Circular Informativa
Manifestación 27 de febreiro Compostela
LEI DE ACUICULTURA
Estimadas compañeiras,
Estimadas compañeiros,
O vindeiro
sábado 27 de Febreiro terá lugar en Compostela, o que esperamos sexa unha
multitudinaria manifestación contra a lei de Acuicultura que proxecta a Xunta
de Galicia, nomeadamente para fomentar o consenso do sector do mar, a
manifestación terá outra nomenclatura, pero o obxectivo definitivo non é outro
que tumbar a lei de Acuicultura de Galicia.
Cabe destacar que a norma supón un punto e final ao
noso modelo tradicional de explotación do mar, ao abrir a porta de forma
indiscriminada ás multinacionais piscícolas no conxunto do litoral, establecendo un novo modelo de
acceso aos permisos de explotación que deixará fóra aos productores
tradicionais, pescadores e mariscadoras.
Non podemos esquecer o enorme impacto medioambiental
que suporía a aprobación da norma, pois elimina os requisitos previos de
carácter medioambiental, reducindo as condición a informes sectoriais que
aprobará a propia Xunta, determinando que calquera lugar de Galicia, incluído
as zonas protexidas, é susceptible de recibir unha explotación acuícola,
ademais a norma recolle expresamente o interese na acuicultura intensiva
multitrófica e a destinada a consumo no humano.
É por iso que pregamos do conxunto
das comarcas e localidades de Esquerda Unida dúas cuenstións:
enmarcamos dentro do proceso capitalista de
acaparamento dos océanos polas multinacionais e que vai contra a soberanía
alimentaria, promevendo modelos de acumulación de recursos alimentarios en
poucas mans.
1
É por iso que pregamos do conxunto
das comarcas e localidades de Esquerda Unida dúas cuenstións:
Primeiro.-
Informar ao conxunto da militancia da necesidade de participar na mobilización
prevista para o sábado 27 de febreiro, para o que podedes solicitar a presenza
dos nosos deputados.
Segundo.- Tratar
de emitir comunicados de prensa nesta semana de adhesión á mobilización e
respaldo ás demandas do sector, nomeadamente á retirada do anteproxecto de lei
de Acuicultura de
Galicia.
A manifestación celebrarase o 27 de febreiro ás 11:30 con saída da Alameda, a pesar de que estaba
tratándose de concretar outra data para fomentar a difusión nas zonas de
Galicia que aínda non están mobilizadas.
En todo caso, o propio sector pide que se sume o
maior número de persoas sen tratar de acaparar espazos partidistas, xa que esta
é a unica vía de ataque que está a atopar a administración contra a maioría do
sector contraria á norma.
Unha aperta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario