta a negativa do responsable de servizos en instalar un espello de seguridad no soporte dunha estructura existente no vial da Estorrentada, co fin de facilitar a circulación nas mellores condicións.

-O Grupo de Esquerda Unida PREGA o Goberno solicite a elaboración dun informe por parte dos servizos técnicos e policia local, sobre a necesidade ou non, de repoñer dito espello.


 PREGUNTAS:


1.- O noso Grupo municipal o longo da lexislatura ten presentado distintas iniciativas para contribuir a paliar as consecuencias negativas que están a sufrir os cambres@s, derivado da lacra social do desemprego. Tendo en conta a situación de desamparo e dos dramas sociais existentes dos que non está exenta unha boa parte dos veciñ@s de Cambre, onde na actualidade existen 2.185 persoas en situación de desemprego; no pleno do mes de septembro de 2012 o noso Grupo facía un ROGO, solicitando   un informe sobre a legalidade de incluir no proceso de adxudicación das obras financiadas con recursos públicos, unha condicción (como mellora) que favorezca a contratación dos desempregad@s empadronados na nosa localidade, co propósito de favorecer, na medida do posible, a sua contratación establecendo nos Pregos de Prescripcións Técnicas dita condición, ben como requisito ou como mérito avaliable preferentemente.

-Transcurrido mais de un ano, pode informarnos o Sr. Alcalde sobre esta cuestión?

2.- Un informe económico financieiro  realizado por técnicos do concello no ano 2008, poñía de manifesto os problemas derivados sobre o suministro e xestión da auga en Cambre, onde existía un deficit económico de aproximadamente 300.000 euros por ano, resultando que no concello se estaban perdendo 400.000 metros cubicos  de auga que o concello non cobra, pero sí ten que abonar a   EMALCSA co diñeiro dos contribuintes de Cambre, motivado a posibles fugas ou fraudes.

-Por esto o Grupo de EU PREGUNTA sobre  a situación actual respecto o problema da auga no concello.

3.- Sendo o concello o encargado de regular e ordenar os usos das vías públicas urbanas, facendo compatible  e funcional a distribución dos aparcamentos entre os usuarios coa necesaria  fluidez do tráfico rodado, adoptando medidas para evitar lesións as persoas e danos as propiedades, o noso Grupo ten SOLICITADO un estudo-informe sobre a sinalización horizontal e organización do aparcamento na na rúa Gonzalez Garcés, na confluencia coa rúa Sisto.

-Transcurrido mais de un ano, poden informarnos da situación respecto o tema plantexado.


                                
COMISIÓN INFORMATIVA DE RÉXIME INTERIOR, ECONOMÍA E FACENDA

PREGUNTA
 
 
1.- Poden informarnos si existe algunha petición ou expediente  no concello para a instalación de algunha superficie comercial?

COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO

ROGOS

1.- Recentemente o  Consorcio das Mariñas procedeu a instalación de novos contenedores para a recollida órganica do lixo en varios lugares do concello. Un dos obxectivos, son as posibles ventaxas para a comodidade no uso para os veciños.

Nas rúas Padre Feijoo e Manuel Cobas, según parece, por motivos de adaptación dos propios recipientes e da apertura lateral   do vaciado dos camións eliminase o servizo e trasladanse os contenedores de lugar, polo que os veciños siguen depositando as bolsas na propia rúa, orixinando os conseguintes problemas.

-O noso Grupo PREGA a quen corresponda (concello ou consorcio) informen os veciñ@s afectados dos cambios realizados para proceder o deposito do lixo nos lugares acondicionados para tal fin.

 COMISIÓN INFORMATIVA DE EDUCACIÓN, DEPORTES, XUVENTUDE E BENESTAR SOCIAL

PREGUNTAS:

1.- Tendo coñecemento das carencias no deficiente mantemento pola empresa concesionaria das instalacións da piscina municipal de A Barcala, e as consecuencias derivadas do mesmo, o noso Grupo PREGUNTA:

-Qué medidas de seguridade se teñen tomado por parte do concello para garantir a actividade nas mellores condicións de uso, e as actuacións levadas a cabo respecto a empresa encargada do mantemento?




                            En CAMBRE, 26 de outubro de 2013
                  Grupo Municipal de Esquerda Unida de Cambre

No hay comentarios: