lunes, 6 de abril de 2015

EN RELACIÓN A MODIFICACIÓN DAS ORDENANZA FISCAL DO IBI, "ESQUERDA UNIDA" PROPÓN A INCLUSIÓN DAS SEGUINTES MEDIDAS:

1.-  Incluir na Ordenanza Fiscal Reguladora do IBI, axudas que supoñan alomenos o 50% da cota íntegra do IBI para os titulares de vivendas que se atopen en situación de desemprego durante mais dun ano e teñan como prestación unha cantidade igual ou inferior ó SMI, ou ben non teñan ningunha prestación.

2.-   Incluir na OFR do IBI axudas que supoñan como mínimo o 50% da cota íntegra do IBI para os titulares que perciban unha pensión pública que non supere 1,5 veces o IPREM (798,77 €/mes) e para aquelas familias en risco de exclusión social.

3.-  Incluir na OFR do IBI axudas que supoñan alomenos o 50% da cota íntegra do IBI para aquelas familias que se atopen en sitación de risco ou proceso de desfiuzamento da súa vivenda habitual e que acrediten non ter unha segunda vivenda en propiedade.

4.-    Ampliar as bonificacións ó IBI mediante a implantación dunha axuda económica destinada ós colectivos mais vulnerables. Os beneficiarios deste desconto serán persoas con discapacidade, menores de 30 anos, víctimas de violencia de xénero e familias con algún membro en situaci´n de dependencia.

5.-  Exención de pago do imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana -Plusvalía Municipal- ás familias que por insolvencia sobrevida, acorden unha dación en pago para evitar un desafiuzamento. E, ademais disto, incluiranse medidas na OFR do IVTNU para que as persoas vítimas dun desafiuzamento queden liberadas do pago das débedas contraídas a conta do IBI  ou do Subministro da auga.

 6.- Incluir unha reducción dun 50% tanto no IBI como nos impostos de lixo e auga para as familias que non superen o 1,5% do SMI (972,90€/mes) e ás persoas en situación de desemprego.

7.-  Fixar a posibilidade de aplazar a débeda tributaria a aquelas familias que xustifiquen a carencia de ingresos ou estes sexan inferiores ó IPREM así como a necesidade de establecer un recargo do 50% ós inmobles de uso residencial propiedade da banca que se atopen deshabitados.


                           
                     En CAMBRE, a 6 de abril de 2015


                                       
                            



No hay comentarios: