NOTA INFORMATIVA DA ASEMBLEA CIDADÁ DE CAMBRE-SON
O conxunto da ASEMBLEA CIDADÁ DE CAMBRE-SON quere manifestar a toda a veciñanza do Concello o seu agradecemento pola confianza depositada no seu Grupo nas eleccións municipais do pasasdo dia 25 de maio, acadando a representación de dous concelleiros e a posibilidade de obter un terceiro na Corporación local.
A confianza manifestada no noso colectivo por un importante sector do pobo de Cambre, reforza o propósito, que xa manifestamos reiteradamente durante a campaña electoral, de traballar dende o primeiro momento pola mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas, especialmente daqueles mais desfavorecidos, prestando especial atención nos aspectos de creación de emprego e politicas sociais.
Amosamos a nosa disposición a atender os problemas que os veciñ@s, tanto individual como colectivamente, consideren prantexarnos, coa total decisión de defender con todas as nosas forzas aquelas causas xustas que se nos encomenden.
En Cambre, a 25 de maio de 2015
Asdo: Asemblea Cidadá de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario