lunes, 8 de febrero de 2016

Esquerda Unida chama a mobilizarse na defensa do dereito de folga.

A organización comarcal da Coruña de EU apoia a mobilización en defensa do dereito de folga e en solidaridade cos folguistas procesados convocada por CCOO e UGT diante da Delegación do Goberno na Coruña
08-02-2016 A Coruña

Dende o Consello Político Comarcal da Coruña de Esquerda Unida queremos achegar o noso apoio ás organizacións comarcais de CCOO e UGT polos actos reivindicativos en defensa do dereito de folga que van celebrase hoxe 8 de febreiro.

Nos sumamos ao chamamento á participción da cidadanía da comarca na concentración convocada para hoxe luns 8 de febreiro ás 12:00 horas diante da Delegación do Goberno, ao tempo que no Congreso dos Deputados a deputada de En Marea e coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, rexistrará unha batería de iniciativas para descriminalizar o dereito a folga no Código Penal, con outras deputadas do grupo parlamentar Podemos-En Comú Podemo-En Marea.
Coincidimos na denuncia da criminalización da actuación de trescentos sindicalistas en defensa dos dereitos dos traballadores e das traballadoras durante as pasadas folgas xerais, como ocurre nos casos dos compañeiros Carlos e Seráfin en Vigo, os cinco traballadores de Arcelor, en Asturias, ou os oito traballadores de Airbus, en Madrid, para os que a Fiscalía pide en total 66 anos de cárcere.
Por estes motivos, os nosos representantes no Congreso dos Deputados, tanto de En Marea como de Unidade Popular-IU, xa están a traballar na derogación das restricións ao exercicio de dereitos democráticos e liberdades civís previstas no artigo 315.3 do código penal, que criminaliza á participación de folguistas, e da lei de seguridade cidadá que introduce máis recortes nos dereitos fundamentais. Concretamente, Yolanda Díaz xa ten previsto formalizar a presentación de iniciativas parlamentarias contra estas restriccións legais, co obxectivo de que perdan a súa vixencia criminalizadora da clase obreira mobilizada.

Dende a organización comarcal de EU nos comprometemos a colaborar en todas as iniciativas que se promovan neste senso, ata conseguir o arquivo das causas penais contra os compañeiros folguistas procesados e os cambios lexislativos que nos criminalizan por exercer dereitos constitucionais.

No hay comentarios: