miércoles, 1 de abril de 2015

Resultado de imagen de paso de peatones seguros


SEGURIDADE NOS PASOS DE PEÓNS DE CAMBRE


O Grupo Municipal de Esquerda Unida de Cambre, solicita o equipo de goberno  que "efectúe o pintado e sinalización con carácter urxente dos pasos de peóns do municipio”, en este sentido presentamos unha iniciativa no pleno do pasado xoves, polos problemas de risco que están ocasionando estas carencias no centro da Vila, e en outros lugares do concello

A seguridade de todos os pasos de peóns é unha petición reiterada polo noso Grupo Municipal, polo que solicitamos ao equipo de goberno a adopción de medidas para solucionar esta cuestión, xa endémica no municipio,  pedimos medidas de seguridade para varios puntos do concello, como na estrada de Cambre o Temple, estrada da Estación, entrada na autoestrada no Temple, rúa Púmar Méndez, ou no centro da Vila; por poñer algúns exemplos.

O noso Grupo municipal, resalta que "vías estratéxicas dan proba do mal estado  de pasos de peóns, son recorrentes as queixas veciñais e é notorio o risco que poden chegar a entrañar para a seguridade das persoas”.

Estas carencias contribúen a ofrecer unha imaxe de deixadez e abandono por parte do Goberno de Cambre, e supón unha responsabilidade o non solucionar de forma efectiva e con rapidez o problema dado o perigo que xera, sendo responsabilidade do concello a seguridade vial no casco urbán.


                     Asdo: Grupo Municipal de “EU” de Cambre


No hay comentarios: