sábado, 27 de septiembre de 2014

NOTA INFORMATIVA SOBRE O CATASTRAZO


ESQUERDA UNIDA DE CAMBRE PRESENTARA A TRAVES DUNHA MOCION UNHA SOLICITUDE PARA QUE O CONCELLO DEVOLVA AS COTAS DO IBI COBRADAS DE XEITO ILEGAL E CONFISCATORIO

O Tribunal Supremo en Sentencia nº 2159-2014 de 30 de Maio de 2014, falla que os solos reclasificados nun Plan de Urbanismos só pagarán IBI urban dende o momento que sobre eles se acorde un plan de actuación concreto; é decir, a mera recalificación xa non é causa de que os solos reclasificados pasen a pagar como urbans, senón cando de xeito efectivo teñan unha perspectiva urban cun Plan de Edificación (mediante a creación dun Plan Parcial ou instrumento equivalente).
        
A Sentencia do TS está abrindo a porta a que os propietarios reclamen agora a devolución do IBI urban cobrado dun xeito que non se corresponde co dictaminado polo TS.
        
Ata o de agora a doctrina da Dirección Xeral do Catastro consistía en que a simple inclusión dun terreo ata entonces rústico nun ámbito sectorizado (destinado a ser urbanizado) é un factor que o reclasifica como solo urban a efectos catastrais. E esto aínda que dito terreo non poida ser urbanizado polo seu dono ó non estar aprobado o instrumento urbanístico (plan parcial) imprescindible para determinar o desenrrolo urbanístico concreto nesa parcela.

Con esta sinxela fórmula, ate o de agora, víanse incrementado, de xeito artificioso e automático o valor catastral dos terreos (a través da aprobación da oportuna ponencia de valores polo Catastro Inmobiliario) e o Concello recaudaba mais pola conversión meramente nominal de solo rústico en urbán.

Existen en Cambre moitas fincas, clasificadas nas Normas Subsidiarias de Planeamento como Suelos Aptos para Urbanizar, que non teñen ningún proxecto de actuación concreto, polo que cos criterios do Tribunal Supremo deberíaselles devolver o IBI cobrado indebidamente. Según o TS para a validez da calificación catastral do solo como urban, é necesario que se aprobara con anterioridade o oportuno plan parcial que estableza as determinacións para o seu desenrrolo, ou que tal instrumento sexa irrelevante porque o propio PXOM prevea a ordenación detallada do solo.

A propia Sentencia indica que cobrar o IBI urbán cando non existen perspectivas de edificación podría considerarse unha confiscación real da propiedade.

 EU de Cambre, en base á citada sentencia e a realidade de moitos  dos terreos en Cambre presentará unha Moción na que, como mínimo:

a.- Esixirá ó Concello de Cambre, en cumplimento da Sentencia do TS, a que se inicien os expedientes necesarios para facer extensivos, e cos informes técnicos oportunos, os criterios para o pago do IBI como rústico sobre os solos clasificados non como urbans senón como urbanizables.

b.- En consecuencia da aplicación da Sentencia, EU solicita a devolución do IBI cobrado como urban sobre fincas calificadas como urbanizables, no caso que así proceda.


No hay comentarios: