viernes, 31 de octubre de 2014



INICIATIVAS PRESENTADAS POLO  GRUPO MUNICIPAL DE “ESQUERDA UNIDA” AO PLENO ORDINARIO DO MES DE OUTUBRO


MOCION SOBRE O FALLO DO TRIBUNAL SUPREMO EN CONTRA DO COBRO DO IBI URBÁN EN SOLOS QUE NON TEÑEN DESENROLO URBANÍSTICO.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O IBI (Imposto de Bens Inmobles) é o imposto xerador de recursos municipais por excelencia e, con matices, poderíase chegar a afirmar que é un imposto xusto que grava a propiedade ou a riqueza dos veciños propietarios. Pero existen algunhas lagoas na aplicación deste imposto (ou no valor catastral dos terreos para ser mais exactos) e é a circunstancia que se xenera cando un concello reclasifica terreos de rústicos a urbanizables ou urbans. Neste caso o valor catastral se multiplica, e por tanto tamén o IBI soportado polos propietarios de ditos terreos.

A recente sentencia do TS, (nº 2159-2014 de 30 de Maio de 2014) que ven a ratificar a do Tribunal Superior de Xustiza de Extremadura que o 26 de marzo de 2013 fallou a favor dos afectados e en contra da Administración que mantiña o gravamen de IBI urbán sobre terreos reclasificados. A sentencia non di que o solo deixe de ser urbanizable senón que o seu valor é rústico mentres non teña desenrrolo urbanístico.

Existen en Cambre moitas fincas, clasificadas nas Normas Subsidiarias de Planeamento como Suelos Aptos para Urbanizar, que non teñen ningún proxecto de actuación concreto, polo que cos criterios do Tribunal Supremo deberíaselles devolver o IBI cobrado indebidamente. Según o TS para a validez da calificación catastral do solo como urban, é necesario que se aprobara con anterioridade o oportuno plan parcial que estableza as determinacións para o seu desenrrolo, ou que tal instrumento sexa irrelevante porque o propio PXOM prevea a ordenación detallada do solo.

A propia Sentencia indica que cobrar o IBI urbán cando non existen perspectivas de edificación “podría considerarse unha confiscación real da propiedade”.

Asímesmo a Sentencia acepta as pretensións dos propietarios o considerar que, aínda que se trate de solo urban, o IBI correspondente a esta categoría só debe facerse efectivo cando exista un plan parcial urbanístico ou se construíra algunha dotación tal como estradas ou alumeado. En caso contrario procede pagar o IBI como o dun terreo rústico.

Esta contundente sentencia do TS supón unha merma nos ingresos dos concellos. Entendemos que non se poden cargar de xeito inxusto sobre uns propietarios que, no mellor dos casos, terán que seguir cultivando os seus terreos durante varias décadas, tendo que aboar uns impostos que non poderían recaudar cos rendementos anuais de ditas terras.

Dende Esquerda Unida coidamos de urxencia adaptar esta sentencia á realidade de Cambre,

POLO EXPOSTO, E EN CONSONANCIA COA SENTENCIA DO TRIBUNAL SUPERIOR DE JUSTICIA DE EXTREMADURA, RATIFICADA POLO TRIBUNAL SUPREMO, ELEVAMOS Ó PLENO DO CONCELLO DE CAMBRE A TOMA DOS SEGUINTES ACORDOS:


1º.- Que os servizos xurídicos do Concello de Cambre estudien y valoren a STS por si pode ser obxecto de aplicación en Cambre. Asímesmo, que se valore, si amparándose en dita sentencia se pode realizar de oficio a devolución dos importes cobrados indebidamente, no seu caso.

2º.- Que os servizos xurídicos municipais elaboren un estudo sobre o solo de Cambre que nas normas subsidiarias estean calificados como urbanizables e non se teñan producido as urbanizacións. Nestes casos, o obxectivo é proceder a revisar os valores catastrais e o IBI liquidado.



                          En Cambre, a 25 de outubro de 2014
                               

ROGOS: 

1.- A,  AA.VV de San Lourenzo ten  presentado no concello varios escritos, nos que  denunciaban o deterio da parcela municipal na que está ubicado o local social,   solicitando o seu acondicionamento e urbanización tendo en conta as deficiencias estructurais e mantemento que precisa para manter os servizos básicos , é así deste xeito satisfacer as demandas dos veciñ@s, e ofrecer un aspecto mais agradable e seguro.
Para o Grupo de EU,  non é normal que un parque  infantil se encontre  instalado estructuralmente  baixo unha liñea de media tensión, incumprindo a normativa de seguridade según o Decreto 245/2003  de 25 de abril da Xunta de Galicia, o que supón un risco para a integridade das persoas, sobre todo de nen@s. Esta norma comprende tanto o equipamento de xogo como a propia área de instalación dos equipamentos, co obxectivo de garantir un nivel adecuado de seguridade  para as instalacións  e as súas inmediacións..
Entre outras, tamén solicitaban o saneamento e recollida de augas pluviais, que en tempo de choiva inundan a parcela, impedindo o acceso a mesma e o propio loca social.
-Por todo o exposto, o Grupo Municipal de EU PREGA o Goberno,  preste a este problema a atención que se merece, establecendo como obxectivo prioritario e urxente, a elaboración e execución dun proxecto que contemple as obras necesarias, para adecuar a parcela e reubicar  as infraestructuras sinaladas, en función das necesidades plantexadas polos veciñ@s de San Lourenzo.
2.- Ante a situación de precariedade na que se encontran algunhas infraestructuras eléctricas de servizo público do concello, PREGAMOS nos informen si O Goberno ten solicitado algunha auditoría sobre o estado dos cadros das instalacións eléctricas de servizo  público do concello. 
3.- Ante as continuas queixas dos veciñ@s,  comprobamos cómo "proliferan no concello  vertedoiros ilegais e incontrolados de lixo e  escombros”. Unha situación, que xa temos posto en coñecemento  dos responsables do Goberno en reiteradas ocasións.
Trátase de lugares onde se depositan dende neumáticos usados, escombros e outro tipo de materiais de procedencia  descoñecida, algúns deles contaminantes, como o amianto. Chama a tención como se invaden   camiños e espacios públicos  impedindo en algún caso a circulación de vehiculos, coma o camiño que transcurre entre a área recreativa das Gamelas e o camiño de San Benito.

-PREGAMOS se proceda a retirada dos materiais acumulados no mencionado lugar,    e se adopten as medidas oportunas para evitar a súa  proliferación no término  municipal, tales como a vixilancia e o cumprimento das vixentes Ordenanzas municipales para tal efecto.



 PREGUNTAS:


1.- O Goberno de Cambre leva toda a lexislatura  insistindo na  teima de cumprir e facer cumprir a legalidade, sirva de  exemplo o argumento que esgrime para xustificar a revision catastral. Ó noso GM parecenos ben que o alcalde teña sempre presente nas súas accións de goberno este motivo. Pero lamentablemente, o problema  é cando falamos de cumprir normativas, como o R.P.C.

Este regulamento so seu capitulo IV donde fala do DEREITO de audiencia pública,  refirese as mesmas coma  sesions especificas abertas a todos os que o desexen para ser informados e escoitados respeto de temas de competencia municipal, ademais concreta isto no articulo 15.2  onde textualmente indica…. A alcaldia convocará polo menos unha cada ano para presentar o programa de actuación municipal e as ordenanzas municipais,cunha antelacion minima de 15 dias ó pleno no que se presenten….

¿Cantas veces o Sr Alcalde   aplicou a normativa vixente  convocando  Audiencia pública dentro da súa obriga de cumprir a legalidade que marca o R.P.C. aprobada polo pleno Municipal e apoiada polo PP de Cambre no 2011?

2.- A actividade marisqueira na ría do Burgo, foi e segue sendo un tema  de gran importancia na estructura económica e social da Comarca.  Os lodos depositados nos seus cauces, danan gravemente o ecosistema e calidade das súas augas, afectando a biodiversidade mariña.

As forzas políticas que ocupan as diferentes administracións recoñecen a gravedade do problema, pero non ofrecen solucións para correxilo, tratase en definitiva dunha cuestión que afecta a zona con un triple impacto negativo, medioambiental, económico e sanitario, sendo un dos  principias problemas a acumulación de lodos que invaden as poucas zonas productivas.

Sendo imposible negar o considerable grao de deterioro deste espacio natural e fonte de  recursos, dende o noso Grupo municipal xa temos presentado múltiples iniciativas co fin de dar solución o problema  que  presenta a degradada ría, tamén foron moitas as promesas realizadas polos responsables públicos (sobre todo en época electoral), pero o certo é que resulta incomprensible a situación actual de abandono.
Ante o borrador de orzamentos do Estado para o ano 2015, onde non figura nin unha sola partida nin programa para investimentos na ría do Burgo, o Grupo municipal de EU fai a seguinte PREGUNTA:

-Ten previsto o goberno de Cambre algún tipo de medida para que se habilite nos ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO unha partida orzamentaria para o PROXECTO DE REXENERACION DA RÍA DO BURGO?

3.- A primeiros de Outubro vimos de coñecer que o Tribunal Supremo condeou ó Concello da Coruña a aboar a Abegondo un importe de 120.000 euros polo IBI do embalse de Cecebre mais as costas do proceso xudicial.

EU, en moita ocasións prantexamos esta situación no relativo a Cambre ante este Goberno Municipal, e xa en lexislaturas anteriores. 

Tendo en conta as declaracións do Alcalde de Cambre hai 10 meses nas que informaba que confiaba en comezar a cobrar os abonos en breve.

Por esto PREGUNTAMOS:

En que momento se atopan as xestións realizadas co Concello da Coruña, si se percibiron xa aboamentos, así como qué cantidade total é a que ten que aboar o Concello da Coruña a Cambre e en qué plazo?



COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO

 ROGO:

1.- A  beirarrúa que transcurre dende Pumar Méndez a Socampo, presenta  un estado de abadono, por encontrase invadida pola maleza que impide a circulación das persoas
-PREGAMOS se actúe con urxencia e se proceda a súa limpeza e desbroce.



                          En Cambre, a 25 de outubro de 2014
                                





No hay comentarios: