ESQUERDA UNIDA CONSIDERA O ATAQUE Á EDUCACIÓN PÚBLICA
POR PARTE DA XUNTA O RASGO MÁIS DEFINITORIO DO INICIO DO NOVO CURSO ESCOLAR
POR PARTE DA XUNTA O RASGO MÁIS DEFINITORIO DO INICIO DO NOVO CURSO ESCOLAR
Santiago de Compostela 8 de setembro de 2015
A Área de Educación de Esquerda Unida valorou hoxe o inicio do novo curso escolar 2015 – 2016 caracterizándoo como continuista en relación á política de recortes ao ensino público e o fomento da educación privada concertada e á incertidume producida pola implantación da LOMCE.
Empecinamento e improvisación na implantación dunha lei que todos rexeitan
Pese ao rexeitamento da LOMCE por parte de 12 dos gobernos autonómicos tras o mapa político xurdido do 24-M e aS masivas mobilizacións da totalidade da comunidade educativa antes da súa aprobación e contra a implantación da mesma (a máis recente o boicot á reválida de terceiro de primaria) Ministerio e Consellería de Educación, continúan neste curso 2015-16 coa implantación inflexible da mesma.
Máis aló do carácter retrógrado e antisocial da LOMCE, a improvisación e a xusteza nos tempos caracterizan o desenvolvemento da lei no caso da Xunta (o decreto dos currículos de ESO e Bacherelato publícouse o 29 de xuño, e as intrucións para implantación do mesmo o 29 de xullo) obrigando aos equipos docentes á organización contarreloxo do novo curso escolar 2015-16.
Incremento da privada e desmantelamento da pública
Curiosamente a Xunta segue a recortar na educación pública mentras incrementa o orzamento para a ensinanza privada-concertada, modalidade de xestión que multiplica os gastos de escolarización para unhas familias golpeadas pola crise económica.
No DOG 17 do agosto a Consellería incerementaba un ano máis o número de unidades concertadas con centros privados, cun incremento neto de 5 unidades en educación primaria e 19 unidades concertadas máis na FP (en boa medida como consecuencia da ampliación dos concertos ao segundo curso da FP Básica) unha delas nun dos centros que discrimina o alumnado por xénero.
En contraposición, nos catálogos de educación infantil e primaria (Dog 27 de xullo) a Xunta suprime para este curso no rural trece escolas públicas (82 aulas e 122 prazas de profesorado), cunha tendencia clara a continuar cos recortes no número de docentes nomeadamente no profesorado de Pedagoxía Terapéutica (PT) e Audición e Linguaxe (AL) poñendo en perigo a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Electoralismo, e xestión ineficaz e antisocial nas axudas aos libros de texto.
A Consellería segue sen restablecer a gratuidade uniersal dos libros de texto existente ao acceso do PP ao goberno da goberno da Xunta.
Para este curso 2015 -16 a Consellería optou por por un sistema mixto de empréstimo -cheque, rexeitado de forma unánime polas federacións de ANPAS, e que establece como criterio para o dereito á gratuidade pertencer a familias con ingresos per cápita inferiores a 9.000 €. Deste xeito a Consellería de Educación ven a recoñecer a ineficiencia do seu modelo anterior de “cheque”, abogando por unha versión moi limitada dos bancos de libros universais anteriores á súa xestión.
A Consellería estableces iso sí, tras o batacazo das eleccións municipais, unha medida con claros tintes electoralistascon: axudas de 50 € á adquisición de material escolar. Outra vez aplicado con criterios moi restrictivos: para aquel alumnado pertencente a familias cuns ingresos per cápita iguai ou inferiores a 5.400 € e claramente insuficiente ao situarse o gasto medio por alumno, só en material escolar a principio de curso en torno aos 100€.
No hay comentarios:
Publicar un comentario