lunes, 30 de junio de 2014

COMUNICADO DE PRENSA
Compostela, 30 de maio de 2014

“É ESENCIAL QUE AS FORZAS SINDICAIS CONVOCANTES DAS MOBILIZACIÓNS INCIDAN NA DENUNCIA DO QUE ESTÁ A ACONTECER, CON PETICIÓNS DE CADEA A TRABALLADORES E TRABALLADORAS QUE PARTICIPARON EN PIQUETES INFORMATIVOS” YOLANDA DÍAZ, COORDINADORA NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA

ESQUERDA UNIDA SAÍRÁ HOXE Á RÚA EN DEFENSA DOS DEREITOS DE FOLGA E CONTRA A CRIMINALIZACIÓN DO SINDICALISMO DE CLASE

A EXECUTIVA NACIONAL DE EU MANIFESTA QUE O GRUPO DA ESQUERDA UNITARIA EUROPEA (GUE) VÉN DE DENUNCIAR A ESTA ESCALADA XUDICIAL CONTRA AS MOBILIZACIÓNS E O LEXÍTIMO DEREITO Á DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO EN PERIGO.

Nestes momentos no estado español máis de 120 traballadores e traballadoras están inmersos en procesos xudiciais, moitos deles con peticións de cárcere, simplemente por participar en piquetes durante folgas legalmente convocadas, con evidencias incluso de identificacións erróneas por parte da policía e sen probas sostibles da participación nos feitos que son imputados.

A executiva nacional de Esquerda Unida lembra que o grupo da Esquerda Unitaria Europea (GUE) vén de denunciar estes procesos a sindicalistas e “asisten perplexos” á escalada xudicial contra as mobilizacións e o lexítimo dereito á defensa dos postos de traballo en perigo. Dende o grupo parlamentar da Esquerda Plural no Congreso e AGE no parlamento galego vénse denunciado sistematicamente esta práctica alentada polo Ministerio de Interior de criminalizar a protesta sindical, nunha clara estratexia de debilitar ó movemento sindical en conflictos colectivos: ERES, negociación de convenios, etc.

A coordinadora nacional de Esquera Unida, Yolanda Díaz, considera que “é esencial que as forzas sindicais convocantes das mobilizacións de hoxe incidan na denuncia do que está a acontecer en numerosos xulgados con peticións de cadea a traballadores e traballadoras que participaron en piquetes informativos”.

Esquerda Unida, que recibiu estes días unha carta dos secretarios xerais de CCOO, UGT e CIG pedindo a participación de EU nas mobilizacións de hoxe, fai un chamamento á militancia e ao conxunto dos traballadores e traballadoras para saír á rúa en defensa da lexítima loita polos dereitos laborais e de folga e contra a criminalización do sindicalismo de clase e o espírito reaccionario que latexa nos procedementos penais abertos contra traballadores e tralladoras.

As deputadas e deputados de Esquerda Unida en AGE manifestan o seu apoio e participación nas mobilizacións convocadas por todo o país.

CONVOCATORIAS:

·         MANIFESTACIÓNS
— A CORUÑA: saída ás 20 h da Casa do Mar e remate na Delegación do Goberno.
— FERROL: saída ás 20 h da praza de España e remate na praza de Armas.
— LUGO: saída ás 20 h do edificio sindical e remate na Subdelegación do Goberno.
— OURENSE: saída ás 20 h da praza do Concello e remate na Subdelegación do Goberno.
— VIGO: saída ás 20 h da Vía Norte e remate no Museo de Arte Contemporánea (na rúa do Príncipe).

·         CONCENTRACIÓNS:
— SANTIAGO DE COMPOSTELA: ás 20 h na praza de Galicia.
— RIBEIRA: ás 20 h na praza do Concello.
— VIVEIRO: ás 12:30 h diante dos Xulgados.
— MONFORTE DE LEMOS: ás 20 h dos Xulgados.
— PONTEVEDRA: ás 20:30 h na praza da Peregrina.
— VILAGARCÍA DE AROUSA: ás 20:30 h diante da Casa do Mar.








Gabinete de prensa.

Executiva Nacional de Esquerda Unida.

No hay comentarios: