A implantación do tren de proximidade é unha opción económica para mellorar a mobilidade
A Coruña, 4 de marzo 2015. A demanda ferroviaria nos deprazamentos de Coruña á capital, incrementouse un 65%, aumentando, en dous anos, 18 veces máis que os que van en avión.
Esquerda Unida propón a implantación do tren de proximidade. O grande incremento da utilización do ferrocarril demostra que existe unha demanda real da cidadanía do uso deste transporte colectivo. Dende EU reivindicamos a implantación dunha rede comarcal de ferrocarril de proximidade como mecanismo para mellorar, dun xeito rápido e sen gran investimento, a mobilidade metropolitana e cohesionar territorialmente a comarca. Reclamamos o aproveitamento da liña xa existente, que vertebra a nosa comarca coa de Betanzos que pasa polos concellos de Culleredo, Cambre e Bergondo, asemade apostamos por dotar aos apeadeiros de zonas de aparcadoiro e parada dos buses metropolitanos para converter o ferrocarril nunha alternativa real aos actuais fluxos de desprazamento metropolitanos, baseados no transporte en vehículo particular, que saturan as entradas na nosa cidade.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes recrimina a Negreira que traizoase a promesa electoral do metro lixeiro e aposta por reutilizar a liña de tranvía existente para promover unha liña circular que envolva o perímetro da península coruñesa. Esta infraestrutura permitiría máxima puntualidade, coa conseguinte repercusión no comercio de proximidade, grazas á efectividade, rapidez e facilidade de mobilidade, ao que EU engade o denominado “efecto chamada” para usuarios que non teñen o hábito de empregar medios de transporte colectivos. Pero o certo é que o goberno municipal, apesares de gastar medio millón de euros no PMUS, nin sequera abordou un estudo serio sobre a posta en marcha do metro lixeiro, nin se formulou a reutilización do tranvía existente.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que, “aproveitar as infraestruturas ferroviarias e do tranvía existentes, melloraría con creces a mobilidade na coruña sen ter que facer grandes obras nin investir moitos cartos, podendo así contar dunha vez por todas cun un tranvía eficaz e operativo e un ferrocarril de proximidade, o medio de transporte máis social, mais sostible e de maior futuro”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario