miércoles, 29 de julio de 2015


ROGOS QUE LEVAMOS AO PLENO:
1.- Tendo en conta o informe sobre o convenio contraído cos propietarios da finca anexa ó CEIP Graxal II, coa orden de execución UE20, no que figura como tempo de validez de dito convenio 4 anos e tendo en conta a situación de alarmismo vivida nos pasados días na citada parcela, na que a consecuencia do intento de cercado por parte do seu propietario, sen razón nin motivo aparente, os veciños da zona, nos trasladan a súa inquedanza sobre a situación de dito terreo.
PREGAMOS se nos informe das xestións que está a levar a cabo o Goberno para garantir que non sexan os veciños da zona os perxudicados do posible peche da finca, ou mesmo a sua posible urbanización, a expensas da aprobación do PXOM.
2.- No CEIP, Gonzalo Torrente Ballester, de Sigrás, non hai baño adaptado, e tampouco conta con Plan de Autoprotección. Respecto deste mesmo colexio os pais de nenos alí escolarizados nos trasladan outras deficiencias tales como o mal estado do parque infantil, con elementos rotos, e a peligrosidade das liñas amarelas pintadas á veira do centro, que esbaran, e teñen caído varias persoas nelas.
PREGAMOS: Se teñan en conta estas deficiencias e carencias e se subsanen na parte competencia do Concello ou se trasladen á Consellería de Educación da Xunta de Galicia para a súa toma en consideración.

No hay comentarios: