BARANDILLA DA PRAZA MANUEL LUGRÍS
O Grupo municipal de EU de Cambre, manifesta a sua satisfacción pola noticia do Goberno local, para reparar e correxir as deficiencias existentes na contorna da praza Manuel Lugrís no Temple.
O precario sistema de protección e seguridade de dita praza, xa ten sido denunciado polo noso Grupo Municipal en distintos plenos e comisións, incluso antes de producirse o accidente que provocou lesións a un neno.
Do mesmo xeito, lamentamos que teñan que transcurrir case dous anos para tomar as medidas correctoras, sin que no transcurso deste tempo, se teñan tomado medidas preventivas para evitar novos accidentes, sobre todos para os nen@s que diariamente frecuentan o lugar. Ante estas situacións, o Goberno debería mostrar unha actitude mais enérxica na defensa dos mais vulnerables, e non esperar dous anos para acometer as obras, poñendo como disculpa a aprobación dos orzamentos do ano 2013; este tipo de actuacións hai que afrontalas coa máxima urxencia, co fin de evitar mais accidentes e posibles desgracias que teñamos que lamentar.
Asdo: Grupo Municipal
ADXUNTAMOS AS DISTINTAS INICIATIVAS PRESENTADAS EN PLENOS E COMISIÓNS INFORMATIVAS:
XUÑO.-2012
2.- En varias ocasións o Grupo Municipal de EU denunciou o sistema de protección existente na Plaza Manuel Lugrís. Os sistemas de protección para evitar caidas neste recinto son uns soportes metálicos verticais onde estan anclados uns perigrosos cables de aceiro que poñen en risco a integridade fisica dos nenos e nenas que frecuentan e xogan en dita praza.
Non estamos ante un posible problema, estamos ante un problema real, que ten probocado cortes e feridas. A mais deste feito non podemos esquecer a inutilidade total deste sistema de protección, para evitar as posibles caidas dende alturas que superan nalgún lugar os dous metros.
Por todo esto o noso Grupo PREGA que coa máxima urxencia, se elimine dito sistema de protección, instalando outro mais axeitado de acordo coa normativa vixente para este tipo de instalacións, do mesmo xeito, se proceda a adoptar as medidas técnicamente necesarias para que temporalmente poidamos garantir a total seguridade das persoas, sobre todo dos nen@s.
NOVEMBRO.- 2012
1.- O Grupo Municipal de Esquerda Unida, e veciñ@s das inmediacións da praza Manuel Lugrís teñen denunciado as deficiencias e perigro que supón o sistema de seguridade de protección da contorna de dita praza, onde existe un desnivel de aproximadamente tres metros, que xa ten producido distintos accidentes poñendo en risco a integridade fisica dos nen@s que frecuentan o lugar.
O pasado dia 22 produciuse un accidente resultando lesionado un neno de corta idade. Este feito producese con demasiado frecuencia sen que ata o de agora se teñan tomado medidas preventivas por parte do Goberno para dar solución o problema
O noso Grupo considera que resulta intolerable que, por parte da administración local e dos seus responsables, non se teñan adoptado medidas eficaces para eliminar o grave risco que supón este punto conflictivo.
Resulta especialmente denunciable o desinterés que ven amosando o Grupo de Goberno, sendo a seguridade da praza unha competencia municipal, e non teñan levado a cabo en ningún intre nin siquera un estudo serio das causas dos accidentes que se producen e das solucións que deberían ser adoptada, nin tampouco executado medidas efectivas para solucionalo.
Por este motivo, o Grupo Municipal de EU presenta a seguinte PREGUNTA:
-Cales son as razóns da demora no cumplimento do compromiso adquirido polo Goberno para instalar as medidas preventivas na mencionada praza, e que determinación pensan tomar en relación o problema?
XANEIRO.- 2013
3.- Transcurridos dous meses do lamentable accidente dun neno na praza Manuel Lugrís, na actualidade non se teñen tomado medidas para correxir a situación de perigro pola deficiente protección da baranda situada en dita praza.
-Que determinación pensa tomar o Goberno respecto a seguridade en dita praza?
XULLO.- 2013
3.- Aprobado o orzamento municipal para o ano 2013, e ante as promesas e compromisos do responsable da área, respecto as deficiencias en materia de seguridade e protección na contorna da praza Manuel Lugrís, onde se produciron distintos accidentes de nen@s que frecuentan o lugar.
-¿Poden informarnos das razóns da demora e cumprimento do compromiso adquirido polo goberno para instalar as medidas preventivas de seguridade en dita praza, e que determinación pensan tomar en relación co problema?
DECEMBRO.-2013
1.- ¿Poden informarnos das razóns da demora e cumprimento do compromiso adquirido polo goberno para instalar as medidas preventivas de seguridade na praza Manuel Lugrís?