miércoles, 29 de julio de 2015





ENMENDA PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DA "AEMBLEA CIDADÁ DE CAMBRE" AO PLENO DO DIA 29 DE XULLO.

OLGA SANTOS LOPEZ, voceira do Grupo Municipal da Asemblea Cidadá de Cambre, á vista
da Proposta para Pleno do Concelleiro delegado da Area de Benestar Social e Educación, pola
que se propón a aprobación das bases da convocatoria pública de bolsas de estudo para o
curso escolar 2015 - 2016,

EXPOÑO:
Que na base QUINTA das bases propostas, inclúese unha modificación, que amplía o
prazo das solicitudes con respecto ás bases da convocatoria anterior, do 1 ao 30 de Setembro
de 2015.

Coincidimos dende a ACdC no espíritu que leva a esta modificación aínda que con todo
séguenos a parecer insuficiente, non polo número de días para realizar a xestión, senón pola
dificultade para reunir as facturas xustificativas dos gastos realizados en material escolar, libros
de texto, uniformes escolares e vestiario, xa que en moitas ocasións retrasos na recepción destes
materiais polos establecementos provocan que non se poida dispor nin do citado material
nin das facturas dentro do plazo indicado.

Asímesmo coidamos pertinente a inclusión da páxina Web do concello como medio de
difusión desta convocatoria.

SOLICITO:
Que en base ó Artigo 115.1.e do ROM, de por cumplimentada e tome en consideración
a seguinte

ENMENDA DE MODIFICACIÓN ó segundo parágrafo da base QUINTA, quedando
redactada como sigue:

QUINTA: Solicitudes:
"O prazo de presentación das solicitudes será do 1 de Setembro ao 31 de
Outubro de 2015 do que se informará a través do taboleiro de anuncios do
Concello, e a través de publicidade na páxina Web e mediante trípticos in
formativos sobre a convocatoria."

No hay comentarios: