INICIATIVAS PRESENTADAS O PLENO E COMISIÓNS DO MES DE DECEMBRO
MOCION DO GRUPO MUNICIPAL DE
ESQUERDA UNIDA CONTRA A LOITA A LOITA DO VIH/SIDA.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
En España estímase que cada ano contraen o virus entre
3.500 e 4.000 persoas, afectando xa a un total de 150.000 persoas. Dos novos
diagnósticos, un 45% son tardíos, o que complica non só a posta en marcha do
protocolo sanitario senón a recuperación da propia persoa. Na actualidade,
prodúcense anualmente máis de 1.000 mortes ao longo de todo o Estado español
por enfermidades asociadas á Sida. Ademais, unhas 50.000 persoas que contraeron
o virus descoñece que o ten, supondo un terzo do total, o que aumenta as
posibilidades de infección a terceiras persoas, sendo de feito este
descoñecemento o causante de máis do 70% das novas transmisións.
Fronte ao que supón un problema de saúde pública de
primeira orde atopámonos cun recorte orzamentario na dotación do Plan Nacional
sobre a Sida dun 80%, pasando dos 4,5 millóns de euros cos que contaban as
entidades implicadas en 2011 a tan só 1 millón de euros para 2013. Esta
importante redución leva inexorablemente á desarticulación dos servizos de
atención ás persoas que viven con VIH, así como dos servizos e campañas de
prevención que viñan desenvolvendo tanto a nivel estatal, autonómico e local,
sempre baixo o paraugas do Plan Nacional sobre a Sida.
Aos recortes en prevención súmanse as carencias no control
da infección por VIH, estratexia fundamental de cara a frear a pandemia e
alcanzar o obxectivo dunha xeración sen VIH/Sida. Por unha banda exércese a
desprotección fronte ás persoas afectadas, cos riscos derivados en canto á súa
saúde e a da súa contorna, posto que fronte ao descontrol e a desinformación as
posibilidades de transmisión do virus a outras persoas increméntase
exponencialmente, o que supón un anunciado incremento na incidencia de VIH na
poboación. Cabe lembrar neste senso que os custos en tratamento sempre serán
moito maiores que os custos en prevención e control, non só nun sentido
estritamente económico, senón tamén en termos de saúde pública e calidade de
vida.
POLO EXPOPSTO O GRUPO MUNICIPAL
DE “EU” PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
1.- Solicitar ao
equipo de goberno deste Concello o desenvolvemento dunha campaña informativa de
prevención de VIH no ámbito municipal que fomente o uso do preservativo e
conciencie á poboación sobre a necesidade de facerse a proba de detección, pois
un diagnóstico precoz do VIH asegura unha mellor calidade da saúde e abarata os
custos sanitarios. Esta campaña debe ir especialmente dirixida á mocidade, así
como á poboación máis vulnerable: os homes que teñen sexo con homes (HSH), e á
poboación máis exposta, como é o caso das mulleres e homes que exercen a
prostitución.
2.- Solicitar ao
Concello o apoio e colaboración coas entidades sen ánimo de lucro que prestan
servizos ás persoas que viven con VIH afincadas no municipio, co fin de suplir
as carencias derivadas do drástico recorte de financiamento ao Plan
Multisectorial sobre a Sida.
3.- Solicitar á
Consellería de Sanidade o reforzo e promoción do Proxecto de detección precoz
do VIH, por medio das probas anónimas de detección rápida de VIH, nos centros
debidamente autorizados pola Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde
Pública. De igual maneira, que garanta a asistencia sanitaria e o acceso ao
tratamento antirretroviral a todas as persoas afectadas de VIH, incluídas as
persoas refuxiadas e inmigrantes, xa que este colectivo supón unha parte
relevante dos novos diagnósticos.
4.- Instar á
Consellería de Sanidade a que retire o copago sanitario dos fármacos de
dispensación hospitalaria, medida que repercute negativamente tamén nos
pacientes con VIH/Sida, posto que algúns destes fármacos son necesarios no
tratamento de enfermidades asociadas ao VHI/Sida. En tanto esta modificación
non é adoptada, emprázase ao Concello a adoptar as medidas que considere
oportunas para evitar unha situación de fracaso terapéutico e exclusión
socio-sanitaria daquelas persoas que non poidan asumir o copago sanitario.
5.- Solicitar ás
Consellerías de Sanidade e Educación desenvolver conxuntamente co concello un
plan de concienciación e prevención da infección do VIH nos centros sanitarios
e educativos. Devanditos plans deben facer fincapé na educación sexual das
beneficiarias, en especial as persoas novas, ao caracterizarse este como o
medio máis eficaz e económico de prevención de riscos na transmisión do VIH e
outras ITS.
6.- Emprazar á
Consellería de Sanidade a que adecúe a catalogación da infección por VIH como
enfermidade infecto-transmisible en lugar de enfermidade infecto-contaxiosa, de
cara a evitar situacións discriminatorias no acceso a bens e servizos das
persoas que viven con VIH/Sida.
7.- Dar conta deste
acordo a todas as persoas e grupos de interesados, en particular as ONGs
implicadas na loita contra o VIH/Sida.
Da presente moción darase traslado:
-Ao Goberno central (Ministerio de
Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ministerio de Educación, Ministerio do
Interior).
-Ao Goberno autonómico (Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Consellería de Sanidade,
Consellería de Traballo e Benestar)
- Ás organizacións de loita contra o
VIH/Sida e de atención ás persoas que viven co VIH, de Galicia e do concello.
ROGOS:
1.- Na sesión ordinaria do Pleno do 28 de Febreiro
aprobouse unha moción do GM de EU pola que se deberían dar, por parte do
Goberno Municipal, as ordes oportunas para publicar na Web as declaracións de
bens e actividades dos membros da Corporación Municipal. A aprobación da Moción
por unanimidade nos termos nos que foi presentada, supuña que dita publicación
tería que facerse sin mais dilación dacordo co disposto ó respecto no ROM.
Baseándonos no anteriormente exposto
PREGAMOS
Se nos informe das xestións
realizadas para a publicación das declaracións de bens e actividades dos
membros da corporación, posto que xa pasaron 9 meses e ditas declaracións son
documentos que están en poder da Secretaria do Concello e temos unha recén
estreada páxina web na que ten cabida dita información.
2.- 1.- Veciñ@s da parroquia de
San Lourenzo, manifestaron o noso Grupo a necesidade da ampliación do
percorrido da linea de autobús de transporte circular do concello, co fin de
prestar servizo as familias que
residen no lugar de Os Coruxos e favorecer a mobilidade no municipio.
-Por esto PREGAMOS, que o Goberno local se dirixa a
empresa responsable, co fin de modificar
e ampliar a linea 177 Cambre-Meixigo, ata o lugar de Os Coruxos
3.- Un dos lugares de maior tráfico rodado do
concello, localizase na glorieta do centro de Cambre, onde camións e autobuses teñen problemas para
realizar o xiro na rotonda, existindo un continuo risco de accidentes e
retencións do tráfico.
Unha
vez mais PREGAMOS nos informen das medidas previstas para resolver os problemas e correxir as
deficiencias existentes na mencionada
rotonda.
PREGUNTAS:
1.- En varias ocasións, O noso
Grupo municipal ten plantexado a carencia na sinalización nas instalacións
deportivas de titularidade pública do concello. A pesar do tempo transcurrido e das promesas dos
responsables do goberno, na actualidade
ainda non se procedeu a dar cumprimento o solicitado.
Polo exposto PREGUNTAMOS ¿cando
teñen previsto a instalar sinais
informativos indicando as instalacións deportivas que carecen das mesmas?
2.- O noso Grupo ten denunciado as deficiencias existentes nas
instalacións deportivo-culturais de
Meixigo, e as consecuencias negativas
para realizar as actividades nas
mellores condicións de seguridade co conseguinte perigro para as persoas e danos materiais, motivadas pola choiva no
interior do local social.
Desde
o Grupo de EU entendemos
que, sendo estas infraestructuras de titularidade municipal, non
abondan mais disculpas, e deben dar unha resposta a demanda dos usuarios que se
sinten abandonados polos responsables municipais, poñendo unha vez mais de
manifesto o malestar da veciñanza.
-¿Para cando pensa
o Goberno municipal subsanar as deficiencias das mencionadas instalacións, garantindo o seu
dereito o uso nas mellores condicións de
seguridade?
3.- Según informacións do Goberno, existe
unha memoria valorada sobre a seguridade viaria na estrada AC-214.
-¿Ten enviado o Goberno municipal algún
proxecto a Axencia Galega de Infraestructuras para dotar de medios de seguridade a mencionada estrada?
COMISIÓN
INFORMATIVA DE OBRAS SERVIZOS E URBANÍSMO
1.- Na rúa Cruceiro existe un solar ( antiguo cine), que
de non evitalo vai camiño de convertirse nun basureiro incontrolado de depósito
de lixo de todo tipo. Este feito no centro da Vila, desmerece o propio lugar e
urxe tomar as medidas.
-PREGAMOS
ao Goberno actúe de forma inmediata, e procedendo a dictar as medidas
correctoras a quen corresponda, para a súa limpeza e valado de dita parcela.
PREGUNTAS:
1.- ¿Poden informarnos das razóns da
demora e cumprimento do compromiso adquirido polo goberno para instalar as
medidas preventivas de seguridade na praza Manuel Lugrís?
2.- O Consorcio das Mariñas ten informado sobre a instalación de recipientes para a recollida
de aceites usados.
-¿Pode informar o Goberno, para cando ten previsto
prestar o servizo no Concello, e os lugares da súa ubicación?
3.- ¿Poden informarnos dos criterios establecidos para a
instalación do alumeado de Nadal?
COMISIÓN INFORMATIVA DE SEGURIDADE CIDADÁ, MOBILIDADE,
CULTURA E TURISMO.
ROGO:
1.- No camiño que transcurre entre As Pereiras e
Estorrentada, un autobús de transporte
escolar, ten establecido o seu percorrido por dito vial, este feito produce retencións no
tráfico e problemas na circulación, o
que ten motivado as correspondentes queixas dos veciñ@s
-Tendo
en conta as limitacións de dito camiño, PREGAMOS se proceda a tomar as medidas oportunas
en relación ao problema.
En CAMBRE, a 14 de decembro
de 2013
Asdo: Grupo Municipal de "EU" de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario