viernes, 2 de enero de 2015


IU presenta una moción para prevenir la pobreza energética en Vegas ...







NOTA INFORMATIVA (POBREZA ENERXÉTICA EN CAMBRE)


Dende Esquerda Unida de Cambre, manifestamos a nosa preocupación pola problemática e o drama social na que se atopan familias do noso concello, polo que, solicitamos e esiximos as administracións con competecias na materia, tome medidas en contra dás eléctricas, que nalgúns casos tardan mais de cinco dias en repoñer o servizo que previamente foi cortado, pero xa teñen abonado a cantidade adeudada non concepto de reconexión de suministro.

Veciñ@s de Cambre, non son alleos o fenómeno dá pobreza enerxética, e observamos impotentes como familias do noso concello vense afectadas polos cortes de suministro de enerxía, un ben básico e necesario para unha vivenda digna e saudable.

Deste xeito queremos manifestar o noso rexeitamente e indignación a emprexa suministradora, (Unión Fenosa-Gas Natural), por privar  a unha familia de Cambre, a mais absoluta miseria enérxética, polo que temos solicitado os responsables municipais do Goberno de Cambre,  denunciar e tomar as medidas pertinentes ante este feito lamentable.

Tratase de impedir a desconexión para os consumidores mais vulnerables, previndo e correxindo  situacións detectadas no concello, e decir, aquelas persoas que por razóns de idade, saúde, discapacidade ou inseguridad financieira grave, non están en condicións de garantir o seu benestar persoal  e o dos membros das sua familia.




                         Asdo: Grupo Municipal de EU de Cambre

No hay comentarios: