AXUDAS LIBROS DE TEXTO
ORDE
do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros
de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación
secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos
públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15.
OBXECTO
Axudas para adquisición de libros
de texto ao alumnado matriculado en educación primaria, eso ou educación especial en centros sostidos con fondos
públicos da Comunidade Autónoma de Galicia no curso escolar 2014/2015 para o
seu uso nese ano académico.
REQUISITOS
— Ser pai, nai ou titor/a
legal do alumnado anteriormente referido. Tamén terá dereito á axuda o alumnado
que repita 1º ou 2º de primaria.
— No estar incurso en
prohibicións para obter a condición de beneficiario/a de subvencións de Galicia.
— Para o alumnado de
educación primaria e eso, ter unha
renda per cápita familiar igual ou inferior a 9000€
— Non estar matriculado en
5º de educación primaria nalgún dos centros seleccionados para o proxecto
experimental Educación dixital durante o curso 2014/15.
SOLICITUDES
Presentaranse, en soporte papel,
preferentemente no centro onde está matriculado o/a alumno/a ou en calquera
lugar habilitado para isto, utilizando o modelo normalizado dispoñible en https://sede.xunta.es, nas xefaturas
territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou
en http://www.edu.xunta.es
De se enviar por correo, deberá ser
certificado e co selo de Correos na primeira folla do formulario.
Presentarase unha solicitude por
alumno/a.
As axudas serán solicitadas por
pais, nais ou titor/a legal e só se concederá unha por alumno/a e curso
escolar. Se o alumno ou alumna ten previsto mudar centro durante o curso
escolar, a solicitude terá que presentala no centro de orixe.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE
— Educación
primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 2 de xullo, ambos inclusive.
— Alumno/a
de eso que presente a solicitude
no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 25 de xullo, ambos inclusive.
— Alumno/a
de eso que presente a solicitude
no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro, ambos inclusive.
— Para as
novas incorporacións que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos
períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivese matriculado
nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, o
prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da
matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas
incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2015.
CONTÍA DAS AXUDAS
— Educación primaria:
·
Familias
monoparentais
Renda per cápita familiar ata 6000 €: 170 €
Renda
per cápita familiar desde 6000,01
a 9000: 90 €
·
Resto
das familias
Renda per cápita familiar ata 5400 €: 170 €
Renda
per cápita familiar desde 5400,01 € a 9000 €: 90 €
— Educación Secundaria
Obrigatoria
·
Familias
monoparentais
Renda per cápita familiar ata 6000 €: 180 €
Renda
per cápita familiar desde 6000,01 € a 9000 €: 104 €
·
Resto
das familias
Renda per cápita familiar ata 5400 €: 180€
Renda
per cápita familiar desde 5400,01 € a 9000 €: 104 €
Se nunha unidade familiar houber varios
alumnos ou alumnas que reúnan os requisitos para ser causantes destas axudas,
percibirase a contía que corresponda por cada un deles, segundo o establecido
nesta convocatoria.
O alumnado matriculado en
educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial
en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade igual ou
superior ao 65 %, que
solicitude a axuda e que cumpra os requisitos desta orde, recibirá un importe
de 250 €, con independencia da renda per cápita familiar
Os menores que se encontren en
situación de garda, tutela ou atención de día pola Xunta de Galicia recibirán a
xuda máxima correspondente ao ensino e curso en que estean matriculados e non
terán que acreditar os datos da unidade familiar nin do nivel da renda.
RENDA FAMILIAR PER CÁPITA
É a renda familiar dividida entre
os membros da unidade familiar computables.
Para os efectos do cálculo da
renda per cápita, computarán como dous os membros da unidade familiar que,
figurando na solicitude, teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 %,
que acrediten unha pensión de incapacidade permanente nos graos de total,
absoluta ou grande invalidez ou que teñan recoñecida a condición de pensionistas
de clases pasivas cunha pensión xubilación ou retiro por incapacidade
permanente para o servizo ou inutilidade.
Quedarán excluído no cálculo de
cómputo da renda per cápita os ingresos do agresor nos casos de violencia de
xénero, considerándose familia monoparental.
Para determinar a renda per cápita,
terase en conta a situación familiar en 31 de decembro de 2012 e o exercicio
fiscal 2012. Non se terán en conta os fillos nacidos, adoptados ou acollidos
despois de esta data.
VALE DE PAGAMENTO
O sistema xerará un vale que o
centro educativo entregará á persoa solicitante.
Unha vez que a persoa solicitante
estea en posesión do vale, poderá adquirir con el unicamente libros de texto no
correspondente establecemento, á súa libre escolla e polo importe máximo que
figura no documento, agás o alumnado matriculado en educación especial, así
como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, que poderá adquirir os libros,
material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada
caso.
Os vales deberán entregarse nas
librerías o antes posible e o prazo remata o 7 de abril de 2015.
COMPATIBILIDADE DAS AXUDAS
Serán compatibles con calquera
outra axuda que poida percibir coa mesma finalidade doutras entidades públicas
ou privadas, sempre que as axudas concorrentes non superen o custo dos libros
de texto subvencionados.
DOG 30 de maio de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario