INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE
“ESQUERDA UNIDA” AO PLENO ORDINARIO E COMISIÓNS INFORMATIVAS DO MES DE SETEMBRO
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA
UNIDA PARA ADQUIRIR UN TERREO DESTINADO
A INFRAESTRUCTURAS DE CARÁCTER RECREATIVO NA PARROQUIA DE CELA
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS:
Un
elemental principio de equidade obriga as Administracións Públicas a que
equilibren mínimamente as dotacións de infraestructuras dos seus distintos
territorios, de tal xeito que se eviten discriminacións entre veciños
residentes en distintas zonas.
Partindo
de tal principio, compre recoñecer que a parroquia de Cela constitue, na actualidade, unha das zonas mais
desfavorecidas no reparto de infraestructuras públicas dentro do noso Concello,
o que nos obriga, como representantes veciñais, a levar a cabo unha política
solidaria que permita o equilibrio territorial o que antes aludíamos.
Esta
carencia resulta especialmente grave tanto para xóvenes como adultos, que non
teñen espacio para desenvolver actividades no seu ámbito de residencia que lles
permita disfrutar dun lugar de actividades de carácter recreativo.
En
repetidas ocasións e a iniciativa de EU, xa teñen xurdido nos debates plenarios
a necesidade de dar resposta eficaz a este
problema, alegando os responsables municipais como obstaculo, a carencia de terreos na zona para poder
atender á cobertura desta necesidade.
Pois
ben, dende EU defendemos a posta en valor e uso da parcela ubicada nas
inmediacións da Igrexa (Cela), propiedade da Fundación Tenreiro que
figura clasificada nas Normas
Subsidiarias de Planeamento como SAU-BD1,
que según informes técnicos existentes no concello, reune as
condicións para poder destinala a actividades de carácter recreativo.
Deste
xeito, a xuizo do noso Grupo Municipal, a solución pasa por iniciar
negociacións urxentes coa propiedade da parcela en cuestión, co fin de estudiar
fórmulas de posibles acordos; considerando dende o noso Grupo que a postura do Goberno quedaría reforzada si as negociacións
quedaran a cargo dunha Comisión integrada por representantes de todos os grupos
políticos.
POR
TODO O EXPOSTO, O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN
DOS SEGUINTES ACORDOS:
PRIMEIRO.- Que no ámbito da Comisión Informativa de Obras
Servizos e Urbanismo, integrada por representantes de todos os Grupos políticos
con representación na Corporación, se inicien os contactos coa Fundación Tenreiro, co
obxetivo de iniciar conversacións para a adquisición dos terreos, contemplados no apartado quinto da presente
Moción.
SEGUNDO.- Rematados os seus traballos, a Comisión elaborará e presentará un informe ó Pleno Municipa, dando conta
dos resultados e propoñendo as medidas axeitadas.
TERCEIRO.- Dar traslado da presente Moción a AA.VV, de Pravio-Cela.
ROGOS:
1.- As fontes do noso concello foron e siguen sendo puntos de gran
importancia para o desenvolvemento das actividades diarias dos cidadáns,
conservalas no mellor estado e unha tarefa necesaria que corresponde o Goberno
municipal.
-PREGAMOS se realicen os traballos
necesarios para o acondicionamento da fonte denominada A Fontaiña e o seu entorno, que figura no inventario de bens do
concello según datos adxuntos.
2.- Son varios os veciños e veciñas que en diferentes ocasións se dirixiron ó noso Grupo Municipal para consultar polos criterios de selección que se utilizan para o Obradoiro de Emprego dedicado á Atención Sociosanitaria ou os Cursos de formación municipal para desempregados. Na páxina web do Concello indícase que aquelas persoas interesadas deberanse dirixir á oficina de emprego na que se atopen inscritos e solicitar a participación nestes cursos ou obradoiros.
A cuestión é, que unha
vez que o INEM realiza dita selección as persoas que se inscribiron deixan de
estar informadas sobre os criterios utilizados para elexir ás persoas
seleccionadas, orixinando suspicacias, difíciles de despexar. Coidamos
convinte, que dentro da información que o Concello aporta na Web, sería
convinte que se engadiran os accesos ou enlaces onde consultar os criterios de
selección para que aquelas persoas non elexidas poideran comprobar o baremo utilizado.
PREGAMOS sexa engadida a información completa sobre o proceso de selección
realizado tanto nos cursos como obradoiros, nos que non sexa o Concello
directamente quen o realice. Asímesmo, pregamos teñan en conta a posibilidade
de facer constar as listas de admitidos e excluídos para dar maior
transparencia ó proceso de selección.
3.- A estrada que transcurre paralela a autovía A-6
dende a Costa da Lapa As Tablas, a
maleza cubre parte do vial e impide visualizar as sinais de precaución ubicadas
na súa marxe, co risco de perigro para a
circulación.
-PREGAMOS, se tomen as medidas correspondentes ante quen
proceda para o seu acondicionamento.
PREGUNTAS:
1.- O Grupo Municipal de EU, ten presentado
distintas iniciativas sobre o acondicionamento da finca “Molina” nas inmediacións do concello, e a posibilidade de negociar
cos propietarios o seu uso para aparcamento público.
Recentemente a parcela foi
desbrozada polos seus donos coa intención de instalar un valado delimitando a
propiedade e eliminar o aparcamento.
-Pode informarnos o Sr. Alcalde si
mantivo algún tipo de conversas ou negociación co fin de seguir utilizando o
espacio para servizo de aparcamento dos veciñ@s e do propio concello.
2.- Non descubrimos ningunha novedade, si afirmamos que dentro do noso territorio municipal existen puntos que se utilizan como vertedeiros de residuos sólidos de lixo ou de calqueira outro tipo de productos materiais, algúns deles ubicados en zonas urbáns, afeando o entorno e deteriorando o medio natural.
En este caso veciños do
Temple denunciaron o noso Grupo, o depósito de toneladas de escombros nunha
parcela situada nas inmediacións da rúas travesía da Igrexa e travesía da
Coutelana.
3.- Unha vez mais o noso Grupo PREGUNTA:
-Cando pensa o Goberno repoñer o cano
da fonte situada no lugar da
Igrexa en Cela.
COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO
1.- O peche de ladrillo en varios baixos da urbanización
de A Barcala, presentan un estado de perigro de desprendemento de materiais a rúa.
-PREGAMOS se realicen
as xestións oportunas para correxir a situación.
Setembro
de 2014
Asdo: Grupo
Municipal
No hay comentarios:
Publicar un comentario