miércoles, 27 de mayo de 2015

NOTA INFORMATIVA DA ASEMBLEA CIDADÁ DE CAMBRE-SON
O conxunto da ASEMBLEA CIDADÁ DE CAMBRE-SON quere manifestar a toda a veciñanza do Concello o seu agradecemento pola confianza depositada no seu Grupo nas eleccións municipais do pasasdo dia 25 de maio, acadando a representación de dous concelleiros e a posibilidade de obter un terceiro na Corporación local.
A confianza manifestada no noso colectivo por un importante sector do pobo de Cambre, reforza o propósito, que xa manifestamos reiteradamente durante a campaña electoral, de traballar dende o primeiro momento pola mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas, especialmente daqueles mais desfavorecidos, prestando especial atención nos aspectos de creación de emprego e politicas sociais.
Amosamos a nosa disposición a atender os problemas que os veciñ@s, tanto individual como colectivamente, consideren prantexarnos, coa total decisión de defender con todas as nosas forzas aquelas causas xustas que se nos encomenden.
En Cambre, a 25 de maio de 2015
Asdo: Asemblea Cidadá de Cambre

jueves, 7 de mayo de 2015

ASEMBLEA CIDADÁ DE CAMBRE

Asemblea Cidadá de Cambre



ESQUERDA UNIDA DE CAMBRE  ACUDIRÁ A ESTAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS BAIXO A COALICIÓN ASEMBLEA CIDADÁ DE CAMBRE-"SON"

Participaremos nesta coalición electoral xunto con Anova, e veciñas e veciños independentes, baixo a denominación "ASEMBLEA CIDADÁ DE CAMBRE-"SON".

O conxunto da militancia de Esquerda Unida de Cambre consideramos que, a actual emerxencia social que estamos a vivir, precisa de tempos novos nos que as siglas pasen a xogar un papel secundario, poñendo por enriba de todo, a unidade de todas aquelas persoas dispostas a loitar contra as políticas de recortes. O conxunto da cidadanía debe unir as suas forzas para parar as políticas criminais do Partido Popular.

Por iso, dende esta organización, participamos dende o principio na configuración dun espazo político aberto, onde todo o mundo poidese participar en pé de igualde, para construir entre todas e todos unha alternativa de cambio ó actual goberno de Cambre.

Son varios os militantes e simpatizantes de Esquerda Unida que con moito orgullo forman parte da candidatura da Asemblea, transmitindo tanto o a vontade de mellorar as cousas ou a súa experiencia municipal como é o caso da concelleira Olga Santos.

Consideramos ademáis, que dende este espazo se impulsou o proceso máis democrático e transparente que tivo lugar en Cambre, pois por primeira vez no municipio, foi elexida unha candidatura por primarias abertas e elaborado un código ético sobre o comportamento dos cargos públicos que representen a este espazo cidadá que é a Asemblea.


Por todo o anterior, non podemos máis que transmitir a nosa ilusión e alegría combativa, de que neste concello soplen ventos de cambio para o pobo.

Asdo: Os militantes e simpatizantes de Esquerda Unida de Cambre.

sábado, 2 de mayo de 2015

Ofrenda floral de  "ESQUERDA UNIDA" de Cambre diante do monolito en memoria de  Jose Luis Muruzábal, na praza da Ría no Temple,  con motivo do 1º  de maio, dia Internacional da crase traballadora.


Gracias a tod@s pola vosa asistencia e participación no emocionante acto.

Maio de 2015