AGE advirte que non vai permitir que o apoio á súa iniciativa sobre comedores quede nun “lavado de cara do PP”
Alternativa Galega de Esquerda (AGE) advertiu ao goberno galego que non vai permitir que a aprobación por unanimidade no vindeiro pleno do Parlamento da iniciativa de AGE relativa á apertura dos comedores escolares no verán, quede “nun lavado de cara do Partido Popular”. Os deputados Ramón Vázquez e Xabier Ron, destacaron en rolda de prensa que o texto aprobado non deixa lugar á interpretacións:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a levar a cabo as medidas necesarias para evitar que ningún neno ou nena careza de alimentación ou sustento necesario por estar en situación de vulnerabilidade, poñéndose en marcha convenios cos concellos interesados, podéndose usar as instalacións dos centros educativos en colaboración cos servizos públicos de benestar”
O deputado Ramón Vázquez destacou do texto aprobado a responsabilidade asumida polo goberno galego para garantir e tomar as medidas que fosen necesarias para que todos os nenos e nenas do noso país teñan garantida unha comida axeitada así como poñer en marcha os mecanismos que posibiliten a apertura dos comedores escolares nos meses de verán. No relativo aos convenios con Concellos, Ramón Vázquez sinalou que no texto inclúense aos gobernos locais e os servizos sociais municipais xa que son estes os que dispoñen dos datos sobre aos menores que se podan atopar nesta situación pero non dispón que sexan eles os que carguen co custe económico do programa senón que é o goberno galego quen o ten que facer.
O grupo parlamentar presentou unha moción que as distintas organizacións que compoñen a coalición e que contan con representación local para que as presenten nos plenos municipais dos seus concellos para conseguir impulsar o antes posible o acordo aprobado no Parlamento e que os gobernos locais soliciten canto antes o seu cumprimento por parte do goberno galego.
AGE esixe ao goberno galego que concreten e se de a coñecer o xeito urxente –tendo en conta que o curso escolar remata nunha semana- as condicións do programa e o orzamento preciso que se vai destinar á este programa para que os concellos podan iniciar canto antes os trámites para beneficiarse do mesmo. Os deputados de AGE destacaron que foron moitas as Asociacións de Nais e Pais que se puxeron xa en contacto co grupo parlamentar para manifestas a súa intención de solicitar ao concello a apertura dos seus centros escolares para ter o servizo de comedor durante os meses de verán. Desde AGE confían en que a Xunta de Galicia cumpra coa súa obriga e non poña ningún tipo de atranco para cumprir cun acordo e un programa fundamental tendo en conta que o que está en xogo é a alimentación da infancia.
O deputado Xabier Ron pola súa banda lamentou e condenou a visión sectaria amosada polo grupo parlamentar do PP ao afirmar que a apertura dos comedores no verán estigmatizaría aos nenos e nenas que o se viran na obriga de acudir a el ao non ter que comer nas súas casas. “Ser pobre ou non ter traballo non é un delito nin algo do que ter vergoña e non imos permitir que o sectarismo do Partido Popular e o capitalismo pretenda facer culpables as vítimas da súa situación” concluíu Xabier Ron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario