Recorte ERASMUS
Os deputados Ramón Vázquez e Xabier Ron reclaman un fondo extraordinario á consellaría e que o Goberno de Feijóo inste ao ministerio a dar marcha atrás neste novo recorte e que garanta apoio aos máis dun milleiro de estudantes galegos que quedan sen bolsa Erasmus.
Alternativa Galega de Esquerda (AGE), través dos seus deputados Ramón Vázquez e Xabier Ron, esixe que a Xunta garanta apoio a máis dun milleiro de estudantes universitarios galegos afectados pola supresión das bolsas Erasmus. A medida “inxusta e alegal” foi decretada unilateralmente e por sorpresa polo Ministerio de Educación co curso xa iniciado e anunciada onte. “A medida aplícase con carácter retroactivo e co curso xa moi avanzado”, denuncian Vázquez e Ron, “e os estudantes ven así modificadas á baixa, de súpeto, as súas condicións de vida, algo, como mínimo alegal”.
Perante este novo ataque á educación pública e aos dereitos básicos da cidadanía, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) rexistrou unha proposición non de lei (no outro documento anexo) en que reclama ao Goberno de Núñez que asegure, polo menos, “as axudas coas que o alumnado contaba para o presente curso”. “Sen as axudas programadas”, engaden os parlamentarios de AGE, “moitos estudantes terán que regresar a Galicia sen rematar o curso, pola imposibilidade de asumir os gastos”. Para Vázquez e Ron, a Consellaría de Educación debe dotarse dun fondo extraordinario “que garanta os recursos comprometidos co estudantado”.
A maiores, AGE tamén insta á Xunta a que pida ao Goberno de Mariano Rajoy a derrogación inmediata da orde ministerial que suprime as bolsas Erasmus deste curso e cese o seu camiño de destrución do ensino público e gratuíto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario