miércoles, 29 de julio de 2015





MOCIÓN PARA O ACONDICIONAMENTO DE UNHA ZONA DE BAÑO E
RECREO NAS RIBEIRAS DO RIO MERO EN CELA.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Dende fai anos existe en Cambre unha situación insostible en relación os
servizos e infraestructuras nas distintas parroquias do Concello, a desigualdade
e manifesta cando falamos de Cela, como un lugar esquencido polos distintos
gobernos a través do tempo, a pesar das múltiples promesas que nunca foron
cumpridas, de tal xeito que sigue sendo a parroquia mais discriminada en
relación a investimentos para equipamentos dos veciñ@s.

Entre todas estas posibles prioridades, temos que distinguir algunhas que
por ter toda a burocracia xa arranxada merecen sair do caixón dos “posibles”
para entrar no dos “feitos”.

Iniciativas como as presentadas no ano 1998, e outras posteriores en
términos similares, non fan mais que acentuar o descontento da veciñanza, tendo
en conta que dende o ano 2007 leva a documentación agardando na Fundación
Tenreiro, uns documentos que contemplan acordos da Corporación para
adquirir unha finca nas inmediacións da igrexa, co fin de convertila nun lugar
de recreo, convivencia e dinamización cultural.

As distintas corporación que pasaron polo Concello actuaron de
parapetos, recibindo as queixas e demandas dos veciños de Cela e algún Grupo
municipal da oposición, pero a falta de vontade política, ten como consecuencia
que Cela siga sendo a parroquia esquencida do concello de Cambre.

Estes gobernos que se decían do pobo, e que actuaban en beneficio do
conxunto da cidadanía de Cambre, non só non fixeron nada por arranxar o
problema dos terreos, senón que engadiron mais obstaculos á convivencia e
progreso da parroquia, xa que o mesmo tempo que se firmaba a construcción
do paseo fluvial coa entidade responsable, acordo que polo visto está en estadode “shock”, os veciños de Cela observaban estupefactos como as tradicionais zonas de baño situadas nas inmediacións do actual paseo fluvial, desaparecían, eliminando deste xeito o derradeiro “espacio social e de recreo” que tiña a parroquia.

En vistas das negociacións feitas públicas a través da páxina Web do
Concello onde se recoñece a vontade de levar a cabo un dos principais
proxectos do actual goberno, coa creación de 3 zonas de baño nas ribeiras do
rio Mero, consideramos inexcusable que non se teña en conta a Cela, onde xa
existían zonas de baño tradicionais, e agora desaparecidas, como ocorre en
todo o tramo do rio Mero o seu paso por Cambre.

POR TODO O ANTERIOR, O GRUPO MUNICIPAL DA “ASEMBLEA CIDADÁ DE
CAMBRE”, PROPÓN AO GOBERNO A ADOPCIÓN DO SEGUINTE ACORDO:

PRIMEIRO.- Que se inclúa con carácter inmediato nas negociacións con Augas
de Galicia e demais organismos competentes, o acondicionamento de unha zona
de baño e recreo, nas ribeiras do rio Mero en Cela, con independencia dos
lugares previstos para tal fin, según o acordado en iniciativas anteriores
aprobadas en pleno.

SEGUNDO.- Que, de todos os acordos e actuacións que se produzan en
relación a presente Moción, se informe aos Grupos municipais da oposición e os
veciñ@s de Cela.


En CAMBRE, a 24 de xullo de 2015

               Asdo: Olga Santos López.Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre


No hay comentarios: