EN DEFENSA
DA SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE
CAMPAÑA DE “ESQUERDA UNIDA” DE
CAMBRE PARA DENUNCIAR A DIFICULTADE PARA PEDIR CITA NO SERVICIO DE ATENCIÓN
TELEFÓNICA DO “SERGAS”.
Mañán a partir das 12 horas, no Paseo Marítimo do Temple, EU de Cambre,
instalará unha mesa co fin de “recoller sinaturas en contra do servizo
automático de petición de citas nos Centros de Saúde do SERGAS”.
Conseguir unha cita nos Centros
de Saúde de Cambre mediante o sistema de atención teléfonica implantado
polo SERGAS, convirtese nun verdadeiro obstáculo para os usuarios, sobre todo
para as persoas maiores. As queixas baséanse fundamentalmente
no elevado custo que supón unha chamada a un servizo 902, así como polo molesto
que resulta ir seleccionando as diferentes opcións do menú ata chegar a pedir a
cita, algo que para moitas persoas supón unha obriga de desprazarse fisicamente
ata o centro, ou depender de terceiras persoas.
Para EU resulta cuestionable tanto a eficacia do sistema implantado como
a calidade do resultado do servizo aos pacientes implantado de xeito unilateral,
o que hai que engadir as negativas repercusións en materia de emprego.
A campaña, continuará o dia 2 na Praza Enrique
Piñeiro en Cambre e o dia 8 na Urbanización de A Barcala.
Asdo:
Consello Local de “EU” Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario