jueves, 11 de junio de 2015

ESQUERDA UNIDA DE CAMBRE CONTINUARÁ TRABALLANDO POLA UNIDADE E A SÚA MILITANCIA SEGUIRÁ PARTICIPANDO XUNTO CON OUTRAS VECIÑAS E VECIÑOS NA ASEMBLEA DE CAMBRE.

Dende EU Cambre queremos comunicar que concordamos totalmente cos comunicados oficiais da Asemblea en relación á figura do ex candidato Juan Campos, que intentou manter conversas extraoficiais e de costas tanto á Asemblea como a comisión negociadora elexida pola mesma , coa finalidade de asegurarse un posto no goberno.

Non podemos máis que manifestar o noso pesar pola existencia de persoas dispostas a desfacer todos os principios e o traballo dun proxecto colectivo, inclumplindo documentos aprobados por unanimidade, como por exemplo, o seu código ético. No caso de que a propia Asemblea admitise este comportamento, sería a militancia de Esquerda Unida quen sen dúbida abandonaría o proxecto.

Sin embargo, continuamos apostando pola unidade da xente honesta e traballadora que dende abaixo pretende construir un proxecto que vai moito máis alá dunhas siglas concretas. Por todo esto, a militancia de Esquerda Unida Cambre continuará participando na Asemblea xunto con veciñas e veciños colaborando pola defensa do ben común.


ASDO: O Consello Local de EU Cambre.

No hay comentarios: