INICIATIVAS PRESENTADAS AO PLENO ORDINARIO CORRESPONDENTE O MES DE FEBREIRO
ROGOS:
1.- Na confluencia do camiño de Acaroada e a estrada CP.- 1706, existe un
desnivel no remate da beirarrúa, que
presenta perigro, sobre todo para as persoas que circulan en cadeira de rodas.
Estas deficiencias poden carecer de interés para o Goberno, pero son importantes para persoas con movilidades reducida,
que transitan a diario por este lugar
dificultando a súa circulación.
-PREGAMOS se proceda a
instalación de elementos de protección, e de rampa para facilitar a accesibilidade .
2.- Na zona habilitada para aparcamento no campo da feira, existe un bordillo con pronunciado desnivel que en ocasións provoca desperfectos os vehiculos coas conseguintes protestas dos usuarios, motivado o escalón de aproximadamente 15 centímetros
-PREGAMOS se
adopten as medidas preventivas para correxir
os problemas mencionados.
3.- Veciñ@s da Barcala,
denunciaron ante o noso Grupo o abandono e deterioro da beirarrúa da estrada
CP-1706, nas inmediacións da Urbanización, como consecuencia da elevación do
terreo polas raices dos árbores,
provocando perigro e impedindo a circulación para as persoas
que transitan diariamente polo lugar
-Esquerda
Unida, PREGA se leven a cabo as accións necesarias para
correxir os desperfectos existentes e facilitar a mobilidade.
PREGUNTAS:
1.- No pasado mes de novembro, a totalidade desta
Corporación aprobou por unanimidade unha Moción presentada a iniciativa dos Grupos Municipales
dos Socialistas de Cambre, de UxC, de EU e do BNG pola que co voto
favorable do Grupo de Goberno se tomaron dous acordos, que imos recordar:
O
primeiro deses acordos contemplaba a emisión dos informes técnicos e económicos
necesarios para evaluar o impacto da nova valoración catastral, así como
aqueles outros informes necesarios para levar a cabo a modificación da
totalidade de ordenanzas fiscais que se verán afectadas como consecuencia do
incremento dos valores catastrais e
calquera outro tipo de bolsa, axuda ou subvención que conte dentro dos seus
criterios de concesión co valor catastral do solicitante ou da súa unidade
familiar.
O
segundo acordo contemplaba a creación dunha Comisión Especial formada por
representantes de todos os Grupos políticos presentes na Corporación,
susceptible de ampliarse a representantes do tecido asociativo do Concello e
que contará co asesoramento técnico necesario coas funcións de revisar e
modificar a actual ordenanza fiscal do IBI así como a de Plusvalías, no
relativo a tipo de gravamen, bonificacions, exencións, recargos e demáis
aspectos susceptibles de ser modificados. Esta comisión debería de ser
convocada no mes de Decembro de 2014.
Vista a ausencia
de cumplimento de calquera dos dous acordos, o Grupo Municipal de EU, pregunta:
¿Qué informes dos actualmente constan en poder do
equipo de Goberno, ou no seu defecto en qué estado de tramitación se atopan?
¿Cales son as causas de non ter convocado a Comisión Especial e qué previsión
de convocatoria teñen?
2.- Que medidas ten tomado o Goberno en relación a
exención do canon da auga, imposto pola Xunta de Galicia, as familias con rendas baixas e as persoas
que teñan un grave deficit de recurso?
3.- O cimeterio municipal de Cambre dispón dun elevador
de cadaleitos, que según as nosas informacións, e a pesar da inversión
realizada nunca se utilizou, este problema xa foi motivo de outras iniciativas e o problema sigue sin
solucionarse.
-Pensa o Goberno dar solucción o
problema, ante a necesidade e demanda dos veciñ@s?
En Cambre,
a 21 de febreiro de 2015
Asdo: Grupo Municipal de "EU"