GRUPO MUNICIPAL DE CAMBRE |
INICIATIVAS
PRESENTADAS AO PLENO DE OUTONO DENDE A “ACDC
MOCION:
RETRANSMISION DOS PLENOS MOCION DO GRUPO MUNICIPAL DA ACdC
SOBRE A RETRANSMISIÓN DOS PLENOS
A importancia das novas tecnoloxías da información e da
comunicación nas
administracións públicas faise patente cunha cada vez maior
presenza de ferramentas informáticas que permiten ao cidadán o acceso á
información e aos trámites administrativos.
A crecente democratización da información a través do
abaratamento dos medios e das melloras técnicas, permite hoxe en día que a
tecnoloxía estea presente en case todos os ámbitos da vida.
Os plenos municipais, como lugar de toma de decisións e
debate de asuntos que afectan directamente aos vecinos do municipio teñen que
ter o carácter público necesario, para que todos os veciños poidan ter a mesma
oportunidade de coñecer directamente o seu contido.
A adaptación dos concellos (como medio máis cercano e directo
no trato co
cidadán) a estes cambios dixitais é o que establece a Lei
11/2007 de administración electrónica e os seus desenvolvementos posteriores,
que obriga aos consistorios a establecer as fases de implantación destes
dereitos esixibles polos cidadáns en todo o que afecta ao seu acceso
electrónico aos servizos públicos. Falamos, por tanto, de cuestións que teñen
que ver coa transparencia e cun modelo de goberno aberto.
Así mesmo, o acusado distanciamento da política en relación
coa sociedade debe acurtarse a través dos mecanismos que faciliten a
transparencia das decisións tomadas polos representantes públicos.
O desenvolvemento e abaratamento das tecnoloxías da
información pon ao
alcance da man de calquera concello a posibilidade de ofrecer
aos cidadáns e a baixo custo unha comunicación directa sobre aquelas cuestións
que lles afectan e que se debaten e dirimen nos plenos municipais, cuxas
sesións son públicas pero non sempre contan coa afluencia que desexaríamos,
porque tamén temos que ter en conta que cuestións como os problemas de
mobilidade, a idade, ou responsabilidades de todo tipo impiden a moitas
persoas, desprazarse ata o concello e saír da casa para asisir aos plenos, o
que non significa que non estean interesados neles. É a nosa obriga
facilitarlle a todos os vecinos a opción de seguir o debate no que se toman
acordos que les repercuten directamente.
A proposta que presentamos nesta moción pode ser levada a
cabo cun mínimo de investimento económico, que redundará na participación
veciñal, na imaxe que transmita esta corporación e no crecemento dentro dunha
sociedade dixital.
Polo exposto, o grupo municipal da Asemblea Cidadá de Cambre
propón ao pleno a adopción dos seguintes acordos:
Primeiro: Dotar de medios técnicos para a gravación de imaxe
e son, dos plenos municipais e a súa emisión en directo a través de “streaming”
ou calquera outro dispositivo de similares características. No caso de que o
custe da transmisión en directo non sexa asumible a emisión farase en diferido
na páxina web do Concello.
Segundo: Habilitar espazo visible e facilmente accesible na web municipal na que hospedar as diferentes gravacións, con indicacións da data de celebración e sesión que se pode visualizar, para a consulta en diferido de sesións xa celebradas.
Terceiro: Utilizar os medios de información do Concello, tales como a propia páxina web ou os paneis informativos, entre outros, para anunciar as retransmisións e informar aos veciños desta opción de participación na vida política do concello.”
ROGOS:
1º.- Moitos dos nosos veciños almacenan nas súas casas
uralitas vellas que non teñen posibilidade nin de tirar, nin de reciclar nin de
levar a punto limpo algún e solicitar a retirada a algunha das empresas
autorizadas pola Xunta de Galicia é tan gravoso que se fai imposible para un
particular desfacerse dun material potencialmente moi peligroso e nocivo para a
saúde.
Sin afán de ser alarmistas pero sí co ánimo de informar,
debemos recordar que o amianto é de tal natureza que unha vez inhalado ou
inxerido permanece eternamente no corpo e as súas fibras non se eliminan.
A exposición ó amianto pode derivar en enfermidades de
carácter moi grave tales como o cancro de pulmón, larinxe, ovarios, placas
pleurais, mesotelioma etc. Ademais o amianto se caracteriza por ter un periodo
de latencia entre a súa asimilación no corpo e a manifestación destas
enfermidades, podendo pasar ata 20 anos ata que se manifestan.
Aínda que o seu uso está prohibido dende 2002, podemos ver en
moitísimas casas do noso concello, planchas almacenadas nos galpóns, techados
ou conduccións de auga nos tellados.
Tamén debemos ter en conta que canto mais deteriorado está o
amianto mais perigoso é porque ten mais posibilidades de que se desprendan as
fibras que o forman e a posibilidade de inhalalas.
En base ó anteriormente exposto dende a ACdC:
PREGAMOS:
Que o goberno inicie unha campaña para desamiantar as chapas
de uralita que os veciños teñen almacenadas nas súas casas. Entendemos que dita
campaña deberá comezar pola inventarización das chapas existentes e a
información ós veciños en colaboración coas AAVV sobre a conveniencia incluso
de desfacerse das que aínda teñan colocadas. Unha vez coñecida a dimensión de
amianto coa que nos atopamos, establecer contacto cunha empresa especializada
para proceder á retirada do amianto do noso Concello.
2º.- Con ocasión do inicio desta lexislatura dende a ACdC solicitamos ó goberno o Rexistro Municipal de Asociacións Veciñais actualizado do noso Concello cos datos de contacto para poder establecer comunicación coas diferentes asociacións.
O documento que se nos fixo chegar ademais de non estar
actualizado é incompleto, faltando no mesmo datos básicos de contacto coas
diferentes asociacións.
Cabe recordar que calquera asociación que queira acceder a
recursos municipais ten que estar inscrita neste rexistro motivo polo que é
esixible que os datos de contacto telefónicos, de correo postal ou web e correo
electrónico, así como o domicilio e membros da directiva deben estar
actualizados no devandito rexistro.
PREGAMOS
Se actualice o rexistro de Asociacións e se nos faga entrega
do material solicitado actualizado e cos datos correctos para poder levar a
cabo a nosa labor como representantes electos da Corporación. Esta información
actualizada tamén o terá que ser na páxina web do concello para que os veciños
poidan acceder ós datos daquelas asociacións que sexan do seu interés.
3º.- A oficialización da toponimia dos
lugares e rúas do concello ten sido motivo de controversia e discrepancias
entre os veciños/as e na propia Corporación. A toponimia trata de oficializar
os nomes con que a xente se sinta cómoda e se recoñeza neles.
Resulta preciso subliñar a importancia que ten a sinalización
das denominacións, como garante dunha parte fundamental da nosa historia e do
seu coñecemento no futuro, tendo en conta o seguinte:
1. A toponimia tradicional, que é un patrimonio cultural
local
2. O sentir común dos residentes tradicionais
3. A funcionalidade e claridade das denominacións
No ano 2004 ó 2005 fíxose un estudo de toponimia neste
concello, onde figura o nome da rua “O Sixto”, pois ben, na placa que
identifica esta rúa está inscrito o nome de “O Xisto”, unha denominación que
non se corresponde coa realidade, ocasionando confusións e degradando a
historia do noso pobo.
Ante a ausencia de unha Ordenanza reguladora para ésta
cuestión,
PREGAMOS se proceda ao cambio da mencionada
placa polo nome que corresponde (rúa O Sixto), previa comunicación os veciñ@s
de dita sustitución.
PREGUNTAS:
1.- No pleno municipal de setembro de
2014, aprobouse unha Moción por todos os Grupos representados no pleno do
concello, en relación a adquisición duns terreos na parroquia de Cela destinado
a infraestructuras de carácter recreativo.
¿Qué medidas pensa adoptar o Goberno en relación a este
problema?
2.- Ante a chegada do outono e as consiguientes choivas lluvias, a "A c d C" pregunta ó Goberno Municipal si ten pensado poñer en marcha algún plan de limpeza das alcantarillas e sumidoiros a través da activación dos medios necesarios e suficientes para evitar inundacións e procedendo á limpeza da suciedade acumulada na rede de alcantarillado, e de ser afirmativa a resposta se nos informe sobre dita previsión.
3.- Este grupo leva presentadas na presente lexislatura varias iniciativas para solucionar os problemas que xeneran as malezas que invaden algúns dos camiños de titularidade municipal, e mesmo doutras administracions. Ante as múltiples queixas da veciñanza e vista a ineficacia para resolver o problema, o noso grupo PREGUNTA: ¿Cal é motivo ou motivos da demora na limpeza e desbroce dos camiños?
INICIATIVAS AS COMISIÓNS
INFORMATIVAS DO MERCORES 21 DE OUTUBRO
ROGOS
1.- Na rúa Lagoa de Cambre (ó carón da
rotonda do Día) estamos a observar
últimamente que moitos vehículos suben en dirección
contraria, non sabemos si é porque non teña visibilidade o sinal ou porque
pareza a forma mais natural de saír da rotonda para ir cara a rúa de arriba.
2.- Veciños da rúa González Garcés,
trasladaron o noso Grupo que na beirarrúa frente o parque infantil de O
Carballo hay unhas tapas de rexistros que non están ben axustadas producindo
ruidos molestos cando se pisa enriba das mesmas .
Asdo: Olga Santos López. Voceira do Grupo
No hay comentarios:
Publicar un comentario